26.9.12

Cursos - Actividades.-


 
A xunta directiva informa que esta Asociación abre o prazo de inscrición para CURSOS de GAITA, GUITARRA, DEBUXO, INGLÉS.
GAITA.-
Continuamos coa ESCOLA DE GAITAS desta Asociación Veciñal co Mestre gaiteiro Vitor Agulló, con ampla experiencia recoñecida en toda Galicia.
 
- Martes e Xoves de 18,30 h a  20 horas.
     -     DEBUXO INFANTIL
     Fundamentos do debuxo: punto, liña e plano. Teoría da cor. Psicoloxía da cor. Texturas visuais. Composición. Proporcións, (introdución ao retrato e á representación do corpo humano). Introdución á historia das Artes. Introdución ao volume. Creación de esculturas. Reciclaxe. Modelado en pasta de papel.

          METODOLOXÍA

    O taller estaría enfocado dun xeito diferente á tradicional, sen limitarse aos exercicios de sempre con lapis, cores e papel, engadindo técnicas novas e orixinais que chamen a atención dos pequenos, experimentando con xices, cola, tintas, fariña, sal... Faremos tamén exercicios de volume modelando ou ensamblando obxectos. 

Por medio de exercicios prácticos e xogos iremos introducindo os contidos da materia sobre a marcha, aprendendo así a resolvelos.

- Profesora SOFÍA PIÑEIRO –LICENCIADA EN BELAS ARTES

       
DEBUXO ARTÍSTICO ADULTOS.-
  
Contidos de BODEGÓNS –Traballos ó aire libre –modelos, perpectiva.contraste, equilibrio, retrato.
Adestrar o ollo, observar a relidaxde, analizar formas.comprender por medio da LUZ e a SOMBRA.
Adestrar o gusto, estética..
Coa Profesora SOFÍA PIÑEIRO –LICENCIADA EN BELAS ARTES
 
           -      GUITARRA 
 
TALLER DE GUITARRA PARA PRINCIPIANTES.
Obradoiro de GUITARRA para principiantes .
      CONTIDOS
A música e seus elementos principais: harmonía, melodía y ritmo.
A guitarra. Afinación. Mantemento. Acordes. Ritmos.
Lectura musical: aproximación al solfexo y a la tablatura.
Aprendizaxe das cancións.
       Metodoloxía.
Aprendizaxe de acordes maiores e menores.
Aprendizaxe de ritmos.
Aprendizaxe de cancións: lectura de tablaturas y técnica "de oído".
       INGLÉS.-
MÉTODO CALLAN.-
Método de aprendizaxe a través da conversación e comprensión auditiva e estímulo da memoria.
Novo método revolucionario en máis de 25 países con gran efectividade.
Grupos infantís e adultos.
 NOTA.-
Estas actividades serán ofertados para grupos reducidos no LOCAL da Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, agás GAITA que será no Carvalho Calero.
 
Contacto – avvorosario@gmail.com
         Tfno.móbil -  649 024 612
 
 
- A directiva.-
 
 

Sinaturas Praza de España.-

 
 
              RECOLLIDA DE SINTURAS
 
 
de Iniciativa Popular do Concello de Ferrol para preguntar a cidadanía  polo novo proxecto de obrar na superficie da Praza de España cun orzamento de 700.000 €.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Recollida de sinaturas na Praza  de España, este pasado Luns-25 de Setembro.