28.12.13

Aninovo - 2014

 
 

  
 

Estrada de Castela - Competencia municipal.



As estradas de Castela e Catabois pasan

a mans do Concello de Ferrol

O Consello da Xunta aprobou hoxe o cambio de titularidade de ambas as vías

Escrito por:
R.P.P.
FERROL  12 de decembro de 2013  18:10 GMT
         
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o decreto polo que as estradas de Castela e a de Catabois pasan a ser de titularidade do Concello de Ferrol. Entre ambas suman uns 5,6 quilómetros, integrados no núcleo urbano da cidade, nos que se investiron uns 8,1 millóns de euros para a súa reurbanización, mediante un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello ferrolán.
 
A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no «Diario Oficial de Galicia». Ademais, deberá asinarse unha acta de entrega e a partir dese momento, o Concello deberá incorporar estas vías ao seu plan de estradas e asumir o seu mantemento.
 
As vías transferidas son a AC-862 (estrada de Castela) entre os puntos quilómetros do 0 ao 1,580; a antiga C-646 (Ortigueira a Ferrol por Cedeira) en 2,97 quilómetros e a estrada Catabois-Valdoviño (AC-116) do punto ki´ométrico cero ao 1,030.


- La Voz de Galicia.-
 

--
 

Fotos Maxia - LORD & JULIT.

 

 
Festival de Maxia.
COL. LORD & JULIT
 
13 Decembro-2013

 
 
 
 
 
Programación organizada por esta Asociación vecinal e programa cultural
 
 "Ferrol a Escena-2013".
 

 
 
                            
 
 
Centro Cultural CARVALHO CALERO.
 
 






 

11.12.13

Actuación de Maxia Lorc&Juli


 
 

    A Asociación Veciñal do Inferniño organiza unha actuación de Maxia do Colectivo LORC & JULIT para este vindeiro Venres-13 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
Actuará dentro deste programa o Mago MARTÍN Varela.

  M A X I A


 
 
Convidamos ao público infantil-xuvenil e familias  a esta función artística, en colaboración coa concellaría de Cultura do Concelllo de Ferrol, dentro do Programa de Artes escénica " FERROL A ESCENA-2013".

 





Saúdos
 
- A directiva.-
 
 
 

Teatro OQUETIQUEIRAS - RAÍÑAS-

 
 
 
               OQUETIQUEIRAS - TEATRO
 
 
- RAÍÑAS -
 
 
22 de Novembro -2013.
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Teatro FERROL A ESCENA-2013.




20.11.13

Programa de OQUETIQUEIRAS obra RAIÑAS.-22 NOVEMBRO

 
 
                    " Oquetiqueiras-teatro "

 
                                                      - PRESENTA -
  
               " RAÍÑAS "
   
CENTRO  CULTURAL

CARVALHO CALERO
 
 VENRES - 22 de Novembro ás 20, 30 horas
                                                                

    Que teñen en común unha ama de casa, unha sexo-servidora e unha intelectual? Que son mulleres, que sofren, que non se conforman, que queren cambiar as súas vidas… a través da súa catarsis persoal asistimos a unha divertidísima crítica social, máis intrigante que Mulleres Desesperadas, máis atrevida que Sexo en Nova Iork o moito máis irreverente que Mulleres ó borde dun ataque de nervos… Agardamos que o pasen de morte… con FERNANDA MARTINEZ; MARÍA POLO e EVA CASTRO.

     
        
Saúdos
 
 
- A Directiva.-

 
 

Guiñol - No recuncho do Monte- 25 Outubro-2013



       - TI E MÁIS EU TEATRO -
 
                               - GUIÑOL -

                      - No recuncho do Monte -
 
 
         - Centro Cultural Municipal Calvalho Calero-

 
 
 
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A.Veciñal Inferniño enviouche un vídeo: "Xornadas sanidade pública-Ferrol."

A.Veciñal Inferniño compartiu un vídeo contigo en YouTube
                            
Mesa grupos parlamentarios.
Intervención da Deputada de AGE -
 Eva Solla.-

 

Mesa 3 -Xornadas Sanidade pública.




A relación pública/privada; Incompatibilidades; listas de espera; xestión.
 
Dra.- Mª Luisa Lores Aguín; Dr. Carlos Piñeiro
 
 
Moderadora;  Ana J. López Díaz.



--
---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x 
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


 

22.10.13

Teatro -Guiñol -25 Outubro


 
 
 

Este venres-25 ás 18,30 horas, ofreceremos un guiñol infantil de TI E MÁIS EU TEATRO no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero coa Obra "Nun Recuncho do Monte"
 
Convidamos a todos os nen@s a esta representación infantil acompañados de vosas familias.
 
 
  
 
Para finalizar coas cabazas e castañas.
 
Traede o voso colar de zonchos.
 
 

21.10.13

"Xornadas Sanidade Pública"- Ponencia.-


 

Vídeo charlas das Mesas I Xornadas Sanidade Pública en Ferrol.-

 

Mesa Recortes, Repago/privatizacións

RD Lei 16/2012 Lei de Garantías Sanitarias.

 

Relatores ; Dr. Pablo Vaamonde e Manuel Martín .

 
 
 

Intervención Dr. Manuel Martín , portavoz de SOS Sanidade Pública Galicia.

   

A.Veciñal Inferniño compartiu un vídeo contigo en YouTube

Este vídeo se ha subido desde un teléfono con Android.
©2013 YouTube, LLC 901 Cherry Ave, San Bruno, CA 94066


 

Reganosa: Eurodiputada Os Verdes.-






Hoxe, (Documento anexo), a eurodiputada do Grupo Os Verdes, Tatjana Zdanoca, que, o pasado febreiro, formou parte da Delegacion de Parlamentarios que visitaron a nosa Ria, manifesta que o caso de Reganosa é un caso de corrupción, e que en torno a sua ubicación poido haber irregularidades.

Hai que saber que o Grupo Popular está obstaculizando que no informe final do Parlamento Europeo se recolla a realidade do que acontece na Ria de Ferrol e en particular a ameaza de Reganosa e os efectos perniciosos sobre a Ría.
 
 
 

16.10.13

I Xornadas Sanidade Pública.-



Organizan unhas Xornadas 

para debater sobre a

situación actual da

sanidad pública

REDACCIÓN FERROL | Actualizado 16 Octubre 2013  
 
                                
Diario de Ferrol-2013-10-16-009-bcda1374
                                                                                                   

   A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol presentou onte unhas xornadas que se celebrarán o venres e o sábado na Fundación Novacaixagalicia e nas que se debaterá a situación actual da sanidade pública no ámbito galego.

 Trátase, explicou o portavoz da entidade, Xosé Manuel Sanxoán, de cumprir o compromiso adquirido xa antes do verán para "tomar o pulso" ao sistema sanitario e profundar nas intencións privatizadoras que, ao seu xuízo, ten o goberno autonómico.

 As xornadas incluirán tres mesas debate sobre "A contrarreforma sanitaria", "A atención primaria: a prioridade necesaria e o gasto farmacéutico" e "A relación público/privada (Incompatibilidades, concertos, listas de espera, xestión", nas que participarán os doutores Pablo Vaamonde, Manuel Martín, Jesús Sueiro, Bernardino Pardo, María Luisa Lores Aguín e Carlos Piñeiro.
 Ademais, como colofón, organizarase unha mesa redonda que versará sobre o "Pacto político pola sanidade pública, universal e gratuíta".

Participarán Miguel Santalices, en representación do PP; Beatriz Sestayo, polo PSOE; Eva Solla, de AGE; e Montserrat Prado, do BNG.

 Xosé Manuel Sanxoán convidou a participar nestes debates, dos que se extraerán unhas conclusións sobre a sanidade pública, e denunciou situacións como o copago de receitas por parte dos pensionistas, o adianto do diñeiro de prótese e cadeiras de rodas ou que se cobre polos traslados en ambulancia.

 Denunciou tamén este portavoz o intento de descapitalizar a sanidade pública para orientar aos pacientes cara á privada e aludiu tamén ás reducións orzamentarias, o desmantelamento de determinadas áreas e servizos ou a precarización das condicións de traballo do persoal, entre outras cuestións.

 Pola súa banda, Susana Alariz,, referiuse aos problemas que sofre o colectivo de inmigrantes chegando a asegurar que se deron casos de mortes por de-satención sanitaria.

 Esta portavoz indicou que o feito de que só se atenda ás persoas en situación irregular nos servizos de urxencias provoca que moitos deles non poidan seguir os tratamentos e non teñan acceso a probas ou análises, ademais do temor que inspira -apuntou- ter que deixar os seus datos persoais, algo que pode desembocar na súa expulsión do país.

 Alaniz denunciou tamén a escasa difusión do Programa Galego de Protección Social da Saúde pública tanto entre o colectivo de migrantes como nos propios centros de saúde, á vez que pediu que se estableza en toda España un modelo sanitario público, universal e gratuíto para estas persoas.
 
 
Diario de Ferrol.-

 

Presentación I Xornadas Sanidade Pública.-

 

Seis especialistas debaterán

en Ferrol sobre o estado da

sanidade pública.

O centro sociocultural Novacaixagalicia acollerá este fin de semana as xornadas abertas ao público.

Escrito por:
Ferrol / a voz  16 de outubro de 2013 .
                                            
         


 
   Ferrol converterase este fin de semana nun foro de debate sobre a situación na que se atopa a sanidade pública. Os colectivos da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra e SOS Sanidade Pública organizan estas xornadas que terán lugar no centro sociocultural Novacaixagalicia e cuxa asistencia é libre e gratuíta. «Van servir para tomar ou pulso á sanidade», destacou Xosé Mel, da Plataforma, que se encargou de presentar os actos.
 
    As conferencias arrincarán este venres ás 17.30 horas cunha mesa debate sobre A Contrarreforma Sanitaria, na que os relatores falarán sobre os recortes, repagos, privatización, o Real Decreto Lei que afecta aos emigrantes e a Lei de Garantías Sanitarias.
 Participarán nesta mesa o médico de familia Pablo Vaamonde, fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria, e o especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, Manuel Martín García.
 Pola tarde, a partir das 19 horas, o presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Jesús Sueiro, e o especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, Bernardino Pardo, impartirán unha charla sobre A atención primaria: a prioridade necesaria e ou gasto farmacéutico.
 
O sábado continuarán as actividades cun debate a partir das 11.00 horas sobre A relación público privada. Incompatibilidades, concertos, listas de espera e xestión, a cargo de doutora María Luisa Lores, especialista en Radioloxía, e o doutor Carlos Piñeiro, médico de Atención Primaria no centro de saúde de Narón e fundador da Asociación de Amigos do Corazón.
 
As xornadas culminarán cunha mesa redonda sobre o Pacto polítco pola sanidade pública universal e gratuíta, con representantes dos grupos parlamentarios do PP, PSOE, AGE e BNG, Miguel Ángel Santalices, Beatriz Sestayo, Eva Solla e María Montserrat Prado, a partir das 12.30 horas..
 
 
La Voz de Galicia.-


 

15.10.13

I Xornadas Sanidade pública.-



 


I XORNADAS SANIDADE PÚBLICA.-
 
FUNDACIÓN NOVAGALICIABANCO


Venres día 18

Ás 17:30 horas. Mesa Debate:
A Contrarreforma Sanitaria.

Recortes/Repagos/Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias.

Ponentes:Dr. Pablo Vaamonde García e Dr.Manuel Martín García.

Modera:D. Xosé Miguel López, da Asociación Veciñal de Esteiro.


- - - - - - - - - - -

Ás 19 horas. Mesa Debate:

A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico.
Ponentes: Dr.Jesús Sueiro Justel e Dr.Bernardino Pardo Teijeiro.

Modera: Dr. Manuel A. Ramos Rodríguez, concelleiro de Narón.


- - - - - - - - - -

Sábado 19

Ás 11 horas Mesa Debate:

A Relación Público/Privada ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión ).

Ponentes:Dra. Mª Luísa Lores Aguín e Dr. Carlos Piñeiro Díaz.

Modera:Dona Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.


 - - - - -
  Ás 12:30 H Mesa Redonda:
Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta.

Ponentes: Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG.
Grupo PP: D. Miguel Angel Santalices Vieira.

Grupo PSdeG-PSOE: Dona Beatriz Sestayo Doce.

Grupo AGE: Dona Eva Solla Fernández.

Grupo BNG: Dona Mª. Montserrat Prado Cores

Modera: D. Germán Castro Tomé, ex-director do Diario de Ferrol.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -  -


Pablo Vaamonde García:
Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006.
Manuel Martín García:
Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública do Estado Español.

Exerce no Centro de Saúde de Seixo en Pontevedra.
Jesus Sueiro Justel:
Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).

Exerce no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago.

Promotor da campaña de obxección de conciencia para seguir atendendo ás persoas inmigrantes en situación irregular fronte ao RD Lei 16/2012.
Bernardino Pardo Teijeiro:
Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

Exerce no Centro de Saúde de Nadela en Lugo.

Vicepresidente de ASPNAIS, asociación dedicada ao coidado de discapacitados. Colabora con Unicef e Adega.
Maria Luísa Lores Aguín:
Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento.

Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública.

Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Carlos Piñeiro Díaz:
Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA( Asociación Galega de Víctimas do Amianto).






 


7.10.13

Ensaios GAITA




 
Informamos que a partir deste vindeiro Martes-1 de Outubro ás 18,30 h. comezaremos as actividades de GAITA no andar baixo do Centro Cultural Carvalho Calero.

Horarios de Martes e Xoves ás 18,30 horas.

 
 
Saúdos
 
 
- A directiva.-
 
 


 
 

 

Nova reforma Praza de España


 

-     REFORMA PRAZA DE ESPAÑA-

Setembro 2013

     

        A Asociación Veciñal O Rosario –Inferniño, observamos con preocupación as obras de reforma da Praza de España as cales presentan moitas dúbidas por parte da cidadanía.
     
Pensamos que o problema da Praza de España consiste en solucionar o ESPAZO SOTERRADO polo que lembramos a promesa da campaña electoral do candidato do PP que era recheando con terra este espazo interior.
 
     Ao  noso entender, esta modificación non ten ningún sentido nin percibimos unha funcionalidade que xustifique esta reforma para comprender unha Praza máis dinámica. Se isto persigue unha praza con máis ornamentación podemos afirmar que se trata dunha chapuza no uso de materiais dos grandes  maceteiros de pedra SEN PULIR que nos recorda as pedras da Praza do Inferniño que tanto criticamos e causou varios accidentes en nenos motivado a estes afiados cantos para volver 20 anos despois a reincidir no mesmo erro .
 
A Praza de España vaise converter nunha praza de obstáculos que restará mobilidade e espazo público peonil con esta disparatada reforma e un claro despilfarro de diñeiro público do Concello de Ferrol .
   
Outra cuestión sería tratar de solucionar os 2 locais de superficie que lembramos existe un acordo de Participación Cidadá para destinar un  local como sala cultural de exposicións, charlas e encontros cidadáns, pero que estes acordos non foron respetados e mesmo foi desmantelado todo o proceso de Participación Cidadá que tanto aportou o movemento social de Ferrol.
 
   Consideramos estas obras de reforma desta Praza de España unha reforma innecesaria, un despilfarro de recursos públicos e, en consecuencia, un capricho político polo que pedimos a PARALIZACIÓN das Obras co fin de RESOLVER os verdadeiros problemas da Praza que son o destino dos locais e o espazo soterrado.
 
 

Ferrol, a 25 de setembro de 2013.

 
 
- A directiva.-
 


--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

26.7.13

LOITO E PESAME - 25 XULLO

 

 

      A Asociación Veciñal O Rosario –Inferniño, expresamos a nosa consternación e pésame as familias das vítimas do accidente de tren Madrid- Ferrol, ocorrido en Santiago de Compostela na véspera do Día de Galicia.

 

      Esperamos o restablecemento das persoas feridas e queremos adherirnos aos 7 días de loito decretado polo goberno galego.

 

     Comunicamos a nosa participación e nosa adhesión as concentracións en lembranza polas vítimas e nosa máis sincera solidariedade con todas as familias que sufriron esta traxedia.

 
 

 

Ferrol, a 25 de Xullo de 2013.

 
 

-      A directiva .-

        

       

FESTIVAL INFERNIÑO-FOLK-2013


  
INFERNIÑO FOLK
5 de XULLO-2013
 
MEMORIA
 

   Esta Asociación Vecinal O Rosario-Inferniño e a Asociación Cultural Terra Meiga queren expresar o noso agradecemento as persoas aos grupos ALGARABÍA e CHIRIBICOS, ARNOLA e ALÉN DE ANCOS que actuaron neste Festival urbano de INFERNIÑO FOLK
 
 
 
Manifestamos a nosa vontade de continuar organizando este festival INFERNIÑO FOLK nos vindeiros anos co fin de impulsar a música tradicional, folk como parte de nosa cultura galega.
 
 
 
Pedimos a maior colaboración das institucións e entidades co fin de consolidar no futuro este evento cultural.
 

 
 
Actuación de ALÉN DE ANCOS no Palco da Música na Praza do Inferniño para pechar este festival de música folk.
 
 

 
 Grupo de Música Tradicional ARNELA .
 
 
 
 

SAÚDOS
 


8.7.13

Grupo Musica Tradicional ARNELA

 
 
 

INFERNIÑO FOLK-2013
 
 
Palco da Música
Praza do Inferniño
 
5 de Xullo de 2013

 
Neste ano participaron o Grupo de Música Tradicional ARNELA de Carral, e como invitado as Cantareiras ALGARABÍA, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional CHIRIBICO e pechando este Festival o Grupo de Música Folk ferrolán ALÉN DE ANCOS .

 Palco da música da praza do Inferniño foi o lugar de encontró deste INFERNIÑO FOLK.
 
 
 





--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Grupo Música Folk - CHIRIBICO

 
 
 
- INFERNIÑO FOLK-2013 -
 
 
 - FESTIVAL FOLK GALEGO -
 
 

 
Grupo de música folk CHIRIBICO de Lago, Valdoviño que debutaron como grupo neste festival.
 

  
 
 
 
- actuación MUSICAL deste venres-5 de xullo-2013.


 

CANTARIERAS ALGARABÍA.-


 
 

INFERNIÑO FOLK
 
5 de XULLO-2013
 
 
Grupo de Música CANTAREIRAS ALGARABÍA, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional Chiribico da asociación veciñal de Lago, Valdoviño.

   Palco da música da Praza do Inferniño deste venres-5 de Xullo-2013
 
 






- Actuando no Festival de Música tradicional- folk galega.

FESTIVAL INFERNIÑO-FOLK-2013

 

 
 
 
INFERNIÑO FOLK
5 de XULLO-2013
 


   O lugar para a celebración do concerto elixido para esta segunda edición foi o Palco da música da Praza do Inferniño
 

 
 
Actuación de ALÉN DE ANCOS para pechar este festival de música folk.
 
 

4.7.13

II Festival Inferniño-folk

 FERROL .-


A II edición do Inferniño Folk achega varios rostros da música tradicional
| Actualizado 03 Julio 2013 -
                               
alén de ancos, durante a súa actuación do pasado ano no carvalho calero
alén de ancos, durante a súa actuación do pasado ano no carvalho calero

                                                
Para dar a coñecer os diferentes estilos que conviven no seo da actual música tradicional galega (cuartetos, cantareiras, etc.), a asociación Terra Meiga volve apostar polo Festival Inferniño Folk, que este ano cumpre a súa segunda edición  no barrio onde  a entidade cultural e musical ten a súa sede.

 Así, o próximo venres ás 20.00 horas a praza do Inferniño acollerá esta cita coa música tradicional que está organizada conxuntamente coa Asociación de Veciños O Rosario- Inferniño e o grupo de música folk Alén de Ancos.

 Precisamente esta formación (que comparte varios membros con Terra Meiga) está formado por sete músicos novos pero cunha longa traxectoria musical. Así, en 2012 particiaparon na XXXII Edición do Festival Irmandiño de Moeche e foron finalistas no Proxecto Runas do XXXVIII Festival Internacional do Mundo Celta de Ortiguera.
cantareiras-

 Neste ano participará o Grupo de Música Tradicional Arnela de Carral, e como invitado as Cantareiras Algarabía, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional Chiribico da asociación veciñal de Lago, Valdoviño.

   O lugar para a celebración dos concertos será o palco da música da praza do Inferniño, que era o sitio elixido xa na primeira edición do festival que, finalmente tivo que levarse a cabo no Centro Cultural Carvalho Calero.
 Segundo os prognósticos meteorolóxicos que manexa a organización, parece que este ano terán máis fortuna.
 
Diario de Ferrol.-