29.12.12

STOP DESAFUIZAMENTOS

 

Unhas 200 persoas manifestáronse

polas rúas de Ferrol contra os

desafiuzamentos.

|
Actualizado 29 Diciembre 2012.-

un momento de la protesta realizada ayer por la tarde daniel alexandre
un momento da protesta realizada pola tarde-
 Daniel Alexandre                                         


A Plataforma Stop Desafiuzamentos Ferrolterra congregou onte a máis de dous centenares de persoas nunha manifestación que partiu de diante do edificio da Xunta e discorreu pola rúa Real até a praza de Armas. A protesta contra os desafiuzamentos coincidiu con outras que se celebraron en diversas cidades gellegas.
 
Os manifestantes, entre os que figuraban concelleiros dos grupos municipais do PSOE, Esquerda Unida e BNG, marcharon tras unha pancarta na que podía lerse: "Nin casas sen xente, nin xente sen casas", e coreaban consignas tales como: "Stop desafiuzamentos", "Non, non, non á lei hipotecaria" e "Non son suicidios, son magnicidios". Tamén portaban fotografías dos membros do goberno local do PP acompañadas da frase "Stop desafiuzamentos".
 
Ao termo da marcha, diante do pazo municipal, deuse lectura a un comunicado esixindo que as administracións se fagan cargo da defensa e asesoramento legal "das familias que son vítimas dunha auténtica persecución bancaria", creando puntos de atención comarcal ou municipal financiados polos orzamentos públicos en colaboración cos colexios de avogados.
 
Ao mesmo tempo, piden responsabilidades políticas e penais no conxunto da banca, a paralización de todos os procesos de desafiuzamento, a dación en pago con efecto retroactivo acompañada da opción de aluguer social e un parque público de aluguer social das vivendas "usurpadas" pola banca.
 
A portavoz da plataforma convocante concluíu dicindo que o dereito á vivenda debe estar á marxe do mercado, "porque non volveremos pagar os desmáns dous poderosos".
 
Diario de Ferrol.-
 
 

Cartaz e Volantina - Este venres 28 de Decembro, Manifestación unitaria contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro

 
 
 
 
 
Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, APOIA esta mobilización na defensa da cidadanía de afectados polos desafiuzamentos a consecuencia das políticas levadas a cabo pola especulación mobiliaria e bancaria.
 
Non aprobamos baixo ningún concepto os desafiuzamentos que atentan contra os dereitos constitucionais da cidadanía.
 
Dación en pago e aluguer de vivenda pública
 
Obriga municipal de dispor dun parque de vivendas de aluguer PÚBLICAS.
 
- Investigar os fraudes e especulacións das vivendas e súas hipotecas.
 
 
 
- Manifestación do día 28 ás 7 h da tarde no Edifi. da Xunta de Galicia.
 
Saúde
 
a directiva.-

 
 -------------------------------------------------------------------------------------
 
 
 
 

NIN CASA SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA !!
Este venres 28 de Decembro, Manifestación unitaria contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro

A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, ás 7 da Tarde, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto Unitario, logo pasara-se a micro-aberto.

MANIFESTACIÓN UNITARIA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS E O ACOSO FINANCEIRO


Mobilizaremo-nos para
:


Demandar
  • a paralización dos desafiuzamentos
  • o recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social
  • a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Denunciar o fraude hipotecario e

Reclamar o dereito a unha vivenda digna.

Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.


E a nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !

Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra


Evento no facebook
:

http://www.facebook.com/events/572492036099900/


Baixar Cartaz da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM


Baixar volantina da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMaXpOR1lqTFpTdUE

||||||||||||||||||||

--



Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop


Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||||||||||||||||




--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

24.12.12

TOXOS E FROLES - C.C.CARVALHO CALERO.



 
 

 
 
Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, convida a toda a veciñanza a disfrutar da música tradicional galega do REAL CORO TOXOS E FROLES de Ferrol,  este vindeiro Venres, día 28 ás 19,30 h no Salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
 
 
 
Esta función corresponde as actividades ofertadas nos CIRCUÍTOS CULTURAIS-2012 da concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.
 
Entrada libre a toda a cidadanía.
 
 
A directiva.-
 
 
 

23.12.12

Feliz Aninovo-2013

 
 
 
A xunta directiva desta Asociación
 
veciñal O Rosario-Inferniño
 
desexavos ,
 
 
FELICES FESTAS E UN MELLOR
 
 ANINOVO-2013.
 
 
 
 
 



 - A directiva.-

20.12.12

Concentración -

 
 



 
Este Xoves ás 19,30 h estaremos na Praza Amada Garcia - Edif. da Xunta- para denunciar os RECORTES do BEN COMÚN, estado de benestar, vivenda e calidade democrática.
 
 
 



 
  

RESCATE CONCESIÓN.-

O Concello decide recuperar a xestión
 
do centro comercial Porta Nova .


 Mércores, 19 de Decembro de 2012 00:00
 redacción ferrol
 
Diario de Ferrol-2012-12-19-003-af405504
  A comisión de Economía tomou onte a decisión de rescatar a concesión do centro comercial Porta Nova, que viña xestionando a empresa Ferrolterra Superficies Comerciais S.L., tras recibir o ditame favorable do Consello Consultivo de Galicia. O concelleiro da área, Alejandro Langtry, explicou que a empresa está inmersa nun proceso concursal voluntario e esta situación faculta ao Concello a recuperar a concesión, tal como establece o prego de condicións.
Unha vez que a resolución do contrato reciba o visto e prace do pleno, leste mesmo venres, arbitrarase un prazo para que a empresa entregue as chaves e o Concello pasará a xestionar directamente o centro comercial.
  
O Concello espera así mesmo os resultados da auditoría encargada sobre Porta Nova para elaborar un novo prego de condicións e sacar a concurso as instalacións.
 
O goberno tamén rexeitou as alegacións presentadas polo Ateneo ao uso compartido do seu local, que Langtry resumiu dicindo que se basean en que "necesitan todos os metros cadrados habidos e por haber, que teñen unha chea de servizos e que é un aforro que eles estean alí  e ocupen todo o edificio, pero nós non o vemos así".
O edil insistiu en que o Concello ten que aforrar porque está a pagar moitos alugueres de entidades e hai que sacar o máximo rendemento aos edificios públicos. "Hai sitio para todos", sentenciou

 
 

Consello Consultivo autoriza o rescate Porta Nova.-


La Voz de Galicia
Data de hoxe:

Ferrol

O Concello de Ferrol sacará de novo a concurso o centro comercial Porta Nova

O Consello Consultivo de Galicia autorizou ao Concello a que rescate a concesión a Fesuco
Autor:
ROCÍO PITA PARADA
Localidade:
FERROL
 
O Concello de Ferrol volverá sacar a concurso a adxudicación da súa explotación do centro comercial Porta Nova, no Inferniño. Así o asegurou esta mañá o concelleiro de Economía e Facenda, Alejandro Langtry, que informou en comisión do ditame favorable do Consello Consultivo para proceder ao rescate da concesión a Ferrolterra Superficies Comerciais (Fesuco).
 
La Voz de Galicia.-
 

-- 

12.12.12

TEATRO - VAIA TROPA.


 


Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, convida a veciñanza a unha obra de Teatro -VAIA TROPA-, dentro dos programas FERROL A ESCENA.
 
Este SÁBADO-15 ás 19 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Carvalho Calero.

 
 
 
Saúdos









 

TEATRO ESTALEIRO- GRUPO BAZÁN.-

  
TEATRO ESTALEIRO
 
GRUPO BAZÁN
 

  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
 
 
 
 

5.12.12

Grupo TEATRO BAZÁN do ASTELEIRO.-

 

- Mércores-Teatro -
Carvalho Calero



   Esta Asociación veciñal O Rosario -Inferniño, convida a cidadanía a unha obra teatral do "Grupo BAZÁN" -100 m2- do ASTELEIRO no Centro Cultural Municipal do Inferniño, CARVALHO CALERO este vindeiro Mércores, día 5 de Decembro ás 20 horas, dentro do programa FERROL ESCENA do Concello de Ferrol.
 
 
- Entrada libre no C.C. Carvalho Calero.-
 
 
 
 

 - Saúdos

- A directiva.-


Mobilización Sanidade Pública.-


 

Os colectivos en defensa da sanidade

pública protestan en Ferrol contra o

 «desmantelamento» do sistema.

 
CÉSAR TOIMILCÉSAR TOIMIL
Ferrol mobilizouse contra os recortes na sanidade pública e a súa privatización. Unhas 400 persoas concentráronse fronte ao edificio administrativo da Xunta proclamando que «a sanidade non é un negocio», o lema co que a Plataforma en defensa dá sanidade pública da área sanitaria local convocou a protesta.
 
Música e pancartas recibiron aos participantes, que baixo a choiva asistiron á lectura dun manifesto no que se defendeu que a sanidade pública «é unha conquista da cidadanía». Miguel López, en representación da plataforma, leu o texto no que sepreguntó «onde foron os cartos» de «case 30 prazas de médicos, pediatras, enfermeiras e fisioterapeutas, que xa estaban presupostadas non 2009 para a Área Sanitaria de Ferrol» e que «desapareceron».
 
Ademais de críticas globais á situación actual, como o «repago» farmacéutica, a proximidade do cobro do transporte sanitario non urxente ou a posiblidad de que se cobre pola comida, tamén se criticou a situación local. «Non se fai unha utilización plena de tódolos recursos sanitarios desta área», denunciou o colectivo , integrado por 41 entidades, mentres se mantén concertos «con hospitais e clínicas privadas por un importe que supera vos 13 millóns de euros».
 
Mentres tanto, criticaron, «o hospital Novoa Santos «estase levando ao seu peche, deixándoo sen contido asistencial». Por todo iso «estamos hoxe aquí, porque a saúde non é un negocio», proclamaron.
Entre os asistentes, atopábanse representantes políticos do PSOE, EU, BNG e AGE, así como representantes dos colectivos que integran a plataforma.
 
 Pola mañá, traballadores da área sanitaria concentráronse no vestíbulo do Arquitecto Marcide, nunha protesta contra a privatización e os recortes convocada pola xunta de persoal, tamén integrante tamén da plataforma.

 
La Voz de Galicia.-
 

3.12.12

CONCENTRACIÓN -4 Decembro

 
 
 

             
    CONCENTRACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA


 

 Esta Asociacón Veciñal O Rosario- Inferniño fai un chamamento a cidadanía co obxecto de reivindicar unha SANIDADE PÚBLICA UNIVERSAL para todos/as.
 
 
Coas políticas implantadas polo goberno do PP estamos asistindo as primeiras medidas de desmantelamento do sistema sanitaria publico con desvios e grandes SUBVENCIONS para clínicas hospitalarias privadas.
 
 
O Decreto aprobado polo goberno fai patente a falta de sensiblidade desta forza política con respecto as persoas máis débiles e que necesitan todas as coberturas sanitarias e as políticas dirixidas as persoas con DISCAPACIDADE os cales están preocupadas e denunciando estas desproteccións sociais. 
 
  
Pedimos que a veciañanza do Inferniño e demais barrios que acudan a esta CONCENTRACIÓN do vindeiro MARTES- , día 4 de Decembro ás 19 horas no Edif. Administrativo da Xunta de Galicia, Praza Amada García.
 
 - A directiva.-
 
 

660.000 galegos pobres.-


Máis de 660.000 galegos estaban no 2011en situación de pobreza ou exclusión social

Deles, 65.386 persoas sofren «privación material severa» segundo o último informe da Rede Europea contra a Pobreza

Escrito por:
EFE
30 de novembro de 2012               
 
Un total de 662.515 persoas en Galicia atopábanse en 2011 en situación de pobreza ou exclusión social, o 23,7 por cento da poboación e 47.031 máis que en 2010, segundo o último informe da Rede Europea contra a Pobreza (EAPN).
 
De acordo con este estudo, en Galicia 525.539 persoas atópanse baixo o limiar da pobreza, un 18,8 por cento da poboación, tres puntos menos que a media española.
Ademais, 65.386 persoas sofren «privación material severa», un punto menos que no ano anterior, e 203.088 viven en fogares con «baixa intensidade de traballo», o 7,3 por cento da poboación e o dato que máis aumentou no conxunto de España.
 
Para EAPN-Galicia, é «especialmente preocupante o aumento das desigualdades, que se intensifican durante a crise».
Así, explica que, se entre os anos 2004 e 2007 a renda do 20 por cento da poboación máis rica multiplicaba por cinco a renda do 20 por cento máis pobre, desde o ano 2008 o 20 por cento máis rico gana sete veces máis que o 20 por cento máis pobre.
 
A asociación resalta nun comunicado que onte mesmo o Eurostat fixo público a porcentaxe de PIB que cada país comunitario dedica á protección social. España, en 2010, destinou a este fin o 25,7 %, fronte á media europea do 29,4 % e só o 1,8 por cento desta porcentaxe destínase a vivenda e exclusión social, fronte ao 3,6 por cento europeo.

La Voz de Galicia.-