24.10.12

SAMAÍN - MAGOSTO


              Samaín -Magosto.-
 
  A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño , convida aos nenos, nenas e familias a participar na celebración do  SAMAÍN deste ano na Praza do INFERNIÑO este vindeiro SÁBADO, 27 de Outubro a partir das 17,30 horas.
 
Podedes traer as vosas CABAZAS "Tuneadas" e adornadas, así como os COLARES DE ZONCHOS dos máis peques e castañas asadas que aportarán as familias .
 
Disporemos de música na mesma Praza do Inferniño por parte da Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA que animará esta festa do Samaín pola tarde na Praza do Inferniño.
 
Saúdos
 
- A directiva.-

23.10.12

Actividades - horarios.




ACTIVIDADES - HORARIOS.


      Informamos que esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, está conforamando os grupos e horarios para as actividades  de  GAITA, GUIRARRA, INGLÉS E DEBUXO.
 
 
      O curso de gaita impárteo Víctor Agulló de martes a xoves, de 18.30 a 20.00 horas.
      As clases de Debuxo teñen como profesora a Sofía Piñeiro, licenciada en Belas Artes. Tamén se imparten leccións para adultos, coa mesma docente.

      A guitarra diríxese a principiantes e inclúe nocións básicas e aprendizade de cancións lendo tablaturas e de oído.

     O inglés segue o método Callam, que estimula a conversación e a comprensión auditiva.
 
 
A directiva.-
 
 

O Concello faise cobra as débedas de GEPERSA.



O Concello cobra as débedas da empresa

Gepersa coa incautación do aval.

 Martes, 23 de Outubro de 2012.

    redacción  ferrol  .
A empresa que no seu día resultou adxudicataria do contrato de concesión de aparcadoiros subterráneos e centro comercial de Porta Nova, Gepersa, liquidou as súas débedas co Concello, que ascendían a un total de 114.455,40 euros.
 
O abono desta contía  tivo que realizarse a través da incautación total da garantía depositada pola entidade Xestión Perlío SA "Gepersa" por un importe de 126.212,54 euros. A contía restante tras o ingreso no Instituto Municipal de Facenda do Concello de Ferrol da contía debida en conceptos de IBI, auga, recollida de lixo e IVE ascende a 11.757, 14 euros e ponse a disposición do xulgado de primeira instancia nº 4 de Ferrol.

Como se lembrará, a empresa Gepersa resultou no ano 1995 adxudicataria da explotación do parking e centro comercial do Inferniño, pero posteriormente o Concello tivo que volver sacalo a concurso por problemas económicos da firma e fíxose cargo do aparcadoiro Portanova Park e dos establecementos comerciais, Fesuco.
A situación, con todo, non é agora mellor que ao principio e o Concello trata de rescatar a xestión do centro comercial.
Pola súa banda, á empresa que se ocupa do aparcadoiro tamén se lle abriron xa varios expedientes.
 
Diario de Ferrol.-
 
 

10.10.12

Informacións rescate Portanova.-

      
Avanza o rescate de Porta Nova ao non acudirse o avalista da empresa .

 Mércores, 10 de Outubro de 2012.
Diario de Ferrol-2012-10-10-014-469c2f9e


 
O concelleiro de Economía, Alejandro Langtry, informou onte na comisión da súa área da non comparecencia do avalista da empresa concesionaria do centro comercial Portanova, a firma Fesuco, no período de audiencia aberto polo Concello. Ante esta situación o procedemento de extinción de contrato continúa a súa tramitación.

Esta cuestión deberá volver a pleno para que a corporación municipal ratifique a súa vontade de recuperación da xestión da área comercial e posteriormente o Consello Consultivo de Galicia deberá ditaminar sobre a petición do Concello.

 O responsable das políticas económicas do Concello lembrou onte que o proceso de extinción de contrato iniciouse, por unha banda, polas queixas veciñais sobre o estado das instalacións e, por outra, pola débeda que a concesionaria ten acumulada co Concello e que ascende a medio millón de euros.

A recuperación que se pretende levar a cabo será sen custo para o Concello, co obxectivo de poder pór en funcionamento de modo racional as instalacións.

O último paso dado no sentido de rescatar este centro comercial remóntase ao pleno do 17 de xullo, de carácter extraordinario e urxente, no que se aprobou de maneira unánime solicitar ao Consello Consultivo de Galicia que se pronunciase sobre o expediente iniciado pola administración ferrolá para a extinción do contrato de concesión para a explotación do centro Porta Nova.

O responsable de Economía lembrou que previamente a iniciar este proceso de recuperación da concesión mantivéronse varios encontros coa firma adxudicataria, que inicialmente mostrara a súa disposición a renunciar ao contrato administrativo de mutuo acordo, pero posteriormente cambiou de opinión, polo que se procede ao rescate do modo que se está facendo.
 
Diario de Ferrol.-

 
 
 

Estrada Castela - Control semafórico.-



O PSOE reclama a aplicación do sistema de control semafórico.

 Mércores, 10 de Outubro de 2012.

    redacción ferrol  .
Os semáforos das estradas de Castela e Catabois non están en funcionamento polo -nulo seguimento dos temas e a falta de compromiso do goberno local-. Así o considera o grupo socalista que onte saíu ao paso das declaracións do executivo de Rei Varela, que acusou ao PSOE de non incluír o servizo semafórico no proxecto das obras para estes dous viarios da cidade.
 
Os edís Jaime Pena e Gerardo López lembraron que o pasado ano asinouse un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico para a instalación dun sistema  intelixente de control semafórico, ao ser Ferrol a única cidade galega que carecía del.
Para facer fronte ao convenio, o anterior executivo incluíu na remodelación de Castela e Catabois a obra civil para a colocación do tendido de fibra óptica que trasladaría a información dos semáforos ás pantallas do cuartelillo de San Xoán, no que tamén se habilitou a sala de control necesaria, con cargo aos fondos do Plan E.

Os socialistas sinalaron que non se sabe nada dese convenio nin sequera onde se atopa e lonxe de facelo cumprir e de contactar coa DXT antes de concluír as obras, nin sequera puxéronse en funcionamento os semáforos ao modo tradicional. Non se fixo, indicou Pena, "nin o urxente o aceso de semáforos" nin o importante "o control semafórico independente".
 
Por esta razón, Gerardo López urxiu ao goberno local a pór en marcha este convenio, que suporía "a entrada de Ferrol no século XXI". O concelleiro lembrou que coa instalación do sistema nas estradas de Castela e Catabois estaría conectado o 70% dos semáforos, restando só os proxectos da avenida do Rei e o cruzamento de San Xoán. O resto dos sinais luminosos que forman o anel da cidade incorporaríanse ao sistema a través da rede wi-fi.
O grupo socialista cuestionou xa no último pleno municipal o significado do termo "inmediato" co que o edil Pablo Cal referiuse á posta en marcha dos semáforos da estrada de Castela, o mes pasado.
 
Diario de Ferrol.-

 

Festas Inferniño

 

 
 FESTAS INFERNIÑO

 
 

A xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, preguntamos ao Goberno municipal que iniciativas e dispositivos vai empregar para ordenar as FESTAS PATRONAIS DO INFERNIÑO.

 

Recomendamos que toda os arredores da Praza do Inferniño se declare ZONA PEONIL dende ás 16 h do venres ata a mañá do luns, semellante ao día de Feirón,  co fin de evitar os vehículos por medio das atraccións infantís, coa excepción de permitir as entradas e saídas do aparcamento municipal polos accesos de Rúa Fontemoura e Alcalde Usero.

 

Esperamos as requiridas inspeccións sobre as Atraccións infantís con as conseguintes revisións de Licenzas  e garantías para desfrute e uso en óptimas condicións, evitando así escenas perigosas do pasado ano con algún accidente innecesario.

 

Por isto, requirimos a presenza e control da Policía Municipal,  controis técnicos, subministro eléctrico, auga, control de SON e horarios, así como colaborar coa Comisión de Festas no estrito cumprimento das normativas para estes eventos.

 

Ferrol, a 2 de Outubro de 2012.
   
- A directiva.-
 

-            SR. ALCALDE –PRESIDENTE -CONCELLO DE FERROL .-
 
 

1.10.12

Cursos - Gaita, Guitarra, Debuxo, Inglés.-



A Asoc.Veciñal  O Rosario - Inferniño

abre a inscrición nos seus cursos.

 Luns, 01 de Outubro de 2012.
 redacción  ferrol   .
A Asociación de Veciñal O Rosario, do barrio do Inferniño, informa de que ten aberto o prazo de inscrición nos talleres que desenvolverán durante este curso. Son clases de gaita, guitarra, debuxo e inglés.
Impartiranse en grupos reducidos no local da asociación, excepto o de gaita, que será no centro cultural Carvalho Calero.

 As persoas interesadas en participar poden porse en contacto coa asociación no correo  avvorosario@gmail.com ou no móbil 649 024 612.

O curso de gaita impárteo Víctor Agulló de martes a xoves, de 18.30 a 20.00 horas.
As clases de debuxo infantil teñen como profesora a Sofía Piñeiro, licenciada en Belas Artes. Tamén se imparten leccións para adultos, coa mesma docente.
A guitarra diríxese a principiantes e inclúe nocións básicas e aprendizade de cancións lendo tablaturas e de oído.
O inglés segue o método Callanm, que estimula a conversación e a comprensión auditiva.
Diario de Ferrol.-