17.12.17

Feliz Aninovo-2018.-

 
 
 

   
 A Xunta Directiva da  Asociación veciñal O Rosario do Inferniño,   desexavos;
 
 
 BOAS   FESTAS 
 
FELIZ ANINOVO-2018
  

 
 



20.11.17

Teatro Solaz Moraina - 24 Novembro-17



 
 
TEATRO SOLAZ MORAIMA 
 
 
  Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, convidamos a cidadanía a unha actuación do grupo de Teatro SOLAZ  MORAIMA este vindeiro venres, 24 de novembro ás 18,30h no Salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero co obxecto de reivindicar o día contra a violencia de xénero.
 
Esta Asocición organiza este acto dentro da programación de FERROL ESCENA da Concellería de Cultura do Concello de  Ferrol.
 
 
- Saúdos .-
 
 


1.11.17

Actuación Coro Diapason - 4 Novembro.-

 
 
 

- CORO SONSDODÍA-
 
- DIAPASÓN -


 
 

 

  A Xunta directiva convida a cidadanía a unha actuación do Coro de voces DIAPASÓN - SONSDODÍA este vindeiro Sábado, 4 de novembro ás 19 horas no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero.
 

   Esta actuación forma parte da programación cultural FERROL ESCENA 2017 da concellería de cultura de Ferrol.










 

- Saúdos .-

- Directiva .-


 

17.10.17

" Distraída eu"

 

Teatro - " Distraída eu"
 
 




   A xunta directiva da Asociación veciñal O Rosario-Inferniño convida a veciñanza a unha obra "DISTRAÍDA EU"  de Crucia Teatro este vindeiro sábado-21 ás 19 horas no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero.
 

 
  Esta actuación forma parte da programación de FERROL ESCENA da propia Concellería de Cultura do concello de Ferrol e a organización deste evento por parte desta Asociación veciñal.











 
- Saúdos

- Directiva.-


 

Fwd: Atraccións privadas.-






A Xunta directiva da Asociación veciñal O Rosario- Inferniño denunciamos  unha vez máis a ocupación da Praza Pública do Inferniño con atraccións comerciais PRIVADAS igual que viña sucedendo co goberno anterior.

Amosamos e denunciamos o IMPACTO VISUAL destes atraccións, con camións dentro desta Praza do Pública cos posibles desperfectos que poden causar.




Reiteramos as nosas denuncias pola mala utilización dos espazos e prazas públicas para fins de interese privada. 
Denunciamos tamén a reiterada utilización destes espazos para usos de adoutrinamento relixioso coa autorización e complicidade do goberno local para disgusto de parte da cidadanía que lembramos debe respetarse o principio de ESTADO ACONFESIONAL nestes lugares públicos, igual que o anterior goberno local , polo que esperamos non se repitan.




 

Instamos ao goberno municipal unha corrección e visión de respecto polas prazas e espazos PÚBLICOS para o uso e disfrute da cidadanía sen a necesidade de intereses privados.


 

- Saúdos .-

- Xunta directiva .-

 

DOCUM. MOBILIDADE - REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-

 
 
 



   A Xunta directiva recibimos a comunicación do Documento do Plan de Mobilidade  para información desta Asociación e sen comunicar a posibilidade de presentar ALEGACÍÓNS e seus PRAZOS polo que preguntamos se este documento está sometido a debate participativo dos órganos do Regulamento de PC e con tempo suficiente dun mínimo de 10 días para  presentación de alegacións desde a súa comunicación.

  Esta Xunta directiva expresamos a nosa desconformidade co Goberno Local motivado a ausencia de debate participativo por despreciar o Regulamento de Participación Cidadá en vigor.

  Pensamos que este debate deberíase impulsar dende o goberno local a través dos órganos do Regulamento de P.C. como un  FORO CÍVICO de Urbanismo-modelo de cidade  e a súa Comisión Permanente interna; Asembleas de Barrio para información e formulación de propostas ou os Consellos Sectoriais.

  Non recoñecemos esta Participación do goberno local por tratarse de parches ou actos puntuais e illados. Entendemos a Participación Cidadá nos termos aprobados no Pleno pola unanimidade de grupos políticos e o impulso continuado da cidadanía.

  Este goberno perdeu a oportunidade de formar, informar e debater temas importantísimos para a cidadanía, privando os dereitos cidadás aprobados no Regulamento de P.C., vulnerando a VIXENCIA deste REGULAMENTO que impulsou o movemento asociativo xunto a cidadanía.

   Denunciamos o incumprimento dos acordos do Consello da Veciñanza do pasado 21 de decembro para o nomeamento da COMISIÓN PERMANENTE co fin  de impulsar e aplicar o REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
Pedimos a inmediata CONVOCATORIA do CONSELLO da VECIÑANZA para analizar e valorar o actual estado do Regulamento de Participación Cidadá e nomear a súa COMISIÓN PERMANENTE.


Saúdos

 


31.5.17

Marcha a pé a Mugardos

 
 
Marcha a pé a Mugardos

 
 
 
 
 

Moción de Ferrol en Común sobre REGANOSA


Moción de Ferrol en Común sobre REGANOSA



Moción sobre REGANOSA que Ferrol en Común presenta hoxe ao Pleno do Concello de Ferrol

25.05.2017
  A planta de REGANOSA é unha instalación perigosa no interior da Ría de Ferrol, perigosa porque está instalada a pouco máis de 100 metros dos veciños de Mehá e a 900 m do Arsenal Militar e engadido a isto ten anexo un complexo petroquímico que almacena á súa vez 300.000 m³ de combustibles e produtos químicos. Situada esta bomba de reloxería no corazón da ría de Ferrol nun entorno de algo máis dos 100 000 habitantes. 
 
  O proxecto inicial de instalación data dos anos 90 e estaba prevista sita no Porto Exterior de Ferrol, pero os intereses do Grupo Tojeiro co apoio de Manuel Fraga Iribarne e o conselleiro de Economía Don José Oza, asinando un convenio Xunta/Reganosa foi recolocar a planta en terreos do Sr. Tojeiro constituíndo un auténtico pelotazo urbanístico gañando 30.000.000€ e favorecendo a instalación da devandita planta ao lado da empresa Forestal Atlántica.
 
   Unha instalación que contaba con dúas Resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 2002 e 2004 e que foron alunadas en marzo de 2016 pola sección terceira da Sala do Contencioso – Administrativo do Tribunal Supremo que dictou sentenzas que afectaban a autorización administrativa previa para a instalación da citada planta de recepción, almacenamiento e regasificación de GNL e ao proxecto de execución das instalacións, respectivamente. Facendo de REGANOSA unha instalación non só perigosa, senón ILEGAL. Política de feitos consumados.
 
  Pero o PP non se arredrou e excedendo as súas funcións como aconteceu no caso de Ence, en lugar de deixar que as solicitudes de Reganosa seguisen a súa tramitación ordinaria optou por reducir os tempos a metade, e invadir atribucións propias do poder xudicial, ao entrar a decidir sobre cuestións que estaban xa resoltas xudicialmente, e tamén atribucións propias do poder lexislativo vulnerando o principio democrático de separación de poderes. Todo isto para protexer e favorecer unha vez máis os intereses dun grupo empresarial, por enriba da propia legalidade e por suposto moi por enriba dos intereses dos galegos e galegas.
 
  Pero o papel xogado polo PSOE e polo BNG neste caso, non deixa de ser xa non incoherente que tamén, senón máis ben esperpéntico. Unha e outra vez atopamos a estos dous partidos, como comparsa necesaria para as propostas "comerciais do PP" respecto REGANOSA. Caso sorprendente o do BNG que co caso ENCE tivo unha posición, dicindo que o PP defendía os intereses dos grupos empresariais, pero co caso de REGANOSA, a súa postura e ben distinta, como ben puidemos ver no último episodio no Parlamento de Galicia.
 
  O día 10 de maio de 2017, como PSOE e BNG coa tan de moda "abstención técnica" favorecían o "mercadeo do PP" sendo valedores dos intereses comerciais dunha empresa privada; xa que coa aprobación no Parlamento Galego para ampliar a capacidade da regasificadora, isto é convertir a Reganosa nun nodo de operacións de gas licuado o que leva consigo aumentar o tránsito de gaseiros no interior da ría, e aumentar a perigosidade da instalación. Unha proposición a do PP que só tivo na súa contra a oposición do grupo parlamentar de En Marea. 
 
  Dende a Xunta de Galicia insisten unha e outra vez en buscar parches para facer rendible proxectos como o de REGANOSA, tentando atopar unha saída sostible e rendible para unha instalación escasamente rendible, en lugar de apostar por enerxías limpas e sostibles. 
 
  A instalación da planta de Reganosa no corazón da Ría, non só é perigosa, tamén é insostible ambientalmente xa que xerou prexuízos certos para os bancos marisqueiros, polo verquido de auga ao mar a unha temperatura distinta da ría logo do proceso de refrixeración matando o placton que a base da biodiversidade e que está afectar aos bancos marisqueiros e de pesca.    Pero iso non importa aos grupos PP, PSOE e BNG que prefiren seguer blindando unha instalación escasamente rendible por favorecer os intereses certos do Sr Tojeiro.
 
Consecuentemente,  FeC proporá ao Pleno Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno galego a realizar todas as accións oportunas para conquerir o desmantelamento da planta de gas de Reganosa no seu actual emprazamento.
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno galego a denunciar o convenio asinado en tempos de Manuel Fraga e saír do accionariado da planta.
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno da Xunta a facer público o expediente sobre planificación do solo, análise de riscos previos á decisión e as achegas veciñais duranto o proceso segundo prescribe a Directiva Europea 96/82 CE.
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno da Xunta e ao goberno de España que acate que cumpla as sentezas do Tribunal Supremo e repoña a legalidade vulnerada.



--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995



 

Toxos e Froles- Letras Galegas

 
 
TOXOS E FROLES
 
LETRAS GALEGAS- 2017
 
 
 
  

 
 
 
Actuación do REAL CORO TOXOS e FROLES  polas  Letras Galegas-2017  no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero .-

 

 

15.5.17

Letras galegas- Toxos e Froles-2017.


 
  
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño convida a cidadanía a actuación de musica galega do REAL CORO TOXOS E FROLES dentro da programación FERROL A ESCENA-2017 e celebrar as LETRAS GALEGAS-2017 no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO este vindeiro venres-19 ás 19 horas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- Saúdos .-
 
  

Previos Foro Cívico Maiores- Río Xubia.-

 
 
 
 
FORO CÍVICO
 
DE
 
PERSOAS MAIORES
 

 
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño convida a cidadanía a participar na seguinte xuntanza preparatoria do FORO CÍVICO de PERSOAS  MAIORES organizada pola concellería  de Participación  Cidadá  do Concello de Ferrol no local social da Rúa Río Xubia este vindeiro Venres-19 ás 17,30 horas.
 
 
 
 













 Previos Foro Cívico Maiores.( Imaxe da xuntanza celebrada na Asociación veciñal de San Xoán)


 

Teatro Solaz Moraima.

 

 Teatro Infantil
MORAIMA
 
 
 

 
 
 
 
 

"Ferrol coas Irmandades da Fala" sábados de abril.-

 
"Ferrol coas Irmandades da Fala" sábados de abril.-



O Concello celebra o centenario da Irmandades da Fala de Ferrol (1917-2017) cun roteiro todos os sábados de abril para divulgar a memoria da cidade e recuperar a súa autoestima

O Concello de Ferrol anima á cidadanía a participar nesta ruta urbana que comeza este sábado 1 de abril ás 17 horas desde a praza de Amboaxe. Repetirase todos os sábados de abril (1, 8, 15, 22, 29). "Ferrol coas Irmandades da Fala" está deseñado en sete paradas que veñen resumidas nunha pequena publicación realizada para o evento. Trátase, deste xeito, de contribuír desde o concello á celebración dos 100 anos das Irmandades da Fala e pór en valor a cidade e o papel ás veces descoñecido, pero ben importante, que tivo Ferrol no seu nacemento. Foi un 15 de abril de 1917 cando se funda a Irmandade da Fala de Ferrol. O Concello quere converter este abril de 2017 no mes das Irmandades.

  1. No uso do galego latexa a nosa liberdade. Nesta parada inicial reivindícase a primeira vez que se usou a lingua galega de forma íntegra en Ferrol nun acto público. Foi o 11 de Febreiro de 1917 no Salón Amboaxe, un antigo cine situado no colexio dos Mercedarios. Pronunciounas Antón Vilar Ponte. O 15 de Abril dese mesmo ano, logo deste acto, fican constituidas as Irmandades de Ferrol, con Xaime Quintanilla como conselleiro primeiro.

  2. Xaime Quintanilla, irmán da fala. A segunda parada do roteiro reivindica o papel do ex alcalde como principal dinamizador das Irmandades na cidade e fundador da editora Céltiga. Lémbrase, por tanto, a súa casa como punto de encontro da intelectualidade ferrolá, onde mantiña un faladoiro no que participou o propio Carvalho Calero.
  3. Toxos e Froles, fachenda das nosas raíces. Malia que semelle todo dito sobre o coro, cómpre facer fincapé en que é pioneiro como coro do proletariado e na incorporación da muller ao mesmo, no período 1020-1923, durante o que ingresaron cinco mulleres, entre elas a actriz Pilar Suárez.
  4. El Correo Gallego contra o galego. Desde a Rúa Real 181, o director de El Correo Gallego bufaba contra as Irmandades. O xornal chegou a publicar que «defender os intereses galegos era un crime de lesa patria». Coa lingua por bandeira, porén, inaugurouse o primeiro local das Irmandades de Ferrol na rúa Rúal o 13 de decembro de 1917.
  5. En Ferrol naceu a primeira editora en galego. A Irmandade da Fala fundou Céltiga, o primeiro proxecto editorial no noso idioma. Na súa colección apareceron trece títulos que combinaban os autores da cidade con outros de relevancia no ámbito galego como Castelao.
  6. A Capela Sisitina Galega Bello Piñeiro asina o conxunto mural co que se inaugura o Casino de Ferrol (1925). Unha creación de cento cinco metros cadrados ao que se lle chama a Capela Sistina Galega malia ser pouco coñecida para o público en xeral, incluso nestes tempos nos que a pintura mural está a ter un grande protagonismo social e cultural en case todas as grandes vilas e cidades.
  7. Un teatro para facer país. O teatro Jofre convértese no epicentro do teatro galego. É neste escenario onde se estrean as obras máis importantes das Irmandades da Fala, entre elas: Donosiña, de Xaime Quintanilla, que xa en 1920 tentaba rachar tabús abordando o tema do adulterio feminino.

Todos os sábados de abril ás 17.00h
Praza de Amboaxe
Inscricións 698 157 414