14.9.08

TRAMITE DE AUDENCIA A GEPERSA








Trámite de audiencia a Gepersa pola xestión do parking de Porta Nova.





REDACCIÓN > FERROL

O compromiso de investigar a xestión do centro comercial e aparcadoiro Porta Nova do Inferniño, que recibiu numerosas críticas por parte dalgúns comerciantes e da asociación veciñal O Rosario, comeza agora a plasmarse nun trámite de audiencia a Gepersa.
O Boletín Oficial da Provincia fixo público un requirimento á empresa Gepersa Xestión Perlío de trámite de audiencia nun expediente no que ten a condición de interesado. A publicación no BOP vén dada polo errado intento de notificación e parte da Concellaría de Facenda.

A apertura deste trámite de audiencia refírese exclusivamente ao aparcadoiro subterráneo de Porta Nova e parte da solicitude da entidade Portanova Park relativa ao cambio de titularidade da concesión para a explotación de devandito estacionamento.

O trámite de audiencia ten unha duración de dez días, a contar desde onte, e neste prazo poderase alegar e presentar os documentos e xustificacións que se estimen oportunas.
Contra a resolución publicada onte non cabe recurso administrativo por tratarse dun acto de trámite que non decide o fondo do asunto nin xera indefensión ou prexuízo irreparable.

Os problemas con Gepersa remóntanse a anos atrás, xa que aínda que no seu día adxudicóuselle a xestión do centro comercial e o aparcadoiro non é xa a encargada desta explotación, senón que o centro comercial lévao Ferrolterra de Superficies Comerciais e o estacionamento a firma PortaNova Park.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: