30.11.12

CONCENTRACIÓN - 4 Decembro-12




A Plataforma dspf convoca unha

concentración en defensa da

sanidade pública .

 Venres, 30 de Novembro de 2012.

As preto de 50 entidades que integran a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol -Pdspf- convocan para o vindeiro martes na praza Camilo José Cela -diante do edificio da Xunta- unha concentración en defensa da sanidade pública. Representantes deste colectivo, que engloba entidades culturais, veciñais, sindicatos, partidos políticos, ONGs, etc, presentaron onte esta convocatoria para o día 4 ao sete da tarde.
 
A privatización e o repago continúan sendo cuestións a reivindicar por este colectivo que se manifesta en contra das políticas "que nos quitan o dereito á saúde". A plataforma asegura que na recente investidura de Alberto Núñez Feijóo, o presidente anunciou que seguirá con "as mesmas políticas de desmantelamento da sanidade pública". Así, lembraron as políticas de colaboración público-privada que se anuncian para hospitais galegos que, auguran, "acabarán en privatización como sucedeu en Valencia e agora en Madrid". Lembran, así mesmo, o compromiso dos dous novos centros de saúde da Capela e Ares "que levan varios anos pendentes".

Por estas razóns, demandan nos orzamentos autonómicos para 2013 un compromiso de investimento real na área Sanitaria de Ferrol "lembrando que o Naval está infrautilizado por falta de persoal e medios" e unha potenciación da área de Atención Primaria.

Por todo isto, a Pdspf considera que as políticas neoliberais do PP levan á deterioración e descapitalización do sistema sanitario público, desmantelando "a universalidade, a equidade e a accesibilidade" ao sistema público sanitario.
Así, chaman á mobilización o vindeiro martes para evitar esta situación.
 
Diario de Ferrol.-
 
 

27.11.12

Ti e máis eu teatro - Para que serven os homes -


 
> Venres -Teatro <



   Esta Asociación veciñal O Rosario -Inferniño, convida a cidadanía a unha obra da compañía "TÍ E MÁIS EU TEATRO" coa obra teatral "PARA QUE SERVEN OS HOMES" no Centro Cultural Municipal este vindeiro VENRES, 30 de Novembro, ás 20 horas, dentro do programa dos Circuítos Culturais do Concello de Ferrol.
 
 
 
 
 
Este evento para conmemorar o Día 25 de Novembro contra a violencia de xénero
















- Entrada libre no C.C. Carvalho Calero.-

 - Saúdos

- A directiva.-


12.11.12

Clases DEBUXO.-

 
 
 
 
 
CLASES DE DEBUXO INFANTIL
Novembro-2012
 
 
Estamos iniciando as clases de Debuxo infantil
 
e estamos impulsando Debuxo para Adultos. 
 

 
 


- A directiva.-