12.1.10

XESTION FEIRÓN

A asociación do Inferniño demanda

melloras na xestión do feirón

A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño reclamou o «cumprimento estrito» da ordenanza de mercados municipais no feirón do barrio.
Por mor da denuncia da entidade, o Concello rescatou recentemente a xestión do mercadillo, pero no celebrado o pasado fin de semana a entidade advertiu incumprimentos dos acordos aos que chegaron con responsables municipais.
Demandan a presenza «estable e permanente» dunha parella da Policía Local, que non permita invadir cos coches as zonas de terraza de cafeterías, o control sanitario dos produtos, a esixencia aos feirantes de mostrar nos postos o cartón de autorización e instaurar o pago anticipado para eliminar o cobro directo de taxas.
La Voz de Galicia.-

No hay comentarios: