27.12.08

GOBERNO E COLABORACIÓN VECIÑAL

O Concello contribúe á dinamización dos barrios colaborando coas AVV

REDACCIÓN > FERROL
O Concello de Ferrol, a través da área de Participación Cidadá, vén de asinar un convenio de colaboración cun total de 25 asociacións veciñais da cidade para contribuír economicamente ao desenvolvemento de iniciativas culturais nos diferentes barrios e parroquias, descentralizando a cultura e achegando a mesma a todos os cidadáns e cidadás.
Neste contexto, o edil sinala que foron as propias asociacións as que decidiron o destino dos fondos no transcurso de varias xuntanzas mantidas o pasado verán coas Concellerías de Cultura e de Participación Cidadá.
E, ao fío, apuntou que a traxectoria artística das entidades e o número de persoas socias; o peso da programación cultural sobre o conxunto de actividades organizadas no último ano pola asociación, ou a cooperación interasociativa foron algún dos once factores que se tiveron en conta para seleccionar os proxectos culturais obxecto da achega.
Tamén, o número de actividades propostas no total do proxecto, a poboación destinataria e o territorio que abrangue e o orzamento xeral solicitado.
E mesmo o impacto das accións deseñadas na dinamización cultural do barrio ou parroquia, o seu carácter innovador e a coherencia técnica. A posta en valor e revitalización do patrimonio cultural galego e ferrolán e a densidade da oferta cultural foron outras das cuestións que o equipo técnico atendeu.
Respeto dos proxectos incluídos no convenio, Manuel Santiago explicou que van dende a edición de revistas, a celebración de xornadas culturais ou a posta en marcha de cursos e actividades formativas. Tamén accións encamiñadas ao mantemento daquelas tradicións con fonda raigame nos barrios de Ferrol, á posta en valor da riqueza etnográfica e patrimonial e mesmo para o mantemento de obradoiros e escolas.
En definitiva, apunta Manuel Santiago, a medida contribúe dun xeito significativo ao mantemento dun calendario estable de actividades por parte das diferentes asociacións e entidades veciñais da cidade.
Diario de Ferrol.-

REXISTRO DE ENTIDADES CIDADÁS

As asociacións inscritas no Rexistro de Entidades Cidadás accederán á achegas e locais municipais.

REDACCIÓN > FERROL

O Rexistro de Entidades Cidadás de Ferrol permitirá a todas e cada unha das asociacións que día a día levan a cabo accións en favor da comunidade contar cos dereitos que recolle o futuro Regulamento de Participación Cidadá.
Trátase de dereitos tales como intervir nos plenos para expor propostas e iniciativas, asinar convenios de colaboración coa Administración local ou acceder a achegas económicas e subvencións municipais. Así o sinala o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, quen recorda que, para contar con garantías plenas, as distintas asociacións deben anotarse no Concello.
O procedemento é sinxelo: tan só é necesario achegarse ao Rexistro Municipal é recoller a instancia que deberá de ser devolta debidamente cumprimentada xunto coa documentación requirida antes do 23 de xaneiro.
O edil Manuel Santiago explica o obxetivo: mellorar a comunicación e facilitar espazos para a convivencia e o debate.
Ao fío, Manuel Santiago sinala que “dende os anos 80 o listado de asociacións non foi depurado en forma e contidos, aínda que o propio listado é unha obriga para todas as administracións locais, e obra na Secretaría Xeral”. Engade que “agora nos podemos atopar datos de presidencias e enderezos de localización que non sufriron cambios dende 1987”.
Así, explica que “a demanda dunha actualización dos datos xa foi realizada dende os diversos grupos municipais e dende o tecido asociativo máis activo, que descoñece o número e as actividades do resto das asociacións, algunhas do seu mesmo sector ou do seu barrio”.
E, nesta liña, destaca que “o proceso de reforma do Regulamento de Participación Cidadá serviu para poñer en común diversos aspectos da participación, deseñar mecanismos e canles de comunicación co Concello e identificar tamén a necesidade de depurar o rexistro de entidades como un requisito para exercer estes dereitos”.
Ante a consciencia dos datos tan obsoletos deste listado de asociacións, a práctica ate o dagora foi que dende cada departamento e Concellería se fosen actualizando sectorialmente os datos, sen vertelos moitas veces á Secretaría Xeral.
Así, temos diferentes fontes de información descoordinados en Cultura, Muller, Benestar Social, Deportes, Alcaldía-Protocolo... con campos e niveis de detalle diferentes. Unha situación que era preciso variar para que todo o Concello empregase unha soa fonte de información e que esta fonte estivese completa e actualizada.
Diario de Ferrol.-

13.12.08

CLAUSURA DA SEMANA DA CIENCIA-2008






REMATA ESTE ANO -2008 O CICLO DA SEMANA DA CIENCIA COA POSTA EN ESCENA "O NAUFRAGO"DA COMPAÑÍA CIENCIA DIVERTIDA.


--










Comezamos no mes de Novembro cunha serie de charlas relacionadas coa Ciencia dun xeito doado demostrando que estes avances estan moi cerca na vida cotiá.




--




Agradecementos á Consellaría de Industria e Innovación da Xunta de Galicia.
Ao Concello de Ferrol por súa colaboración, Paulino Gasalla, da SGHN; Carlos Alvarez; Profesor da Universidade da Coruña e Luis Puig da Asociación Galega de Profesores de Matemáticas, AGAPEMA.




--







As fotos amosan uns intres divertidos entre os participantes.







---






A Consellaría de Industria e Innovación tamén mandou uns agasallos para os participantes.









--









Momentos da electricidade estática.






--









Estamos preparándonos para o vindeiro ano 2009.





Saúde.

A Xunta Directiva

--

10.12.08

TEATRO CIENCIA DIVERTIDA



Espectáculo de Ciencia Divertida
Teatro:

Os Náufragos


Como broche final das actividades programadas co gallo da Semana da Ciencia-2008, a A.Veciñal O Rosario -Inferniño convidavos o vindeiro sábado-13 ás 19:00 h. centro Cultural Carvalho Calero a todos os nenos e nenas de Ferrol a un divertido espectáculo protagonizado por os disparatados científicos de Ciencia Divertida que espertarán a curiosidade e a imaxinación dos mais pequenos (e dos non tan pequenos) cos experimentos, disparatadas ocorrencias e inventos, destes científicos chifrados que chegan á nosa festa xusto logo de conseguir saír dunha illa deserta onde naufragaron.
Os náufragos, que así se titula o espectáculo, mostraranos como a vida na illa estivo repleta de desafíos e perigos, os cales foron superados cos seus incribles- espectaculares, divertidos, e ás veces absurdos- experimentos.


-Centro Cultural Municipal “Carvalho Calero”
-Sábado, 13 de decembro ás 19:00 h.
-Entrada libre



Ferrol a 10 de Decembro de 2008


asdo. - Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. - Ana J. López - Presidenta