27.10.11

NOVA ORDENANZA FISCAL VENDA AMBULANTE.-

 O Concello comezará a aplicar a

ordenanza  que regula  a venda ambulante .

Xoves, 27 de Outubro de 2011.
lorena romeu > ferrol

Os case 450 vendedores ambulantes censados na cidade deberán acollerse en breve á ordenanza fiscal que regula, entre outras cousas, o funcionamento dos postos de venda dos mercadillos. Todos eles recibirán nos próximos días unha carta remitida desde o Concello na que se lles convocará a unha reunión para tratar de explicarlles o contido da normativa. Así o anunciou o edil de Servizos, Pablo Cal, que confirmou que esa cita terá lugar a próxima semana.

O consistorio prevé aplicar en breve a Ordenanza fiscal número 21, na que se regulan as taxas correspondentes a este tipo de postos de venda ambulantes. O documento está aprobado desde fai varios meses pero o actual equipo de goberno aposta polo diálogo cos afectados para tratar de pór en común tanto a situación actual dos mercadillos como as obrigacións fixadas pola administración local para o seu correcto desenvolvemento. É por iso que Pablo Cal asegurou que o regulamento en vigor está aberto a posibles suxestións, para así poder adaptalo ás necesidades daquelas persoas que se dedican á venda ambulante.

Así mesmo, desde o consistorio ferrolán aludiuse á necesidade de delimitar as zonas nas que poden asentarse os postos durante as xornadas de mercadillo e tamén de establecer os lugares nos que queda prohibida a súa localización, entre outros asuntos.

Na ordenanza que regula as taxas dos postos de venda ambulantes especifícase que, dependendo da actividade desenvolvida, a tarifa por instalarse en días de feira nos mercados oscila entre 0,62 e 2,40 euros. Así mesmo, contémplanse taxas dependendo dos medios utilizados para a venda e pola ocupación de dominio público "10,24 metros cadrados ao día".
Censo .-

O Concello de Ferrol dispón actualmente dun censo de vededores integrado por unhas 450 persoas. A cifra de rexistros máis elevada correspóndese coa da feira de Ferrol (que se celebra habitualmente en torno ao terceiro domingo de mes), onde se contabilizan 181 persoas.

Unha cantidade similar, aínda que lixeiramente inferior, é a que se rexistra no mercadillo que cada luns e mércores celébrase nalgunhas das rúas do barrio de Recimil, onde exercen o seu traballo como vendedores ambulantes 143 persoas. Nos casos dos mercadillos do Inferniño (o segundo sábado de cada mes) e de Caranza (o primeiro sábado de cada mes) o censo de vendedores rexistrados é dunhas sesenta persoas. Desde o consistorio apuntouse respecto diso que no barrio de Caranza é a entidade veciñal do barrio a que se fai cargo de xestionar o mercadillo, unha función que agora recaerá no consistorio.

Así mesmo, no Concello de Ferrol existe un rexistro de vendedores ambulantes específico no que se inscriben aquelas persoas que ofrecen produtos de tempada da horta. En total contabilízanse neste documento un centenar de persoas, tal como apuntouse desde o Consistorio pero, aclararon, acoden unha media de trinta persoas a este tipo de mercadillos na cidade.

Á marxe destes dous censos (nos que se rexistran unhas 550 persoas) actualmente poderían localizarse, advirten desde o Concello ferrolán, outros vendedores que non están rexistrados, e sobre cuxa situación especifican que é completamente irregular.

Diario de Ferrol.-

CONCENTRACIÓN - Na defensa da Sanidade Publica



A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, apoia esta mobilización social para este vindeiro XOVES-27, ás 20 h na Praza do Concello , para defender a Sanidade Pública de calidade.

 Denunciamos que non se cumplan os compromisos cos novos centros de saúde, mellora da sanidade publica e cantidades de subvencións para a sanidade privada-concertada .





























Facemos un chamamento a veciñanza para reinvindicar unha SANIDADE PÚBLICA de CALIDADE, que a Xunta de Galicia continúa cos RECORTES, teremosun futuro  Sanidade pública DEVALUADA e RESIDUAL.

ESPERAMOS A TÚA PRESENZA, A TÚA FORZA E DETERMINACIÓN PARA DEFENDER A SANIDADE PUBLICA 

20.10.11

A. Veciñal O Rosario-Inferniño pide PASO de PEÓNS.-


A A.Veciñal O Rosario pide que se repoña

o paso de peóns das rúas Bello Piñeiro e Perú .

Xoves, 20 de Outubro de 2011.


 Asociación de Vecinos do Rosario- Inferniño reclamou que se repoña o paso de peóns na confluencia das rúas Perú e Bello Piñeiro coa estrada de Castela, que consideran imprescindible porque conecta estas zonas coa praza de Ultramar, un lugar especialmente concorrido.

Este elemento de seguridade contribuiría a facilitar a unión entre os ensanches, di a entidade, que teme que non se instale porque as beirarrúas que se están construíndo non teñen reducido o bordo para facilitar o paso de persoas con mobilidade reducida.

Outro dos argumentos que esgrime a asociación é que aos dous lados do cruzamento existen paradas de autobús, xunto co feito de que se non se dispón deste paso de peóns a zona pode converterse nun punto perigoso.

O Rosario recorda que os ensanches levaban 40 anos incomunicados e que só fai tres que se abriu a rúa Perú, polo que demandan que se facilite o paso entre ambos os barrios. O PSOE apoiou esta petición.
 
Diario de Ferrol.-