27.12.09

CARTEIRO REAL




CARTEIRO REAL



O Concello de Ferrol, infórmanos da chegada do carteiro Real este MARTES, día 29 ás 6 h. da tarde, na Praza do Inferniño.



Todos os nenos e nenas poderán lles entregar as súas cartas dirixidas aos Reis Magos, onde podedes pedir os vosos regalos e xoguetes.



Quedades pois emprazados para recibir ao Carteiro dos Reis Magos.






Saúdos




O Carteiro Real-

23.12.09

FELIZ ANINOVO- 2010



FELIZ ANINOVO - 2010




Estimadas/os veciñas/as;
-A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, desexavos un participativo, fructífero... e FELIZ ANO 2010.

-deseño;
indicalo.
- A Directiva.-

22.12.09

PLATAFORMA POLA VERDADE F. EXTREMADURA







Ferrol Domingo 20 de Diciembre de 2009

Flores e poemas na honra de Erik Noval e Francisco Pérez

Un momento do acto no peirao de Curuxeiras, no que interviu o cabo Gago daniel alexandre

m.f.g. > ferrol

Cerca de cincuenta persoas se achegaron onte ata o peirao de Curuxeiras, no porto ferrolán, para lembrar ós dous falecidos na explosión da fragata "Extremadura", suceso do que onte se cumprían catro anos. Con flores brancas e poemas, a Plataforma cidadá pola verdade da fragata "Extremadura" quixo honrar a memoria de Erik Noval e Francisco Pérez, os dous tripulantes que pereceron no suceso, ó tempo que continuou a reclamar que se esclarezan os feitos.

O acto comezou coa lectura do manifesto "Na memoria dos ausentes". O texto, lido por un dos membros da plataforma, denunciou "o silencio imposto e participado polos de arriba e mal dixerido polos de abaixo", porque as familias e os compañeiros necesitaban saber "como se puido chegar á situación de que sucedera o accidente".

Neste sentido, criticouse "o corporativismo cómplice" que "pretende arquivar baixo sete chaves todo o sucedido", e deman-douse que "se alguén ten que dar conta neste caso que a dean para o honor e a homenaxe dos ausentes que hoxe non están coas súas familias".

O manifesto recoñeceu tamén a actuación do cabo Gago, figura en apoio da cal xurdiu inicialmente a plataforma. "Por pedir responsabilidades pasárono de heroe a villano porque querían taparlle a boca. Non o conseguiron, e o seu clamor fíxose eco na sociedade civil e libre. Pero el pagouno caro coa súa osadía e tivo que irse para a súa casa".

Tras gardar un minuto de silencio polos dous tripulantes falecidos, o acto continuou cunha lectura de poemas. Entre as intervencións destacou a do cabo Gago, que lembrou os seus compañeiros falecidos nun suceso "que nunca debió ocurrir", motivado "por el inhumano proceder de unos cuantos negligentes". "Todas las madrugadas del diecinueve de diciembre que me queden por vivir estaré insomne", asegurou.

Gago agradeceu o apoio dos integrantes da plataforma, ós que cualificou de "caballeros y damas luchadores por la verdad". "Sin vosotros el tema estaría olvidado, estaría podrido en los confines de una oficina de la justicia militar", afirmou.

Entre os asistentes estaba tamén a nai de Erik Noval. Visiblemente emocionada, agradeceu tamén o apoio da plataforma para pedir que se esclarexen as causas do suceso.

Neste sentido, expresou a súa confianza en que, despois de que o Tribunal Supremo aceptase a trámite a súa reclamación contra o arquivo do caso, se investigue o sinistro. "Temos a esperanza de que se investigue, algo que non se fixo ata agora, que se tapou todo", engadiu. Tamén reclamou que se depuren responsabilidades, tanto dos que estaban ó cargo da fragata coma do Estado, en tanto que responsable último do mantemento dos buques.

Para concluír o acto, os presentes en Curuxeiras arroxaron flores brancas ó mar, como ofrenda ós falecidos.

Diario de Ferrol.-

18.12.09





CONCENTRACION SOLIDARIA
Aminatou Haidar



Concentración, en Ferrol, en apoio da activista saharauí Aminetu Haidar e a causa do Pobo Saharaui: Domingo 20 de Decembro

Este Domingo 20 de Decembro, ás 12 do Mediodía, diversas asociacións, organizacións e colectivos, entre as que se encontra Solidariedade Galega co Pobo Saharauí convocan unha Concentración, na Praza de Galiza de Ferrol, diante do Obelisco na cabeceira da Feira do Terceiro Domingo de Mes, para solidarizarnos coa activista saharauí Aminetu Haidar, apoiar as súas reivindicacións e a da causa do Pobo Saharauí.
As organizacións, asociacións e colectivos convocantes, facemos un chamamento para que se sumen á mobilización todas aquelas entidades sociais, sindicais, políticas, veciñais, ... e persoas a nivel particular que compartan e apoien as demandas [*] da activista saharauí Aminetu Haidar:
-Demanda que a devolvan a El Aiún, coa súa familia, cos teus fillos, coa súa xente, ao seu país, o Sáhara Occidental e que as autoridades marroquís respeiten á súa persoa, que sexa tratada con dignidade, que non se violen os seus dereitos e que poda desenvolver ás súas actividades pacíficas en defensa do respecto aos Dereitos Humanos.
-Demanda a intervención inmediata do Secretario Xeral de Nacións Unidas, Sr. Ban Ki Moon, acompañada dunha acción urxente para a súa protección e o seu regreso inmediato ao Sáhara Occidental, entanto que é un Territorio Autónomo baixo a custodia de Nacións Unidas. así como a causa do Pobo Saharaui:
Que se concreta no respeito e exercicio do dereito inalienable do Pobo Saharauí á libre determinación e á independencia, de conformidade cos principios enunciados na Carta das Nacións Unidas e na súa resolución 1514 (XV), de 14 de decembro de 1960, na que figura a Declaración sobre a concesión da independencia aos países e pobos coloniais, xa recoñecido para o Pobo Saharauí por Nacións Unidas en numerosas e diferentes resolucións e declaracións, sendo a súa primeira vez na da Asemblea Xeral, sesión plenaria '2435a', de 10 de Decembro de 1975, resolución 3458 (XXX) e a súa última en 5 de Decembro de 2008, na 64ª sesión plenaria, resolución 63/105.
Para o que é necesario o remate da ocupación por parte de Marrocos, o repeito dos dereitos humanos, facilitar a volta ao seu territorio de todas as persoas exiliadas e refuxiadas, a liberdade das presas e presos políticos e unha situación de paz e liberdade.
En Ferrol a 16 de Novembro de 2009
Até agora as entidades que apoian o acto son:


Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño
Ateneo Ferrolán
Axuda en Acción
BNG
Colectivo Ártabra21
Comissão para a reunificação nacional da Galiza e Portugal
Esquerda Unida
Fuco Buxán A.C
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui


Pendente de confirmar:


Asociación Migratoria de Residentes en Ferrolterra - ASMIREFE
Asociación Veciñal de Esteiro
Colectivo Opaii - Rádio Filispim


Información .- Colectivo Ártaba21.-

11.12.09

INVESTIMENTO DE 200.000 € NO APARCADOIRO.



Portanova Park investirá 200.000 euros

no parking do Inferniño

A empresa iniciará tamén unha nova política comercial


J. Meis Redacción > ferrol


A empresa que se encarga da xestión do aparcadoiro subterráneo do Inferniño, Portanova Park S.L, investirá 200.000 euros en mellorar e pór ao día estas instalacións de titularidade municipal.
O concelleiro de Facenda e Patrimonio, Ramón Veloso, e o xerente da sociedade, Ramón Antonio Mateo Nóvoa, deron a coñecer onte o paquete de actuacións que en mes e medio como máximo estarán concluídas, segundo os prazos marcados pola concesionaria.
As obras consisten, fundamentalmente, en mellorar o aspecto do parking, renovar a súa iluminación e instalar nova maquinaria de acceso e control acorde coa normativa vixente, que agora incumpre: novas barreiras automáticas de entrada que substitúan ás actuais que están avariadas dende hai anos, lector de matrículas, emisor de tíckets, caixeiros automáticos, cámaras de vixilancia, etc.
Neste sentido, o xerente de Portanova Park indicou que algunhas destas intervencións xa se levaron a cabo nas últimas semanas. En concreto, referiuse á mellora da iluminación e á limpeza da primeira planta do inmoble, que sofre continuas inundacións.
Labores de pintura e actuacións estruturais puntuais naqueles puntos nos que fose preciso, especialmente en sumidoiros e accesos peonís, completan o paquete de obras que acometerá a concesionaria do aparcadoiro.
O responsable de Facenda e o xerente da adxudicataria explicaron que estas melloras son posibles grazas a que o Concello regularizase o pasado mes de xuño a situación administrativa do aparcadoiro, o que deu seguridade xurídica á empresa.
Portanova Park levaba tempo facéndose cargo do funcionamento do aparcadoiro de propiedade municipal a través dunha cesión encuberta por parte da verdadeira concesionaria da mesma, Gepersa.
Unha situación ilegal que o pleno do Concello corrixiu o pasado mes de xuño.
A inestabilidade dous últimos anos fixo que ou parking non funcionase porque non investíanse en melloras, explicou Mateo Nóvoa.
Agora Portanova Park ten 20 anos de concesión por diante, e entre os obxectivos que a firma márcase nesta nova etapa está a de crear unha zona de dotación para os abonados, ao redor de 70, diferenciándoa da destinada ao resto de usuarios.
Nesta liña, a adxudicataria pretende que as instalacións beneficien preferentemente aos residentes no barrio na que se sitúan. Por esta razón, orientará a súa política de prezos a facilitar, en condicións privilexiadas, que os veciños ocupen prazas en réxime de concesión permanente.
Ademais, a empresa ten a intención de establecer acordos cos comerciantes da zona, en especial cos do Centro Comercial Portanova, e colaborará coas entidades do barrio nas actividades que estas organicen.
Para rematar, o xerente da concesionaria asegurou que se irán mellorando as condicións de traballo dos empregados no parking. Un persoal que se incrementou de catro a cinco traballadores.


Diario de Ferrol.-

10.12.09


Estimados amigos,


Diríxome a vostedes co fin de comunicarlles que o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, quere conmemorar o vindeiro día 10 de decembro o Día internacional dos dereitos dos animais.

Con este fin, organiza unhas charlas dirixidas as Asociacións de Veciños de Ferrol.

As charlas enmárcanse nunha “Campaña de información e sensibilización: refuxio de animais do Concello de Ferrol”.

Os contidos da charla, impartida por un veterinario, serán os seguintes:

· Informar sobre os coidados básicos que precisan as mascotas.
· Dar a coñecer as medidas de convivencia.
· Promover a adopción de animais.
· Dar a coñecer creación dun novo “Refuxio de Animais” en Ferrol.
· Recompilar as propostas dos veciños e veciñas de Ferrol

A actividade terá lugar o vindeiro 10 de Decembro de 2009, ás 17:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero.

A Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos pon en marcha esta campaña desexando que a acollida entre as asociacións de veciños as que vai dirixida sexa boa e positiva.

Esperando contar coa súa colaboración, aproveito para enviarlles saúdos afectuosos.


6.12.09

DÍA DA CONSTITUCIÓN-2009


" DÍA DA CONSTITUCIÓN-2009 "





Acto institucional no Salón de Plenos do Concello de Ferrol coa intervención do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, sobre o significado e interpretación da Constitución.











Representantes Veciñais e membros desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño e membros da Comisión de Control de Participación Cidadá, tivemos a oportunidade de escoitar e departir co Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, neste día da Constitución.











Comentamos esta noticia para comunicar aos nosos socios/as que nosa Asociación Veciñal tamén participa nalgúns actos institucionais do concello, sempre e cando poda a directiva para representala.








Ferrol, a 4 de Decembro de 2009.-



-A xunta directiva .-


2.12.09

LOCAL E FEIRÓN

Ferrol, Mércores 2 de Decembro de 2009

A asociación veciñal O Rosario-Inferniño

non quere compartir(dividir)o seu local social

con outras entidades.

redacción > ferrol-
A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, unha das dúas entidades veciñais coas que conta o barrio do Ensanche A, non quere seguir compartindo local social.
A directiva da agrupación solicitou unha entrevista co concelleiro de Participación Cidadá, Manolo Santiago, para denunciar o que consideran incumprimentos do Concello en canto a dotala dunha sede propia.
Neste sentido, a A.Veciñal recorda que fai aproximadamente dous anos, o Concello acordou cederlles un local, que na actualidade teñen que compartir con outra entidade, o Rácing San Pedro. A asociación do Rosario-Inferniño denuncia que se trata dun espazo tan raquítico que é imposible que albergue dúas entidades, asegurando que esta é tamén a postura dos técnicos municipais.
Ante esta situación, a directiva do Rosario-Inferniño manifesta a súa decepción e incomodidade co goberno local ante o que consideran un cambio de decisión con respecto ao acordo inicial e de novo reclama o uso exclusivo deste local, aínda que a entidade veciñal di que estaría disposto a compartilo coa Escola Deportiva Inferniño.
Por outra banda, desde O Rosario-Inferniño vólvese a denunciar o último mercadillo que tivo lugar o pasada 14 de novembro no barrio.
A entidade achegou aire librfotogafías nas que se aprecian beirarrúas invadidas polos coches e accesos ocupados, ademais de furgóns na pista polideportiva do Inferño.
O Concello informou a esta asociación que a partir do próximo mes de xaneiro o Concello encargarase da xestión deste feirón, agora en mans da AVV do Ensanche A.
A entidade ten ademais o compromiso do Concello de garantir a seguridade cidadá durante a celebración do mesmo cunha patrulla permanente.
Diario de Ferrol.-