28.12.13
Estrada de Castela - Competencia municipal.
Ferrol
- La Voz de Galicia.-
As estradas de Castela e Catabois pasan
a mans do Concello de Ferrol
O Consello da Xunta aprobou hoxe o cambio de titularidade de ambas as vías
Escrito por:
R.P.P.
FERROL 12 de decembro de 2013 18:10 GMT
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o decreto polo que as estradas de Castela e a de Catabois pasan a ser de titularidade do Concello de Ferrol. Entre ambas suman uns 5,6 quilómetros, integrados no núcleo urbano da cidade, nos que se investiron uns 8,1 millóns de euros para a súa reurbanización, mediante un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello ferrolán.
A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no «Diario Oficial de Galicia». Ademais, deberá asinarse unha acta de entrega e a partir dese momento, o Concello deberá incorporar estas vías ao seu plan de estradas e asumir o seu mantemento.
As vías transferidas son a AC-862 (estrada de Castela) entre os puntos quilómetros do 0 ao 1,580; a antiga C-646 (Ortigueira a Ferrol por Cedeira) en 2,97 quilómetros e a estrada Catabois-Valdoviño (AC-116) do punto ki´ométrico cero ao 1,030.
- La Voz de Galicia.-
--
Fotos Maxia - LORD & JULIT.
Festival de Maxia.
COL. LORD & JULIT
13 Decembro-2013
Programación organizada por esta Asociación vecinal e programa cultural
"Ferrol a Escena-2013".
Centro Cultural CARVALHO CALERO.
11.12.13
Actuación de Maxia Lorc&Juli
A Asociación Veciñal do Inferniño organiza unha actuación de Maxia do Colectivo LORC & JULIT para este vindeiro Venres-13 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
Actuará dentro deste programa o Mago MARTÍN Varela.
M A X I A
Convidamos ao público infantil-xuvenil e familias a esta función artística, en colaboración coa concellaría de Cultura do Concelllo de Ferrol, dentro do Programa de Artes escénica " FERROL A ESCENA-2013".
Saúdos
- A directiva.-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)