18.3.16

ADHESIÓN MOBILIZACIÓNS REFUXIAD@S - MOBILIZACIÓNS.-


 
 
- MOBILIZACIÓN  REFUXIAD@S -
 
 
  A A.Veciñal O Rosario- Inferniño amosamos a nosa ADHESIÓN as MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS por entidades sociais, Foro da inmigración, Marcha Mundial das Mulleres no Edif. da Xunta de Galicia da Praza Porta Nova contra a decisión dos xefes de estado e de goberno da UE que asinen un acordo inmoral e ilegal contra os Refuxiad@s sirios.

  Apoiamos as denuncias das ONG,s Internacionais respecto as políticas da UE e Turquía sobre os REFUXIAD@S sirios por que vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado.

   Esiximos o cumprimento dos Dereitos Humanos e o Estatuto do Refuxiado polo que anunciamos a nosa ADHESIÓN as mobilizacións das entidades sociais e movementos cidadáns este vindeiro SÁBADO-19 ás 19 horas na Praza Amada García da Praza Porta  Nova.


- Xunta directiva.-



 --
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Aparcamento Inferniño- Traballadores.-

 
 
 
 
  • - APARCAMENTO INFERNIÑO –
  •  
     
             A Xunta directiva desta Asociación veciñal do Inferniño expresamos a nosa preocupación  a respecto do Aparcadoiro do Inferniño- Porta Nova Park- instando a que interveña o Concello de Ferrol co obxecto de mediar  no cumprimento desta concesión pública e impulsar este espazo comercial.
  •  
     
         Lembramos que no ano 2012 a empresa concesionaria comprometeuse publicamente a facer un investimento de 200.000 € nestas instalacións para actualizar conforme a legalidade os seus equipamentos e servizos co fin de dotar este aparcamento dun mellor servizo máis atractivo para  a veciñanza.
     
             Parécenos grave as continuas queixas dos TRABALLADORES deste aparcamento no senso de que non se fai efectivo o pagamento das nóminas dos seus salarios. As empresas que son concesionarias do concello deben ser exemplares no cumprimento dos seus deberes e pregos de condicións. Esiximos ao goberno local o cumprimento destas obrigas laborais e cesionarias. 


  •  
      
  •      
  •  Instamos, unha vez máis a INTERVENCIÓN DO GOBERNO LOCAL co fin de  impulsar esta CONCESIÓN PÚBLICA e a empresa faga efectivas as remuneracións que por dereito teñen tod@s @s traballador@s.
     
     
     
  •          Ferrol, a 22 de Febreiro de 2016.-
     
  •  A directiva .-


--