1.2.14

Peche biblioteca e ocupación da Praza do Inferniño.-


 


  A asociación vecinal do Inferniño denuncia a ocupación ilegal do espazo público de lecer por camións de feira e o peche da biblioteca municipal do barrio

A asociación vecinal  do Inferniño denuncia a ocupación ilegal do espazo público de lecer por camións de feira e o peche da biblioteca municipal do barrio

         


Peche da Biblioteca pública do Inferniño,
Centro Cultural Municipal Carvalho Calero



Continuamos denunciando o peche da biblioteca municipal do Centro Cultural municipal Carvalho Calero, que ante a pasividade do goberno local segue privando a estudantes e a veciñanza o uso deste servizo cultural, que lembramos estamos en vésperas de exames da universidade.


A situación agravase  aínda máis pola falta de mantemento e as consecuentes pingueiras que caen enriba desta biblioteca e mesmo as computadoras públicas, ademais doutras salas do Centro Cultural.


Esta A. Veciñal O Rosario - Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.


Por todo isto, pedimos a redacción dun proxecto de ARRANXO dos tellados co fin de abrir ao público esta BIBLIOTECA MUNICIPAL e cubrir as prazas vacantes deste importante servizo cultural.


Ferrol, a 30 de Xaneiro de 2014








Ocupación ilegal do espazo público
de lecer por camións de feira


Enviamos fotos amosando a ocupación da Praza do Inferniño por concesión do concello e a teima do goberno local en privatizar espazos públicos con fins privados.


As persoas maiores están fartas de que lles coloquen camións e atraccións, privándolles do seu dereito a permanecer nestes espazos de uso e disfrute público.


Pedimos ao goberno local que rectifique na concesión de permisos de ocupación de espazos públicos e desaloxe este camións e atraccións a lugares máis discretos.




Ferrol, a 28 de Xaneiro de 2014





 - A directiva.-