29.11.10

OBRAS ESTRADA CASTELA -BEIRARRÚAS




OBRAS - ESTRADA DE CASTELA


A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, quere lembrar que este pasado mes de Setembro rexistramos unha queixa na casa do Concello de Ferrol denunciando a falta de dilixencia e seguimento das OBRAS da ESTADA DE CASTELA, advertindo da necesidade de corrixir aspectos que puideran perxudicar aos propietarios e comerciais.



Dende esta Asociación veciñal estimamos como moi positiva a renovación da Estrada de Castela e beirarrúas polo que supón unha considerable mellora nesta infraestrutura. Isto non significa que aprobemos o método de execución das obras nin consideramos que sexa a forma máis adecuada.



Se observan pola veciñanza deficiencias nas obras, polo que pedimos dos responsables municipais se realice un seguimento das obras polos técnicos municipais para efectuar as correccións que sexan necesarias.



Ante a proximidade do Nadal, solicitamos dos responsables de tráfico e seguridade a posta en marcha de dispositivos de tráfico puntuais en datas marcadas e horas punta coa finalidade de regular os pasos de peóns e tráfico rodado.



Na nosa reivindicación sempre estará a disposición e utilización dun transporte público de calidade, animando a veciñanza a usar estes recursos públicos.



Sempre demandamos a posta en marcha dun CARRIL-BICI con todas as garantías de seguridade para lograr unha maior implicación de uso deste medio de transporte para a nosa cidade.



Esta asociación pide que se atendan as reclamacións e queixas dos cidadáns que durante todos estes meses estivemos soportando unhas obras necesarias pero excesivamente prolongadas no tempo.



Dadas todas estas características e magnitude destas obras, pedimos ao Sr. Alcalde que realice todas as xestións políticas necesarias de coordinación entre todas as concellarías implicadas do Concello, Xunta de Galicia e empresas adxudicatarias para que empreguen máis recursos e esforzos co fin de acelerar a execución destas obras.




Ferrol, a 26 de Novembro de 2010.




A Presidenta / O Secretario






Ana J. LÓPEZ DÍAZ / Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO





• SR. ALCALDE –PRESIDENTE - CONCELLO DE FERROL.-






--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com