31.3.10

RESCATE DA XESTION - FEIRÓN INFERNIÑO.-

O feirón mensual do Inferniño pasará

a ser de xestión municipal a partir de maio

O Concello de Ferrol farase cargo a partir do mes de maio da xestión do feirón mensual do Inferniño, do que ata agora se ocupa a asociación de veciños do Ensanche A.

Este labor foi duramente criticada en distintas ocasións pola asociación veciñal do Rosario-Inferniño, que reclamaba que a xestión fose municipal e denunciou incumprimentos da ordenanza que rexe a venda ambulante en Ferrol.

Desta forma, segundo o Concello «regularízase» un mercadillo que naceu hai once anos por iniciativa da entidade veciñal do Ensanche A e a petición dun grupo de vendedores ambulantes para revitalizar a actividade económica e social no barrio.
O goberno municipal ten previsto aplicar unha nova redistribución dos postos existentes, de maneira que entorpezan o menos posible o tráfico e o estacionamento. Así mesmo, elaborouse un novo censo co que incorporarán uns 40 postos aos 130 xa existentes.
La Voz de Galicia.-
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Mércores 31 de Marzo de 2010
O Concello asumirá a xestión do
feirón do Inferniño desde o mes de maio
redacción >ferrol
Os concelleiros de Facenda, Ramón Veloso, e Mercados, Rafael Fernández, informaron onte de que a partir do mes de maio o Concello asumirá a xestión do feirón do Inferniño, que se celebra cada segundo sábado de mes.
Deste xeito, coa colaboración da entidade veciñal regularízase a xestión deste mercadillo, que naceu fai once anos pola iniciativa da AVV Ensanche A e dos vendedores ambulantes como vía para revitalizar a zona.
Agora, como explicou Rafael Fernández, faise necesario actualizar a situación e, coa axuda da entidade, distribuiranse en abril circulares para informar dos cambios. Así, o goberno levará a cabo unha redistribución dos postos existentes, intentando diminuír o impacto destes no tráfico e a mobilidade da zona.
Así mesmo, xa se elaborou un novo censo e a día de hoxe iniciarán esta nova andaina uns 40 postos dos máis de 130 que operaban ata agora.
O Concello tamén asumirá o cobro das taxas.
Diario de Ferrol.-

22.3.10

ESTUDOS NATALIDADE NA AREA DE FERROL

Ferrol Domingo 21 de Marzo de 2010

As persoas de 32 anos son o colectivo

máis numeroso na cidade

A natalidade descendeu á metade desde os anos 70
Jorge meis reportaxe de P.R.C.


Se vostede ten 32 anos de idade ha de saber que pertence ao colectivo de persoas máis numeroso de Ferrol, con 1.170 cidadáns.
O grupo de idade máis abundante na cidade naval é, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, o comprendido entre os 16 e os 64 anos, é dicir, o de poboación adulta (48.514 persoas).
Neste mesmo grupo se incriben o segundo e o terceiro posto (os que agora teñen 36 anos e os que teñen 34), o que pon de manifesto que o "baby-boom" ferrolán situouse na segunda metade da década dos 70.
Que naquela época nacesen algo máis de 1.100 nenos demostra que o actual índice de natalidade está moi lonxe de alcanzar esas cotas. En Ferrol hai 472 nenos que aínda non cumpriron un ano de idade e no grupo entre 0 e 15 o total é de 8.632, pouco máis de 500 por ano.
A taxa reduciuse, pois, nestas tres décadas, practicamente á metade. Entre os que aínda son menores de idade, os "mellores anos" no que a natalidade se refire foron 1993 -houbo 625 nacementos-, 2008 -con 594- e 2005 -con 583-.
Por tramos de idade só superan o milleiro de veciños quen teñen entre 29 e 30 anos, de 37 a 39, 41, de 43 a 44, de 46 a 48, de 51 a 55, 57 e de 60 a 64 anos.
No resto de grupos, as cifras non chegan ao milleiro.
O colectivo menos numeroso é o de 65 anos e máis, con 17.217 persoas entre as que son abafadora maioría as mulleres: 10.439 por 6.688 homes.
Cantos centenarios hai en Ferrol? Pois nin máis nin menos que 25, dos que case a metade (11) acaban de alcanzar esta idade. Pero entre quen pasaron o século de vida apenas hai homes, en concreto na cidade residen tres, dúas de cen anos e un de 101.
As máis lonxevas son dúas mulleres de 106 e 104 anos.
Pero os datos que ten rexistrados o Centro de Recursos Informáticos (CRI) ferrolán ofrecen tamén outras cuestións curiosas. Entre elas está que, a pesar de que se adoita dar por sentado que hai máis mulleres que homes, hai tramos de idade en Ferrol nos que sucede o contrario.
Efectivamente as mulleres son maioría no cómputo global (39.397 fronte a 34.876 homes), pero entre os cero e os seis anos son maioría os homes, que tamén predominan nos tramos de idade entre oito e doce anos, de 16 a 21, os de 24 e 25, de 27 a 29, de 31 a 33, 35 e 36, 39 e 40 e 43.
A partir desta idade, a tendencia invístese e xa son maioría as mulleres.
Diario de Ferrol.-

12.3.10

DECLARACIÓN DE BARRIO DO INFERNIÑO.-



DECLARACIÓN DO INFERNIÑO COMO BARRIO.


A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, comunicamos que imos solicitar ao Concello de Ferrol a DECLARACIÓN desta parroquia do Rosario como BARRIO do INFERNIÑO.

Analizadas as distintas singularidades e antecedentes desta zona, afirmamos que esta parroquia do Rosario ten a suficiente ENTIDADE E IDENTIDADE para ser recoñecido como BARRIO do INFERNIÑO.

Como todos sabemos a partir da segunda metade do século XX, a cidade de Ferrol foi crecendo fora de Porta Nova, actual Praza de España, xurdindo o que agora se coñece como Ensanche A, onde a veciñanza se foi organizando co nacemento de dúas PARROQUIAS; SAN PEDRO e O ROSARIO.

Sabemos polos historiadores que a Parroquia foi implantada dende a chegada dos Suevos a Galiza como unha unidade territorial de marcada importancia e gran tradición.

Lembramos que a Confederación Galega de Asociación Veciñais de Galicia (COGAVE), aprobou unha resolución na súa Asemblea Xeral celebrada en Pontevedra, onde recoñecía a relación de Parroquia e Barrio sen caer en ningunha connotación relixiosa.

Nosa pretensión consiste en que O Inferniño debe ter a consideración de Barrio co fin de elixir, decidir ou reivindicar o seu futuro nas relacións sociais e culturais, dende a perspectiva da solidariedade co máis absoluto respecto da legalidade.

Proporemos este debate con campañas informativas e reunións coa cidadanía, entidades sociais, responsables municipais para rematar cunha SOLICITUDE FORMAL DE DECLARACIÓN DO INFERNIÑO COMO BARRIO.

Facemos un chamamento a toda a veciñanza co animo de recibir todo o APOIO para conquerir esta conquista para O INFERNIÑO.

Ferrol, a 4 de Marzo de 2010.

A Directiva.-

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

A asociación do Rosario pide que se

denomine á parroquia barrio do Inferniño

A asociación veciñal do Rosario-Inferniño emprendeu unha campaña informativa para conseguir para a parroquia a denominación de barrio do Inferniño.

A entidade rexeita que se considere Ensanche A tanto á zona da parroquia de San Pedro como a do Rosario pola inconcreción e «confusión» que xera, segundo indicou onte un dos membros da entidade promotora.

Argumentan que un encontro, celebrado hai anos, da Confederación Galega de Asociacións Veciñais de Galicia recoñecía a equiparación de parroquia con barrio sen caer en connotacións relixiosas.
Por iso, reclaman o recoñecemento ao considerar que O Rosario «ten a suficiente entidade e identidade», sen que supoña «ningunha intención de separatismo», sinalou o secretario, Xosé Mel Sanxoán.
A asociación elaborará material informativo e auspiciará reunións coa cidadanía e os responsables municipais conducentes á solicitude formal dunha declaración oficial.

La Voz de Galicia.-

10.3.10

FOTOS VISITA EXPOSICIÓN ALUMNOS/AS CEIP RECIMIL



Visita dos Alumnos/as de 6º CEIP RECIMIL a esta exposición de pintura as Mulleres e a Ciencia no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero.





Exposición de Margarita Cimadevila, profesora e directora do colexio Urbano Lugrís.




Exposición aberta do 1 de marzo ate o 15 de Marzo-10.




















Fotos da visita dos alumnos/as de 6º CEIP RECIMIL, Centro Cultural Carvalho Calero este día 9 marzo-2010.

8.3.10

SOLICITUDE DA VOGALÍA MULLER - CONSELLO DA MULLER.





SOLICITUDE ENTRADA


CONSELLO SECTORIAL MULLER





A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, ten dende hai un ano unha Vogalía de Muller co fin de reivindicar o papel fundamental que está a desenvolver a muller en todos os ámbitos socias, laborais e culturais.



Coincidindo coa celebración do DIA DA MULLER TRABALLORA, notificamos neste día a decisión desta xunta directiva co fin de que estas reivindicacións sexan realizadas todos os días do ano.


Esta Asociación Veciñal e esta Vogalía de Muller, queremos COLABORAR co fin de conseguir maiores cotas de recoñecemento e xustiza social.




SOLICITAMOS:


Que se aprobe a entrada neste CONSELLO SECTORIAL DE MULLER, aos membros directivos e vogalía de Muller desta Asociación Veciñal:



Mercedes SALVATIERRA VENTURA ; Ana Jesús LÓPEZ DÍAZ.

Ferrol, a 8 de Marzo de 2010.



A Presidenta / O Secretario



Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ / asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño

4.3.10

EXPOSICIÓN CIENCIA EX-AEQUO




- EXPOSICIÓN CIENCIA Ex- Aequo -

Esta Asociación Veciñal do Inferniño, dende a nosa VOGALÍA DE MULLER, queremos render a nosa homenaxe as mulleres que foron descriminadas socialmente por esta condición.


A Concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, abreu esta Exposición.
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño en mutua colaboración coa area de Educación do Concello de Ferrol, abriron a exposición de pintura Ciencia Ex- Aequo da autora MARGARITA CIMADEVILA.










Participaron os alumnos/as do IES SOFÍA CASANOVA polo que agradecemoslles o seu interese asi como a colaboración do corpo de profesores/as.












Estará aberta esta EXPOSICIÓNS no Centro Cultural Carvalho Calero do 1 ao 15 de Marzo.













Nesta Exposición se visualizará a relación que hai entre estas obras e os descubrimentos destas científicas de principios do século XX, discriminadas por súa condición de muller











As visitas a sala de Exposicións se sucederán por parte de estudantes de distintos centros escolares e institutos.












A comisaria de Exposición, Ana Jesús López, estará a disposición para realizar visitas guiadas e explicacións.

Solicita-lo ao correo da Asociación.










Cuadros de grande calidade artística e de contido científico.