24.6.09

NOVA ILUMINACIÓN PÚBLICA

O Concello aborda novos proxectos para

unha maior eficiencia energética


REDACCIÓN > FERROL


A zona do Ensanche A verase beneficiada do plan de eficiencia energética que, con cargo a distintos programas e subvencións, levará a cabo o Concello . Os proxectos sobre os que onte informou a edila de Medio Ambiente, María López, pretenden unha iluminación adecuada co menor custo.

A edila explicou que se recibiu unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia que aporta 54.534 euros dos 96.482 euros en que está valorada a primeira fase do Ensanche A, correspondente a rúas como Río Lambre, Pintor Pérez Villaamil, Río Xubia e Praza do Tronco, avenida da Paz, Alcalde Usero, Río Eume, Monasterio de Monfero, Publicista Saralegui , Instituto e Castelo de Moeche.

Nestas vías procederase á sustitución de lámpadas por luminarias modelo Etna, con receptor de aluminio e pechadura de vidro plano, que, ademais de ser máis eficientes e conseguir maior fai lumínico a menor custo, resultan máis modernas. Tamén se procederá á instalación dun único cadro de alumado e substituirase o cableado, eliminando os tendidos aéreos das calzadas, favorecendo o embellecimiento da cidade.

Esta primeira fase de mellora do alumado público na cidade completarase nos próximos meses con outros dous proxectos que serán financiados con cargo ao Fondo Estatal de investimento Local e ao Plan Urban.

Diario de Ferrol.-

22.6.09

PETICIÓN DE PASOS ELEVADOS.-

O Rosario pide que se instalen pasos
elevados peonís no Inferniño.
REDACCIÓN > FERROL
A xunta directiva da asociación veciñal O Rosario do Inferniño remitiu un escrito ao alcalde, Vicente Irisarri, e ao concelleiro de Obras, Gerardo López Castrillón, solicitando a implantación e construción de pasos elevados peonís ao redor da praza do Inferniño, co fin de salvagardar a seguridade dos veciños.
A entidade explica que nos arredores da praza prodúcense a diario bastantes casos de excesos de velocidade de vehículos e motos polo que entende que se trata dun perigo real e continuado para os usuarios desta praza.
A entidade recorda que a praza do Inferniño está considerada como unha das zonas máis concorridas da cidade, en especial por nenos de pouca idade e persoas maiores.
A presidenta da entidade, Ana López Díaz, explicou que na última reunión co edil de Tráfico e Obras coincidiuse na conveniencia de realizar estudos e informes por se fose preciso implantar pasos elevados peonís nas inmediacións da praza.
A entidade veciñal recorda que a nova normativa establece que estes reductores de velocidade consisten nunha plataforma trapezoidal de 10 centímetros de altura como máximo, construída en formigón ou material asfáltico, cun máximo de catro metros de longo e unhas ramplas de subida e baixada de entre un metro e 2,5, dependendo do límite de velocidade existente, polo que pide que se tomen as medidas oportunas. para salvagardar a seguridade dos peóns.
Diario de Ferrol.-

16.6.09

ASEMBLEA DE BARRIO - REGULAMENTO P.C.



ASEMBLEA DE BARRIO



Presentacion do Regulamento de
Participación Cidadá.






Presentouse este Regulamento de
PARTICIPACIÓN CIDADÁ no Centro
Cultural Municipal CARVALHO CALERO
este Xoves día 11 de Xuño-09
- Participaron neste acto os representantes veciñais e membros activos do GAP ( Grupo de Análise e Propostas ).
- Concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago.
- Asesoramento Técnico, Rosa Muñiz.
- Miguel López - Asociación Veciñal FONTELONGA.
- Alberto Saavedra - Asociaciación de FERROL- VELLO;
- Magdalena Gonzalez - Asociacón Veciñal PRIORIÑO.
- Pilar Rod. Venancio - Asociación Veciñal de CARANZA.
- Xosé M. Sanxoán, da Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, presentou e moderou esta ASEMBLEA DE BARRIO, co obxecto de INFORMAR ao barrio do Inferniño no Ensanche A, do proceso e contido deste Regulamento de Participación Cidadá.

-Pensamos que era o momento necesario para presentar á cidadanía o borrador do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ que esperamos pronto será aprobado por todas as forzas políticas, en sesión plenario extraordinaria do Concello de Ferrol.
-Temos que mencionar unha escasa participación da cidadanía, ainda que non nos sorprende, polo que temos que doblar esforzos de convocatoria nas organizanizacións de futuras Asembleas de Barrio co fin de achegar e motivar a todas as entidades e veciñas/os dos barrios.
- Os membros do GAP temos o convencimento da importancia que ten a PARTICIPACIÓN CIDADÁ e os seus ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS que insistiremos co noso compromiso de realizar unha maior difusión de DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.
-Saúdos veciñais.
-Membros do GAP e Xunta directiva.-

9.6.09

PRESENTACION REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ




ASEMBLEA DE BARRIO



PRESENTACIÓN -DEBATE

REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ

INTERVIRÁN



- Manuel Santiago – Concelleiro Participación C.
- Maica Rodriguez - Rosa Muñiz
Asesoras Participación Cidadá.

* GAP ( GRUPO DE ANÁLISE E PROPOSTAS)

- Miguel López – Presidente As. V. FONTELONGA.
- Magdalena Gonzalez - Asoc.V. PRIORIÑO.
- Pilar Venancio - Presidenta Asoc.V. CARANZA.
- Alberto Saavedra– Presid. A.V.FERROL-VELLO


Modera e Presenta

- Xosé M. Sanxoán- As.V. O Rosario- Inferniño



- ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.


-( 2 Millóns de € - anos 2009-2010 )


¡ DECIDE AS PRIORIDADES DO BARRIO !

- Salón de Actos C.Cultural CARVALHO CALERO
- Xoves– 11 ás 7 h. tarde

7.6.09

ASEMBLEA DE BARRIO.-




ASEMBLEA DE BARRIO
PARTICIPACIÓN CIDADÁ



Esta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, con representación no GAP (Grupo de Análise e Proposta), queremos iniciar unha ASEMBLEA DE BARRIO co obxecto de presentar e explicar a veciñanza o proceso do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, este vindeiro xoves, día 11 de xuño as 7 h da tarde no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.




O principal fin é informar e difundir a toda a cidadanía o verdadeiro significado da PARTICIPACIÓN CIDADÁ así como involucrar as diferentes entidades socio- culturais e deportivas do barrio.





Trataremos de contar coa presenza de varios membros do GAP coa intención de informar respecto a este proceso , analizar e debater o auténtico alcance da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.





Esta mesa estará composta por varios membros do GAP;



- Alberto Saavedra, Presidente da A.Veciñal de Ferrol- Vello.
- Magdalena Gonzalez da Asociación Prioriño.
- Miguel López, Presidente da Asociación Veciñal de FONTELONGA.
- Pilar Venancio, Presidenta da A. V. de Caranza.

- Maica Rodriguez, Asesora de Participación Cidadá,

- Manuel Santiago, CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

- Moderando esta presentación o membro do GAP, Xosé Manuel Sanxoán da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.


Lembramos que os ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS ( 2 MILLÓNS de € anos 2009-2010) requerirán dun exercico do máximo consenso social e a participación directa de todas as entidades do barrio do Ensanche , no Inferniño, as cales serán expresamente convidadas a este acto.

Saúdos veciñais.

Asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario

asdo. Ana J. López - Presidenta