28.2.12

Consello Sectorial de Muller



Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos a nosa preocupación e queixa motivada a tardanza en non recibir respista a nosa petición para estar neste consello sectorial da Muller.

Esta Asociación ten solicitada a súa participación por representación de entidades,  segundo artigo 27.d) do Regulamento de Participación Cidadá no rexistro xeral municipal dende hai tres meses sen que esta Concellaría dea contestación, incumprindo o establecido no Regulamento de Participación Cidadá.

Esperamos que se dea cumprimento a nosa petición e ao propio Regulamento de Participación Cidadá.

Ferrol, a 27 de Febreiro de 2012
- A directiva.-

Biblioteca Municipal do Inferniño.-


BIBLIOTECA INFERNIÑO –
C.C. MUNICIPAL CARVALHO CALERO


       A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, queremos expresar, unha vez máis, a nosa preocupación polo PECHE PROVISIONAL dende hai dúas semanas da BIBLIOTECA MUNICIPAL do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

Expresamos a nosa queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento e apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e dun lugar de uso e consulta para estudantes.

Parécenos moi grave a falta de resposta das concellarías municipais de Cultura e Persoal ante a obriga de dar solución a este servizo co fin de que a cidadanía poda usar este referente cultural.


Continuaremos denunciando a falta de implicación do goberno local con este Centro Cultural por nos privar dunha Programación Cultural  estable e permanente os fins de semana. O goberno terá que decidir se este Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, continuará a ser una sede veciñal para realizar actividades privadas o poderá ser utilizado como referente CULTURAL para a cidadanía.


Esta A. Veciñal O Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.


Por todo isto, esiximos se dea a máxima PRIORIDADE Á INMEDIATA APERTURA DESTA BIBLIOTECA MUNICIPAL e unha PROGRAMACIÓN CULTURAL ESTABLE a ESTE EDIFICIO CULTURAL.



Ferrol, a 27 de Febreiro de 2012
- A directiva.-


Petición apertura da biblioteca.-

A Asociación Veciñal O Rosario critica o peche

da biblioteca do Centro Carvalho Calero.

Martes, 28 de Febreiro de 2012.
 redacción > ferrol .
A xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño emitiu un comunicado no que expresa a súa preocupación polo peche, que se fixo efectivo fai xa dúas semanas, da biblioteca municipal do Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Esta medida, que na nota é cualificada de provisional, é considerada como moi grave pola entidade, que esixe do Concello "que se dea a máxima prioridade á inmediata apertura desta biblioteca e unha programación estable a este edificio cultural".

O Rosario mostra desta forma a súa "queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal" en retomar a normalidade no funcionamento dun recinto xa que, afirman, "trátase dun tema sensible de máxima prioridade cultural e dun lugar de uso e consulta para estudantes". Segundo a organización veciñal, tanto as concellarías de Cultura como as de Persoal estanse mostrando incapaces para dar resposta á situación creada, o que é considerado así mesmo como moi grave.

Ademais de retomar a actividade normal da biblioteca, esta entidade volve insistir na necesidade de que o centro cultural do Inferniño conte cunha programación estable e permanente que inclúa así mesmo as xornadas de fin de semana, horarios en sábado e domingo que esperan incorpórense á biblioteca cando esta volva abrirse.

4.2.12

Convocatoria Asemblea de Barrio- 8 Febreiro

                    
                              - Asemblea de barrio -


Ferrol a 3 de Febreiro de 2012.    



     A xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, informa que para este vindeiro MÉRCORES, día 8 ás 19, 30 horas, vaise celebrar un ASEMBLEA DE BARRIO no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, convocada pola concellaría de Participación Cidadá.

   Animamos a toda a veciñanza deste barrio do Inferniño a participar neste importante evento participativo a título individual así como a todas as entidades veciñais, culturais, deportivas e colectivos sociais co obxectivo de aportar as súas reivindicacións sociais co fin de facer barrio.

   Lembramos que, como outras entidades sociais da cidade, estivemos  traballando dende o ano 2008 na antiga Comisión- GAP (Grupo de Análise e Propostas) no desenvolvemento do novo Regulamento de Participación Cidadá co fin de que a nosa cidade dispuxera desta ferramenta cidadá. Podemos dicir sen ningún reparo que este Regulamento foi cualificado por diferentes especialistas como un dos máis avanzados, vangardistas, horizontais e ambicioso do Estado español polo seu caracter transversal e vinculante nos diferentes procesos e Orzamentos Participativos.

  Corresponde a cidadanía a título individual, maiores de 16 anos, e as entidades sociais do barrio do EnsancheA-Inferniño CONSTITUIR esta ASEMBLEA DE BARRIO e os seus representantes .  Lembramos que segundo o artigo 31 do Regulamento de Participación Cidadá, presidirá esta Asemblea de Barrio o Alcalde ou Concelleiro de Participación Cidadá;  dúas Vice-presidencias, unha nomearase a un representante de asociacións e outra vice presidencia a unha persoa individual elixida democraticamente.

Estas vice- presidencias renovaranse cada dous anos.

- Estas Asembleas terán varias funcións e competencias co fin de fomentar a participación directa na xestión municipal do barrio.

- Promover a colaboración entre as organizacións do barrio e a veciñanza.

- Participar na toma de decisións sobre actuacións e investimentos no barrio, ben debatendo e valorando estas actuacións.

- Informando ao concello do funcionamento efectivo e seguimento dos servizos municipais e necesidades do territorio seleccionando prioridades..

-Elaborando PROPOPOSTAS para implementar proxectos e programas públicos, servizos...

 Solicitar información do Concello dos temas de interese para a Asemblea.

- Reuniranse catro veces ao ano.

- A Presidencia- vice-presidencias prepararán as Convocatorias e Orde do Día.

 - Publicitaranse por todos os medios e web do concello as datas de reunión co fin de que a cidadanía poda presentar propostas.

- Remitiranse ACTAS de todas as reunións as persoas e entidades participantes nun prazo máximo de 1 mes.

- O Concello deberá informar a cada Asemblea das actuacións relevantes no seu ámbito territorial.

- A Asemblea de Barrio elaborará o seu propio Regulamento Interno de Funcionamento, decidido democraticamente.

Como se pode observar o Regulamento de Participación Cidadá permite a plena participación activa da cidadanía na xestión municipal. Esta Asociación veciñal fai un chamamento a toda a veciñanza a participar nesta primeira Asemblea de Barrio do vindeiro MERCORES-8 ás 19,30 h no Carvalho Calero e así fomentar a Participación Cidadá na DEMOCRACIA PARTICIPATIVA a cal debe camiñar en paralelo coa Representación Política.

Esperabamos máis publicidade, cartelería,  prensa  para publicitar este asemblea de barrio ao marxe das convocatorias personais as cales valoramos.

Saúdos veciñais.

-         A Directiva.-


--