31.8.10

Rectificación Aparcadoiro Parque Urbano




A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos a nosa satisfacción pola decisión do goberno en rectificar na construción do anunciado APARCAMENTO no PARQUE URBANO do Inferniño - Palco das Animas.




Ante o anuncio de construír ,no seu día, un APARCADOIRO dentro do PARQUE URBANO, achegamos ao Goberno Local as nosas queixas xa que considerabamos unha incongruencia totalmente INCOMPATIBLE cun ESPAZO VERDE.






A comunicación do Concelleiro de Urbanismo confirmando esta rectificación a valoramos como unha acción positiva que vai en beneficio do Parque Urbano e unha mellora para a veciñanza.

Demandamos do Goberno o seu firme compromiso e dilixencia para o cumprimento dos prazos marcados nas Obras deste Parque Urbano, Rúa Alcalde Usero e a Estrada de Castela as cales apoiamos co fin de conseguir esta maior humanización.


Ferrol, a 30 de Agosto de 2010.




A PRESIDENTA / O SECRETARIO





Asdo. Ana Jesús DIAZ LOPEZ - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO



24.8.10

BANCADAS - MOBILIARIO.


Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño pide aos responsables locais a reposición e implantación de máis bancos nos arredores da Praza do Inferniño.


Esta petición foi realizada por usuarias e veciñas deste barrio que desfrutan deste lugar polo que facemos súas a peticións e trasladamos ao goberno local co fin de incorporar varias bancadas nas inmediacións da Praza do Inferniño.


Así mesmo queremos demandar a necesidade de máis mobiliario urbano nesta zona de esparcemento, dada a cantidade de persoas que dan vida e uso a esta Praza.



Noutro orde de cousas, esta Asociación queremos lembrar as nosas demandas de renovar a denominación galega do rueiro do barrio respectando a toponimia galega.




Ferrol, a 19 de agosto de 2010.


asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario

asdo. Ana Jesús López - Presidenta




8.8.10

DISPARIDADE DE OPINIÓNS MEDIO AMBIENTAIS.-


As entidades veciñais do Ensanche

enfróntanse polas obras do parque urbano.

Domingo, 08 de Agosto de 2010
A actuación que o Concello de Ferrol acomete na zona que circunda o pavillón polideportivo do Ensanche para convertela nun parque urbano está enfrontando ás dúas agrupacións veciñais do lugar, a AVV do Ensanche A e O Rosario-Inferniño.

Así, a pesar de que as obras responden a unha demanda de anos dos veciños, desde O Rosario asegúrase que estas fixeron desaparecer o humidal do lugar, o que considera un "atentado ambiental". Ademais, esta asociación insiste nas súas críticas ao proxecto por contemplar a construción dun aparcadoiro na confluencia da rúa Seselle con Río Xubia, unha infraestrutura que considera incompatible cunha área de esparcemento.

Con todo, para a AVV do Ensanche A, maioritaria no barrio, un atentado ambiental sería manter unha charca infecta, como cualifica o humidal, que "afortunadamente desapareceu", engade. Así mesmo, esta asociación considera fundamental o parking previsto e recorda que o goberno municipal en todo momento mantivo aos veciños ao corrente do proxecto.

Unha intervención na que se investirán case 700.000 euros con cargo ao Plan E de 2010, o que a converte nunha das máis ambiciosas deste programa.
O parque urbano dotará ao Ensanche de máis de 100.00 metros cadrados de zona verde.

Diario de Ferrol.-

4.8.10

DENUNCIA ATENTADO MEDIOAMBIENTAL CONTRA O HUMIDAL.-

A asociación veciñal denuncia a desaparición


do humidal do parque urbano do Inferniño.


A asociación veciñal O Rosario- Inferniño denuncia por parte do Concello a realización de «un atentado ambiental ao soterrar e facer desaparecer o humidal no Parque Urbano» do Inferniño.

Tamén reiteran as súas queixas por «a construción dun aparcamento neste parque urbano na confluencia da Rúa Seselle con Río Xuvia por considerala incompatible» cunha área de esparcemento.

A agrupación recorda ao Concello que existe un informe do Instituto da Biodiversidade da Universidade de Santiago «onde fai constar as recomendacións de rehabilitar» este espazo.

Este documento sinala: «O humidal urbano do Ensanche representa a oportunidade de recuperar un ecosistema ameazado de desaparición».


La Voz de Galicia.-