21.7.11

DEMANDAS FEIRÓN DO INFERNIÑO.-

A asociación O Rosario-Inferniño denuncia

a invasión das beirarrúas do barrio por coches .

Xoves, 21 de Xullo de 2011

A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño volveu a denunciar publicamente a invasión das beirarrúas da parte central do barrio por coches e furgonetas os días nos que se celebra o mercadillo.

A entidade recorda as súas reivindicacións de que a xestión do feirón baséase na ordenanza reguladora de venda ambulante de Ferrol e que establece que o Concello será o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas e autorizar os postos de venda ambulante na vía pública, á vez que debe fixar as taxas que terán que abonar polo exercicio da actividade en dominio público.

Por estas razóns, a entidade manifesta o seu descontento con que a día de hoxe "non existe unha xestión por parte desta institución no que se refire a sanidade e consumo, así como a falla de dotar dunha patrulla de policía co fin de preservar a súa seguridade".
 Tamén esixen o cumprimento da ordenanza municipal en canto á ausencia total de vehículos e furgóns durante o feirón, que ocupan habitualmente as zonas de paso peonil e as beirarrúas da contorna da feira.

Diario de Ferrol.-

15.7.11

Fotos concentración entrada gaseiro




CONCENTRACIÓN CONTRA ENTRADA GASEIRO

PLANTA DE GAS - MUGARDOS


Concentración na Praza do Inferniño contra a entrada dun gaseiro na  Planta

de gas de Reganosa en Mugardos.













PLANTA DE GAS

¡¡ FÓRA DA RIA !!

 

Mobiliario Praza Inferniño- Bancadas


Enviamos mostrario fotografico do malentable estado do mobiliario na Praza do Inferniño, neste caso referido as bancadas rotas, desmanteladas ou que faltan de súas ubicacións.

Estas son algunha queixas das persoas maiores que queren disfrutar deste espazo publico, onde nos piden escarecidamente que traslademos ao concello estas importantes deficencias.

Instamos aos responsables de Urbanismo e Servizos subsanen estas deficencias e AMPLIEN o mobiliario nesta Praza do Inferniño.













 


A asociación "O Rosario-Inferniño" recorda ao executivo

local as deficiencias na praza do barrio .


Venres, 15 de Xullo de 2011.-
A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, quere lembrar ao novo goberno local unha serie de deficiencias que observa nesta zona da cidade co fin de que os próximos orzamentos municipais poidan incluír as partidas necesarias para facerlles fronte.

En concreto, a entidade refírese ao mal estado de conservación da praza do Inferniño e apunta, presentando ademais un completo dossier fotográfico, entre outras deficiencias, o estado do palco da música, os servizos públicos con pintadas, o peche de pedra con arestas que poden ocasionar danos, algunhas placas con exceso de cemento, falta de papeleiras na contorna para facilitar a limpeza ou acumulación de augas estancadas ao redor da fonte.

A mellora destes servizos convertería a praza do Inferniño nun lugar máis agradable, sobre todo tendo en conta que se trata dun lugar moi frecuentado diariamente, en especial por nenos.

Diario de Ferrol.-

10.7.11

FEIRÓN E APARCAMENTO INFERNIÑO.-






O Rosario esixe control municipal sobre

o Feirón do Inferniño .




Sábado, 09 de Xullo de 2011

A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño presentou onte no rexistro municipal do Concello dous escritos reclamando ao gobierno local que actúe ante a "ausencia de xestión" do mercadillo do Inferniño que se celebra os sábados e a que se cumpra a legalidade na concesión do aparcadoiro de Porta Nova.

A entidade veciñal invita aos concelleiros do novo goberno a "pasar revista" ao feirón co fin de observar directamente as deficiencias con que conta. Deste xeito, aluden ao caos que supón que os coches e furgóns invadan os accesos á praza, ás beirarrúas e ás terrazas de hostalería.

A A.Veciñal recorda que existe unha ordenanza reguladora de venda ambulante que establece que será o Concello o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas e autorizar postos de venda, ao mesmo tempo que se encarga de fixar as taxas para o exercicio da actividade en dominio público.

Neste sentido, apunta que se produciron avances como o rescate por parte do Concello no cobro destas taxas pero non existe unha xestión municipal en canto ao control da sanidade e consumo así como de seguridade, por falta de Policía Local.

Ante esta situación, a entidade O Rosario esixe que se cumpra a normativa en vigor, que se eliminen os vehículos no feirón, que se fiscalicen os ingresos cobrados pola AVV Ensanche A durante estes últimos 11 anos mediante memorias económicas, ingresos e gastos, que pertencen ao Concello e que se dispoña de funcionarios para estudar os temas de sanidade e consumo e unha patrulla da Policía Local para vixiar a zona.

Ademais destas peticións, a aociación veciñal tamén insta á intervención do novo goberno local para que se faga cumprir a resolución de abril de 2011 relativo ao aparcamento soterrado de Porta Nova, na que se require á firma Portanova Park SA que retrotraiga as tarifas aplicadas aos usuarios.

 A entidade denuncia que se continúan cobrando as tarifas "de forma abusiva", desoindo o requerimento do goberno local.

Tamén pide que  vele polo cumprimento da legalidade desta concesión pública e se abra, en todo caso, unha investigación por se houbese algún exceso baixo aperceibimento de "rescate da concesión".

Diario de Ferrol.-

TARIFAS PARCAMENTO INFERNIÑO

COBRAMENTO TARIFAS APARCAMENTO INFERNIÑO


A Asociación O Rosario- Inferniño, relembramos que o pasado 12 de xaneiro e 7 de Febreiro do presente ano, presentamos un ESCRITO no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Ferrol para denunciar o abusivo cobramento nas TARIFAS da Empresa concesionaria PORTANOVA PARK S.A. – lugar do Centro Comercial do Inferniño.

Nesta queixa informábavos que o cobramento destas TARIFAS presentaban un encarecemento do 12, 5 %  na modalidade mensual e  56 % na tarifa diurna, o cal está moi lonxe do IPC anual.


Con data de Abril -2011 adopta unha RESOLUCIÓN da Concellaría de Facenda e Patrimonio onde establece a SUBSANACIÓN ODS ERROS COMETIDOS POLA EMPRESA ADXUDICATARIA DA CONCESIÓNe con anterioridade de data 4 de Marzo requírese a entidade Portanova Park S.A. RETROTRAER AS TARIFAS APLICADAS AOS USUARIOS.


 Esta Asociación Veciñal, presenta esta nova QUEIXA PARA DENUNCIAR QUE SE CONTINÚA COBRANDO AS TARIFAS AOS USUARIOS DE FORMA ABUSIVA POR PARTE DESTA EMPRESA PORTANOVA PARK S.A., obviando e desoíndo o REQUIRIMENTO do Goberno Municipal.

  


Instamos a INTERVENCIÓN DO NOVO GOBERNO LOCAL PARA QUE FAGA CUMPRIR ESTA RESOLUCIÓN NO COBRAMENTO DESTAS TARIFAS CON EFECTOS RETROACTIVOS E O CUMPRIMENTO DA LEGALIDADE NESTA CONCESIÓN PÚBLICA E ABRIR UNHA INVESTIGACIÓN POR SE HOUBERA ALGÚN EXCESO BAIXO APERCIBIMENTO DE "RESCATE DA CONCESIÓN"



Ferrol, a 7 de Xullo de 2011.



           A PRESIDENTA                                      O SECRETARIO





- Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ-             -asdo. Xosé M.SANXOÁN CAAMAÑO-


  

-         SR. ALCALDE –PRESIDENTE – CONCELLO DE FERROL .-



FEIRÓN INFERNIÑO- INVITACIÓN GOBERNO MUNICIPAL





DEMANDAS FEIRÓN INFERNIÑO


A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, CONVIDAMOS  aos CONCELLEIROS/AS do Goberno Municipal a "visitar" e "pasar revista " a este Feirón do Inferniño este vindeiro SÁBADO, 9 de Xullo-11 pola mañá, co fin de observar, in situ as deficiencias e algún caos que producida ante a AUSENCIA DE XESTIÓN.

Comprobarán o caos de coches e fungóns invadindo os accesos a Praza do Inferniño e as beirarrúas da zona e terrazas co conseguinte  malestar deste sector da hostalería.

Queremos manifestar que nosas continuadas reivindicacións, en canto a  XESTION  deste Feirón do Inferniño están inspiradas na normativa e Ordenanza reguladora de venda ambulante no concello de Ferrol, aprobada polo Pleno do Concello de Ferrol o día 25 de xaneiro de 2001, e publicado no DOP de data 1 de Marzo de 2001.

Dita normativa establece que o Concello de Ferrol será o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas,  autorizar os postos de venda ambulante  na vía pública e correspondéndolle o Concello de Ferrol o exercicio de todas estas competencias, así mesmo fixará as TAXAS que terán que aboar polo exercicio da actividade en Dominio Público.

Será o concello quen controle as persoas autorizadas a realizar a  venda ambulante previa Alta de Seguridade Social, estar ao día nas obrigas fiscais ou Facenda Pública, Póliza de responsabilidade civil, cumprimento nos requisitos sanitarios, rexistro de comerciantes ambulantes do Concello de Ferrol e a definitiva AUTORIZACIÓN MUNICIPAL.

Os feirantes exporán en lugar público e visible unha TARXETA que conterá a foto e identidade do Titular, modalidade de comercio ambulante e tipo de venda autorizada, selo do negociado de Sanidade e Consumo.

Feitas todas estas observacións, pensamos que se realizaron certos avances importantes como foi o RESCATE por parte do concello no COBRAMENTO das taxas deste feirón do Inferniño.

Tamén expresamos o noso descontento afirmando que a día de hoxe NON EXISTE UNHA XESTIÓN POR PARTE DESTA INSTITUCIÓN no que se refire ao control da SANIDADE E CONSUMO así como a falla de dotar dunha PATRULLA DE POLICÍA co fin de preservar a súa SEGURIDADE.

 Por todo isto:

1 .- Esiximos o cumprimento da normativa e Ordenanza en vigor en canto a XESTIÓN e CONTROL do Feirón.

2 .- A ausencia total de vehículos e furgóns durante o Feirón.

3 .- Investigar e fiscalizar os ingresos cobrados pola A.VV. Ensanche A durante estes últimos 11 anos mediante a comprobación e presentación de memorias económicas, ingresos e gastos. Estes ingresos pertencen ao Concello de Ferrol.

4 .- Os CARTEIS informativos deben conter publicidade do Concello de Ferrol, cesando os carteis e publicidade do Ensanche A.

5.- Funcionarios do concello en temas de SANIDADE e CONSUMO.

6 .- Patrulla de Policía Municipal.


Ferrol,  a 7 de Xullo de 2011



          A Presidenta                       O Secretario


 Ana J. LÓPEZ DÍAZ      Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO