17.3.12

Convocatoria Asemblea Ordinaria socios/as

 CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

- 26 de MARZO de 2012 -


Benquerido/a  socio /a ;
        A Xunta directiva CONVOCA aos socios/as para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, no LOCAL SOCIAL (fronte a Parada de Taxis), o vindeiro día 26 de MARZO ás 18,30 h. en primeira convocatoria e ás 19.00  horas na segunda.

                                               Orde do día
    

1 .- Lectura e aprobación da ACTA  Asemblea Ordinaria anterior.

2 .- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL .-

3 .- Previsión programa ACTIVIDADES-2012
           
4.- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio-2011. 
     
5 .- Previsión económica deste exercicio 2012.

6 .- Suxestións e preguntas.



        Esperamos a túa presenza cara o desenvolvemento de noso barrio.



                Ferrol a 12 de MARZO de 2012



                     A Presidenta                                         O Secretario




             Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ -                  Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO         


Convocatoria Asemblea Extraord. socios/as

 

Convocatoria ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

 

26 MARZO de 2012




   ESTIMADOS/AS   SOCIOS/AS :

   Estamos CONVOCADOS a celebrar unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA para o día 26 de MARZO,(a continuación da Asemblea Ordinaria), ás 19 45 horas,  no noso LOCAL SOCIAL co obxecto de renovar e ampliar os membros da Xunta directiva.



                                Orde do día


    1 .- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.

    
     2 .- Renovación directivos/as da Xunta directiva. Artigo nº 19.      
                   
                        - SECRETARIO/A          
                        - VICE-PRESIDENTE/A.
                        - TESOUREIRO/A.
                        - VOGAIS PARES
                 

                Ferrol a 12 de Marzo de 2012.


           
           A Presidenta                                    O Secretario

 


 
             Asdo.  Ana J. LÓPEZ DÍAZ               Asdo. Xosé M. SANXOAN CAAMAÑO        

- Feirón do Inferniño.- Problemas Feiróns- J. Polo-Responsable de Mercados-

 Problemas no feirón do Inferniño


17 de marzo de 2012.

 Os conflitos non son patrimonio exclusivo do mercadillo de Recimil.
A pasada semana no feirón do Inferniño, tamén houbo problemas. A asociación veciñal do Rosario-O Inferniño denunciou ameazas por parte dun grupo de comerciantes a un dos seus directivos. A entidade leva anos reclamando ao goberno local que aplique a ordenanza reguladora de mercados, prohibindo os aparcadoiros irregulares e incrementando o control policial. O novo responsable de Mercados, José Polo, asegura non recibir aínda as queixas deste colectivo???.
O edil mantivo xa contactos cos operadores do mercado central, onde está pendente a recolocación dos negocios da nave provisional.



-------------------------

Os veciños de Recimil piden o traslado ou peche do mercadillo



A asociación suxire ao Concello recolocalo na praza de España

 17 de marzo de 2012.

 Os últimos altercados ocorridos esta semana no mercadillo de Recimil esgotaron a paciencia dos veciños. A asociación do barrio asegura sentirse «farta» das molestias dunha feira «masificada» e sobre a que denuncian a «falta de control» municipal. Ata tal punto, que a entidade xa transmitiu ao Concello que o que quere é que se suprima definitivamente a súa celebración. «Cremos que o barrio xa está a sufrir bastante», sinalou o seu presidente, Jesús Casalas. Despois de «varias reunións co Concello nos últimos anos todos os acordos que se alcanzaron incumpríronse». E por iso, defende, «a única solución é a desaparición. Queremos a supresión do mercadillo», sinala tallante.

Iso ou o seu traslado a unha localización alternativa. A entidade xa comunicou ao Concello a súa proposta, case un órdago: a praza de España. Unha opción que, segundo Caselas, non atopou boa acollida no seo do goberno local. «Vese que aquí hai rúas de primeira e de segunda», espetou.




José Polo, novo edil de Mercados


17 de marzo de 2012:



O ata agora concelleiro de zona rural, José Polo, fíxose cargo tamén de forma oficiosa da delegación de Mercados, competencia ata este momento do edil de Servizos Pablo Cal. Segundo fontes municipais, débese á maior dispoñibilidade de Polo, aínda que sempre baixo a supervisión do responsable da área de Medio Ambiente, Guillermo Evia.



 
 
La Voz de Galicia.-