23.6.11

Concentración Edif. Xunta



MANIFESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO ENSINO PÚBLICO DE FERROLTERRA





  Diante das medidas tomadas pola Conmsellería de Educación e O. U. desde que o PP está no governo, e máis concretamente as últimas sobre a reestructuración da oferta educativa no Ensino Secundario e a F.P., xunto cos agrupamentos e a reducción de prazas en Ed. Infantil e Primaria, que afectan de xeito moi especial á nosa comarca, todos os colectivos afectados (persoal dos centros, alumnado, peis/nais, organizacións sindicais, etc.) que suscribimos este escrito queremos manifestar o seguinte:

O noso rexeitamento contra este tipo de decisións, tanto na forma, como no fondo, polas consecuencias que orixinan e que supoñen un grave deterioro do ensino público. Dase a coñecer esta proposta (a través da prensa), sen previo diálogo coas comunidades educativas afectadas nin nos organos legalmente establecidos para levar a cabo este tipo de negociacións ; tratando ao persoal docente e ao alumnado como meras mercadurías que se poden transportar dun lugar a outro, sen saber moi ben a onde, en que condicións e saltándose as propias regras da Consellería, tanto no que tén que ver coa reserva de prazas, como co Concurso de Traslados . Evidenciase pois que o único obxectivo claro destas medidas é facer unha profunda recorvensión sen dar tempo á contestación social, polas datas nas que se comunica.


Non aceptaremos máis ataques contra o Ensino Público nin medidas que supoñan unha drástica reducción da oferta educativa e dos recursos humanos, coa eliminación dun importante número de unidades, postos de traballo e prazas escolares, incremento das rateos e masificación das aulas ; mentres se manteñan os concertos aos centros privados, incluso en ensinanzas non obrigatorias.



    POR TODO ISTO RECLAMAMOS A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN :


         A inmediata retirada do borrador do Decreto de creación dos CIFP e de modificación de determinadas ensinanzas nos centros educativos e que se abra durante o vindeiro curso un período de consultas, debate e negociación cos colectivos afectados e os/as representantes lexitimados para facelo na Mesa Sectorial de Ensino non Universitario, adecuando a Rede de Centros e a oferta educativa ás necesidades reais da nosa comarca.

         O mantenemento da oferta educativa no ensino público cos medios e recursos necesarios , como única vía de garantir a igualdade de oportunidades.

O cumplimento do acordo de agrupamentos asinado por esa consellaría en xullo do 2009 e que polo tanto non se permita agruar alumnado que sobrepase as ratios ali establecidas.

Unha explicación , por escrito, de cales son os motivos e o obxectivo desta reforma feita con tanta premura a finais de curso, e non de xeito progresivo e negociada.

Os colectivos aquí representados levaremos a cabo todo tipo de medidas e mobilizacións, ata que sexan atendidas as nosas demandas , chegando á posibilidade, se fose necesario , de dar inicio ao próximo curso.

As Organizacións sindicais CIG-ENSINO , C.C.O.O. , FETE-UGT , STEGA , a Federación de ANPAS de Ferrolterra, a ASOCIACIÓN VECIÑAL O Rosario-Inferniño , CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMARCA.

Ferrol, a 22 de Xuño de 2011.


Convocatoria Mobilización Ensino

A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, convida a toda a veciñanza a participar nunha CONCENTRACIÓN para este MÉRCORES-22 ás 8h. da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia.

Os colectivos de Pais e Nais, profesores, alumnado de Ferrol e comarca declaran o seu malestar polas formas en que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa anuncian unha serie de cambios que afectan a varios centros educativos desta comarca de Ferrol.

Un dos cambios que sorprendente para os pais e nais así como ao profesorado é o  traslado de alumnado dos Centros de Formación Profesional de diferentes localidades como é o caso do IES Ferrol Terra a Centros Públicos da ESO como é o caso do IES Sofía Casanova. Somos conscientes da calidade deste último Centro Educativo,  pero o que non se pode aceptar é a masificación de alumnos/as e a limitada capacidade de instalacións para acoller a 135 alumnos da ESO e outros 40 alumnos/as máis de bacharelato. Os diferentes equipos directivos anunciaron aos pais-nais a súas dimisións a esa dirección de Ensino da Xunta de Galicia.

Esta mobilización está secundada por toda a comunidade educativa,  conformada polos Centros de Ensino Públicos da Comarca de Ferrol, Directores, claustros de profesores, Federación de ANPAS, sindicatos, algúns partidos..etc.
Pedimos a AHDESIÓN das diferentes entidades sociais para pedir o máximo APOIO ao ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE, apoiar esta CONCENTRACIÓN e a anulación deste posible Decreto nas condicións que explica esta consellaría de Ensino.
Saúdos veciñais.

          Ferrol, a 21 de Xuño de 2011.

        - A Directiva .-