
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño queremos iniciar algunhas actividades de tipo cultural a vindeira semana no Centro Cultural Carvalho Calero.
Comezaremos ofertando unha actividade musical de GAITA , onde queremos espallar a música de raíz e tradicional, complementándoa coa MUSICA FOLK ou máis actual do País.
Esta clase contará de forma didáctica coa comprensión de solfexo e comprensión básica de música a través da partitura, dirixida esta actividade a todas as idades por grupos de iniciación e práctica musical.
A Concellaría de Cultura nos facilitará un espazo no Centro Cultural MUNICIPAL "CARVALHO CALERO", para desenvolver esta actividade cultural.
Saúdos
Ferrol a 7 de Xaneiro de 2010
Asdo. Ana J. López – Presidenta / asdo. Xosé M. Sanxoán – Secretario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario