29.1.10

ROTONDA, ARBORES, PARQUE URBANO, LOCAL..

Ferrol Xoves 28 de Xaneiro de 2010

O Rosario-Inferniño propón unha rotonda no

cruzamento das Pías, A Paz e estrada de Castela

REDACCIÓN > FERROL
A Asoc. Veciñal O Rosario-Inferniño reclama máis comunicación do Concello cos veciños co fin de que estes poidan achegar solucións no que consideran que sería unha verdadeira participación cidadá.
Precisamente nesta liña de propor ideas, a entidade expón que se estude a viabilidade de construír unha rotonda na intersección da avenida da Paz, avenida das Pías, e estrada de Castela.
A idea da asociación veciñal é que se realicen os correspondentes informes técnicos de seguridade viaria co fin de que esta rotonda poida regular o tráfico rodado na estrada de Castela en dirección a Ferrol, Narón e entrada no barrio do Inferniño e avenida das Pías.
O Rosario-Inferniño manifestou, así mesmo, a súa satisfacción pola decisión do goberno local de incluír a actuación no Parque Urbano do Palco dás Ánimas nas propostas para o plan E de 2010. Deste xeito, a A.Veciñal anima ao desenvolvemento deste parque e á creación dun humidal urbano, xa avaliado polo Ibader, institución pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.
Entre as reclamacións pendentes, O Rosario fala da necesidade de substituír o peche de pedra afiada dos xardíns da travesía Inferniño por granito puído ou romo, de cambiar as árbores desta zona por outros perennes e de baixo porte ou de instalar bandas limitadoras de velocidade ao redor da praza.
Denuncian tamén a continua presenza dun camión atracción dentro da praza e a necesidade dun local social.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: