24.12.15

FELICES FESTAS .-

 
 
 
 
 
A Xunta directiva deséxavos
 
unhas
 
BOAS FESTAS de NADAL
 
 
 
FELIZ ANINOVO - 2016
 
 


Felicitacións e parabéns a nosa presi.-


A ferrolá Ana Jesús López, nova presidenta das

 investigadoras galegas.

A docente da Politécnica dirixirá a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia.-
 
La Voz-Ferrol, 19de decembro de 2015.    
 


 
 
A ferrolá Ana Jesús López é a nova presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) de Galicia. Esta docente da Politécnica Superior do campus de Esteiro xa é a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero dá Universidade da Coruña e tras a súa elección manifestou que coa creación da rama galega da AMIT pretende  «dinamizar a actividade dá asociación e contribuír a conseguir a plena igualdade dás mulleres galegas nos eidos dá ciencia e dá tecnoloxía».
 
O obxectivo principal desta asociación pasa por crear iniciativas encamiñadas a lograr a plena igualdade das investigadoras nas aulas e na empresas, así como incrementar o número de mulleres en todos os ámbitos da ciencia.
 
 
 
 
-La Voz de Galicia.-


 

28.11.15

Teatro Oquetiqueiras - 27 Nov-2015 .-

- OQUETIQUEIRAS TEATRO -
 
 Estrea da obra teatral SELFIE no Centro Cultural Carvalho Calero este pasado venres, día 27 de novembro, dentro do programa FERROL ESCENA-2015 da concellaría de cultura de Ferrol.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



- OQUETIQUEIRAS TEATRO -


- Saúdos .-

26.11.15

TEATRO - Carvalho Calero - venres-27



 
 


 - OQUETIQUEIRAS - TEATRO -




Esta Xunta directiva da Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, convida a veciñanza a unha obra teatral "SELFIE" do Grupo Teatro Bazán "OQUETIQUEIRAS" este vindeiro venres-27 de novembro ás 20 horas no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero aberto a toda a cidadanía.


 

Esta actuación corresponde a programación cultural Ferrol a Escena-2015 da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol e organizado por esta Asociación veciñal do Inferniño.


 
Saúdos


- A Directiva.-

 

11.11.15

Solidariedade ANPA Recimil.-


O Inferniño reclama as dúas unidades de

tres anos do colexio de Recimil.-

  Traslada o seu apoio ás familias e ao ANPA.-

   La Voz Ferrol.
   11 de novembro de 2015.     

Publicidad
  A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño traslada o seu apoio ás familias e ao ANPA do colexio de Recimil «pola súa determinación na defensa dás unidades educativas de infantil de 3 anos e denunciar ou agrupamento de alumnado coa conseguinte perda de profesorado e calidade educativa». Reclaman á Consellería de Educación que devolva ao centro as anteriores dúas unidades e os medios educativos.
 
- La Voz de Galicia .-
--
 

Recortes ensino público -CEIP Recimil.-



    RECORTES ENSINO PÚBLICO – 
 
           Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, manifestamos o noso apoio as familias e ANPA       do Colexio RECIMIL pola súa determinación na defensa das unidades educativas de infantil de 3        anos  e denunciar o agrupamento de alumnado coa conseguinte perda de profesorado e calidade educativa.  Esta Xunta directiva entende que as medidas adoptadas pola Consellaría de Educación son continuación das políticas de RECORTES da Xunta de Galicia, quedando xa demostrado o dano causado ao Ensino público. 
  •             Nos sumamos as denuncias da ANPA RECIMIL xa que estas medidas da Administración afectan a  parte da veciñanza e soci@s da Asociación deste barrio do Inferniño por ser a zona de influencia educativa infantil pública. Lembramos que esta Asociación veciñal  ten nas súas reivindicacións a defensa do ensino público de calidade e universal e a sanidade pública polo que continuaremos a denunciar estas políticas de RECORTES como a principal causa de degradación na calidade educativa pública.
     
                A decisión da Administración galega de eliminar un grupo de alumnado de 3 anos, agrupando a todos nunha única unidade,  significa a supresión de profesorado e medios de apoio polo que esta decisión da Consellaría vai a perxudicar claramente a calidade educativa do ensino público.
     
                Expresamos a nosa solidariedade e comprensión coa Xunta Directiva da ANPA RECIMIL e as/os representantes de NAIS e PAIS do Consello Escolar do centro pola decisión de presentar as súas  DIMISIÓNS en bloque motivado a falta de apoios nas súas reivindicacións por parte da dirección deste CEIP RECIMIL.
                Esta Asociación veciñal do Inferniño, pide unha RECTIFICACIÓN da Consellaría de Educación e da Dirección do CEIP RECIMIL co obxecto de devolver ao centro as anteriores dúas unidades de educación infantil de 3 anos e medios educativos.
     
                Ferrol, a   de novembro de 2015.-
  • A directiva .-



--
 

29.10.15

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA .-

 


-      CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

-    29 de Outubro de 2015 -

  

Benquerido/a  socio /a ;

 
        A Xunta directiva CONVOCAVOS a celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA o vindeiro día 29 de Outubro ás 19 h. en primeira convocatoria e ás 19,30 horas na segunda no local social desta Asociación.

 
                                      Orde do día

 
 
1 .- Lectura e aprobación da ACTA  Asemblea Ordinaria anterior.

 
2 .- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL .-

 
3 .- Previsión programa ACTIVIDADES-2015.

           
4.- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio-2014. 

     
                5 .- Previsión económica deste exercicio 2015.
 

 6 .- Suxestións e preguntas.

 
       

                Ferrol, a  19  de  Outubro de 2015 .-



                -  A DIRECTIVA.-

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORD.-


 

- Convocatoria ASEMBLEA EXTRAORDINARIA - 

-    29  de  Outubro  de 2015-


 

 

 

   ESTIMADOS/AS   SOCIOS/AS :

 

   Estamos CONVOCAD@S a celebrar unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA o día  (a continuación da Asemblea Ordinaria), ás  20   horas,  no noso LOCAL SOCIAL co obxecto de renovar os membros da Xunta directiva.

  

                                Orde do día

  

     1 .- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.

 
         2 .- Renovación directivos/as da Xunta directiva. Artigo nº 19.  

                       

                        - PRESIDENTA

- VICE-PRESIDENTE

- SECRETARIO       

                        - TESOUREIRA

                        - VOGAIS PARES

                       - VOGAIS IMPARES

 

                Ferrol, a  19 de  Outubro de  2015.-

 

CURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL .-

 
 
Comunicamos que continuamos a organizar un Curso de Fotografía Dixital e Photoshop impartido por María Loureiro Sanjuán para o vindeiro mes de Decembro, no local da Asociación veciñal O Rosario-Inferniño (fronte a parada de taxis- Praza Inferniño), equipados con vosas cámaras dixitais.





Saúdos

- A directiva.-




--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

As condolencias polo pasamento de Luis Matalobos .-




Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño expresamos as nosas condolencias a súa familia e amigxs polo pasamento do activista social LUIS MATALOBOS.

Na súa lembranza, destacamos a súa perseverancia e loita contra as inxustizas e desigualdades na consecución dos dereitos sociais nun mundo máis xusto e solidario.



- Xunta  directiva .-
 








--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Teatro de INTERACTIVO INFANTIL de SOMBRAS - SOCIALIZ ARTE .- venres-23 OUTUBRO.-


Esta Xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, CONVIDA a veciñanza e público INFANTIL a un OBRADOIRO INTERACTIVO da Compañía
SOCIALIZ ARTE este Venres, 23 de Outubro, a partir das 18 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

Esta actividade as Artes escénicas forma parte da programación Cultural FEROL A ESCENA-2015 da concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.



 

- A Directiva.-



 

16.6.15

IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK



 
 

 
 
 A Directiva da Asociación Vecinal O ROSARIO- INFERNIÑO , CONVIDA a veciñanza ao IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK deste ano 2015 no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.


 
 
 
- VENRES-19 a partir das 20 horas.
 
 

- Actuación do Grupo de Música CHICULATE.

 
 
 
ESCOLA de GAITAS " De XIRITÉ "



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- Saúdos
 
- A directiva .-

INFERNIÑOFOLK-2015 .- BERROS DO CASTRO.-

 
 
 
 
 
IV FESTIVAL
 
- INFERNIÑOFOLK -
 
 

 
 
- GRUPO MÚSICA TRADICIONAL GALEGA -
 
- BERROS DO CASTRO .-
 
 

9.6.15

IV INFERNIÑOFOLK .-



 
 
 
IV FESTIVAL
INFERNIÑOFOLK


 


Cartaz anunciador do IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK deste ano 2015 no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.


- VENRES-12 a partir das 19 horas.


- Actuación do Grupo de Música BERROS DO CASTRO.


ESCOLA de GAITAS da ASOCIACIÓN VECIÑAL        do  INFERNIÑO.











Cartaz IV Inferniñofolk .-
 

--

Letras Galegas -2015- Coro Diapasón -

 
LETRAS GALEGAS - 2015
 
 - CORO DIAPASÓN -
 
- CENTRO MAIORES RÍO XUBIA -
 
 - INFERNIÑO -

 
 
 






 
 
 
 
 
 
 













Coro DIAPASON co obxecto de celebrar as Letras Galegas-2015 no Centro de Maiores de Rúa Xubia no barrio do Inferniño.-

 

12.5.15

Actuación Centro MAIORES Inferniño- Río Xubia.




 
ACTUACIÓN MUSICAL
 
CORO  " SONSDODÍA "
 
         
 
 
CENTRO MAIORES
- INFERNIÑO - Rúa Río Xubia.
LETRAS GALEGAS-2015
SÁBADO-16 maio-19 horas
                              

Esta Asociación Vecinal do INFERNIÑO, organiza una actuación musical  de voces - Coro SONSDODÍA - co fin de celebrar as LETRAS GALEGAS -2015 no local do Centro de Maiores do Inferniño -Rúa Río Xubia- este vindeiro Sábado, día 16 ás 19 horas.

Esta actuación forma parte do Programa da Concellaría de Cultura " FERROL ESCENA 2015" deste Concello de Ferrol.

Saúdos


- A directiva .-

 


                 

Nota do CCE sobre a ampliación de Reganosa

 Nota do CCE sobre a ampliación de Reganosa



Ante as noticias difundidas por Reganosa e a Xunta de Galicia sobre unha posible ampliación da capacidade de almacenaxe e regasificación de Reganosa o CCE quere aclarar á cidadanía de Ferrolterra o seguinte:
A demanda de gas para a xeración eléctrica e para consumo convencional está en descenso continuado desde o ano 2008. A produción anual da planta de gas de Reganosa ven diminuíndo progresivamente desde a súa posta en funcionamento (informe de Enagas 2014). O ratio de utilización da planta de Mugardos segue diminuíndo cada ano. De feito durante o ultimo ano 2014 foi do 28.6%.
A pesares da escasa produción de Reganosa, de que a demanda de consumo de gas non se prevé que suba senón que baixe, os promotores de Reganosa pretenden duplicar a capacidade de regasificación da planta, argumentando unha necesidade ficticia de gas para xustificar un aumento da capacidade de produción. Non hai mais motivo que acadar unha maior retribución fixa, xa que o sistema gasístico do estado español, retribúe ás empresas gasísticas en función da capacidade de produción outorgada, non da produción real.
A Xunta de Galicia do PP como socia de Reganosa, avala a ampliación da planta de Reganosa que non se sustenta en dato algún, inflando a burbulla enerxética, e o chamado Déficit enerxético ( avaliado actualmente en 30.000 millóns de euros): unha estafa á cidadanía que fai que paguemos a enerxía mais cara de Europa.
As empresas do sector enerxético, coa complicidade dos gobernos veñen realizando a construción de infraestruturas enerxéticas, lonxe de calquera tipo de planificación razoable, sumando unha capacidade de xeración eléctrica que duplica as necesidades do pais e deberán ser pagadas pola cidadanía. Segundo estudosos do tema, o volume de beneficio do oligopolio das 5 empresas enerxéticas nos últimos 10 anos, acada os 40.000 millóns de euros.
A planta de gas de Reganosa é unha instalación ilegal (segundo sentencia do Supremo de Maio de 2012), perigosa porque ameaza a vida de miles de persoas e innecesaria, porque nos custa perto de 60 millóns de euros/ano, de déficit contable. Dende a súa posta en funcionamento levamos pagado 500 millóns de euros: a pretendida ampliación suporía o incremento do custo para nós, cidadáns e cidadás debido a que o déficit da instalación tamén aumentaría.
A Xunta de Galicia de Feijoo, un dos artífices do desmantelamento industrial (sector naval) que conducíu a que ésta sexa a comarca de máis paro de Galicia, acorda subvencionar a Reganosa. Hai que lembrar que un dos socios principais, Gas Natural-Fenosa, constrúe os gaseiros en Asia. A Xunta de Feijoo é co-responsable, xunto ao Grupo Tojeiro, da destrución ambiental da nosa Ría. Agora autoriza a ese mesmo grupo industrial a seguir envelenándoa con decenas de miles de toneladas de verteduras sen depurar (Forestal do Atlántico), e a utilizar fraudulentamente un sistema de regasificación nocivo (Reganosa) e non previsto no proxecto..
A planta de gas de Reganosa constitúe un caso flagrante de corrupción politico- financeira, unha estafa á cidadanía. A impunidade destes grupos económicos só é posible pola complicidade de institucións como a Xunta de Galicia e do goberno central. Esta instalación incumpre a normativa máis básica de seguridade industrial e medioambiental, os problemas que formula son insubsanables, por iso o CCE esixe o desmantelamento da planta de Reganosa.
A pretendida xustificación dun novo negocio do GNL como é o bunkering a barcos que navegan cara as zonas ECA é unha manipulación clara debido ás dúbidas que os armadores están manifestando para substituír os combustibles tradicionais polo GNL, e en calquera caso si fose exitosa no futuro esta alternativa de propulsión supoñería un maior tráfico de gaseiros cargados pola ría aumentando consecuentemente os riscos para a cidadanía.
É unha irresponsabilidade que o conselleiro de industria e o presidente de Reganosa, anuncien tamén a posibilidade no futuro da navegación pola ría de Ferrol de calquera tamaño de buques gaseiros, incluíndo, supoñemos, os de tipo Q-max e Q-flex, xa que a perigosidade que agora xa supón a navegación de gaseiros cargados, calquera situación de risco en relación á marea, veríase incrementada ao navegar buques de maior tamaño. O desprezo pola vida e a seguridade da poboación da nosa ría de Ferrol é patente con estas declaracións.
Ferrol a 1 de Abril de 2015




--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995


 

Curso Fotografía.- Maio-2015



19.2.15

Curso FOTOGRAFÍA -CÁMARA REFLEX DIXITAL.-

   
 
 

Esta Asociación Veciñal do Inferniño, informa que imos a colaborar na organización dun Curso de FOTOGRAFÍA  - Iniciación de Cámara REFLEX Dixital e Photoshop impartido por María Loureiro Sanjuán - licenciada en Belas Artes- no noso local do Inferniño a partir do mes de Marzo.

Os horarios serán os Venres e Sábados en diferentes grupos dun máximo de 8 membros coas vosas cámaras e ordenador portátil.
 
Os grupos conformaranse por orde de Inscrición.
 
 
 
Saúdos.


- A directiva.-


   

29.1.15

Goberno - Modificación plano especial Centro Comercial Inferniño.-


O Plan Especial de Porta Nova 

modificarase para abrir o abano

de usos no centro comercial

REDACCIÓN FERROL
 Actualizado 29 xaneiro 2015 -                                 

 
 
 
 
 
                                          
                                           
El cambio se aprovechará para corregir algún desajuste actual          j. meis
                                                           
                                                     
 REDACCIÓN FERROL |
Actualizado 29 Xaneiro 2015 -

 O cambio aproveitarase para corrixir algún desaxuste actual j. meis
 
  O goberno local está traballando nunha modificación puntual do Plan Especial elaborado no seu día con motivo da construción do centro comercial Porta Nova "hai 25 anos" para corrixir algunha anomalía que se rexistra na situación actual das instalacións pero tamén para abrir o abanico de usos de face a unha próxima licitación da xestión das mesmas.
   Segundo explicou o responsable municipal de Urbanismo, Guillermo Evia, a redacción desta modificación está xa en proceso de licitación por un importe de 32.670 euros, e de feito abríronse xa todas as ofertas e existe unha proposta de adjudicación, polo que esta realizarase de inmediato, con toda probabilidade en febreiro, nunha reunión da Xunta de Goberno Local. O documento, unha vez redactado, terá que ser aprobado polo pleno.
   Na parte que se refire á corrección da anomalía existente na actualidade ?que ao parecer garda relación coas superficies destinadas a supermercado e aparcamiento, aínda que Evia non confirmou este extremo?, o concelleiro de Urbanismo indicou que se trata dun problema que arrinca do momento en que comezou a funcionar o centro comercial e que o goberno optou por corrixilo ?no canto de mirar para outro lado? como se fixo nos últimos anos.

  Outros servizos-
 
    Pero, ademais, a modificación incluirá un cambio de usos e alteracións na distribución das superficies para axustar o Plan ás novas necesidades. Sobre esta cuestión, o concelleiro de Patrimonio, Alejandro Langtry, precisou que se trata de ofrecer a posibilidade de instalar en Porta Nova outros servizos á marxe dos comerciais, respondendo así a demandas que na actualidade suscítanse neste tipo de establecementos, como ximnasios, oficinas de determinadas axencias, etc. Trátase de buscar a viabilidad e de non limitar os usos, aínda que seguirá sendo un centro comercial, precisou, e engadiu que deberá ser "o mercado o que diga que interesa poñer aí".
 
  Langtry sinalou tamén que se deixará aberta a posibilidade de realizar unha redistribución da superficie con respecto ao que existe na actualidade por si a empresa que vaia a gestionar o centro quere efectuar algún cambio neste sentido. O edil insistiu en que a intención desta modificación é que non haxa demasiadas restricciones para que, cando se aborde a licitación da xestión, haxa interese por estas instalación.

 

- Diario de Ferrol.-


14.1.15

Outro Peche Biblioteca Municipal Inferniño.-





                     BIBLIOTECA INFERNIÑO –
             C.C. MUNICIPAL CARVALHO CALERO
 
      A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, denunciamos, unha vez máis, os continuos PECHES da BIBLIOTECA  do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
    Expresamos a nosa queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento de apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta para estudantes.
 
              Parécenos moi grave a falta de resposta das concellarías municipais de Cultura e  
        Persoal ante a obriga de dar solución a este servizo co fin de que a cidadanía poda usar 
        este referente cultural.
     
   Esta Xunta directiva da A. Veciñal O Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA, ampliando horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as en xeral.
Por todo isto, pedimos a APERTURA da BIBLIOTECA MUNICIPAL do INFERNIÑO, acompañadas de medidas de asignación de persoal cualificado e permanente para atender estas instalacións culturais.
 
Ferrol, a 13 de Xaneiro de 2015.-


 
- A directiva .-



--