29.1.10

REIVINDICACIÓNS - INFRAESTRUTURAS.-


Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, aplaudimos a decisión do goberno local de facer unha realidade o PARQUE URBANO -(PU-14), no Palco das Animas, tantas veces reivindicado por esta Asociación Veciñal.

Nos congratula que o goberno Local incluíra este PARQUE URBANO no PLAN –E, apostando por unha zona totalmente abandonada, deste xeito animamos o desenvolvemento deste PARQUE e a creación dun HUMIDAL URBANO, xa avaliado polo -IBADER-, institución pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.

Queremos lembrar que presentamos un esquemático proxecto deste Parque durante a anterior campaña electoral aos partidos políticos, co fin de desenvolver, dunha vez por todas, esta parte traseira do barrio do Inferniño o cal desexamos ver nunha realidade para este ano 2010.

XARDÍNS.

Valoramos a vontade por parte do goberno local de construír uns xardíns nas beirarrúas da Travesía Inferniño, pero non entendemos como unha vez máis faise un encerrado de PEDRA afiada con aristas cortantes e perigosas para os máis peques e maiores preto dunha Praza.

Dende hai varios anos estamos reclamando ao goberno o cambio de pedra CORTANTE na Praza do INFERNIÑO nos xardíns por outros menos perigosos e homologados para os parques como granito pulido ou romo, eliminando os actuais con filos cortantes e motivo de varios accidentes dos nenos.

ÁRBORES

Continuaremos demandando a concellaría de Parques e Servizos o cambio destas novas árbores na travesía do Inferniño, por árbores de folla perenne e baixo porte, tipo LARANXEIROS, LIMOEIROS..etc, como así nolo demanda a veciñanza.


- Continuamos denunciando a estancia do mesmo camión- atracción dentro da Praza de forma continuada, para malestar das persoas maiores. Supoñemos que non se produce amiguísmo, habendo convocatoria e concurso publico aberto a todos as atraccións na mesmas oportunidades.

- Demandamos instalar sinalizacións arredor da praza e bandas limitadores de velocidade a toda clase de vehículos a espera de aplicar o plano de mobilidade co obxecto de converter este espazo en ZONA PEONIL nun futuro.

ROTONDA AVDA. DA PAZ

Propoñemos un estudo sobre a viabilidade práctica de construír unha Rotonda na intersección ou cruce da Avenida da Paz e Avda. das Pías e Estrada de Castela.

Nosa proposta consiste en que esta rotonda regule o tráfico rodado na Estrada de Castela en dirección a Ferrol, Narón e entrada ao barrio do Inferniño e Avda. das Pías para o cal deberán realizarse os correspondentes informes técnicos de seguridade vial.

LOCAL SOCIAL

Lembramos que aínda estamos sen LOCAL, falta de acondicionamento, acordado por Xunta de Goberno e comisións para ceder a esta Asociación Veciñal.
Pedimos SERIEDADE e RESPECTO cos compromisos.
Non aceptamos remendos de última hora e lembramos que informes dos técnicos son desfavorables por incumprir toda norma de habitabilidade ante a obviedade de ser un local raquítico que non se pode DIVIDIR para dúas entidades.


Ferrol, a 26 de xaneiro de 2010



A Presidenta O Secretario



Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

No hay comentarios: