11.5.16

Letras Galegas-2016 - Grupo Rosas .- Centro Maiores Rio Xubia.-


 


   A Asociación veciñal O Rosario do Inferniño informa que o vindeiro sábado, 14 de maio ás 19 horas, celebraremos as LETRAS GALEGAS-2016 coa actuación dun CONCERTO da Asoc. Cultural BRIGANTIA - grupo musical "ROSAS"- con Julia Mª Dopico -bandurria-, José Miguel Calabuig-guitarra y José Luis Mera -rapsoda- no Centro de MAIORES na Rúa Río Xubia do barrio do Inferniño.
 
Foto de Brigantia Asoc Cult.
      Colaboración da Concellaría de Cultura en FERROL A ESCENA-2016  e Servizos Sociais do Concello de Ferrol .

 Entrada aberta e de balde.

 

--
Saúdos

- Directiva .-

6.5.16

Curso fotografìa dixital.

 
- CURSO FOTOGRAFÍA DIXITAL -
 
- PHOTOSHOP -
 

        Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño informa que imos comezar un Curso de Fotografía Dixital impartida por María Loureiro os VENRES ás 17,30 horas no local desta asociación veciñal do Inferniño.



Saúdos

- A directiva .-


--

Info - Asembleas de Barrio.

 
     Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño CONVIDA e fai un chamamento aos soci@s e veciñanza para participar na ASEMBLEA de BARRIO  deste LUNS-18 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVAHO CALERO.

        Esta Asemblea de Barrio está convocada pola Concellaría de Participación Cidadá deste Concello de Ferrol en aplicación ó Regulamento de Participación Cidadá que esta asociación participou tan activamente ate a súa aprobación unánime polo pleno deste concello.

     Animamos a veciñanza a participar no desenvolvemento deste barrio sobre as infraestuturas, programas sociais ou debates de carácter social.

Saúdos


- Directiva .-





--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com