18.9.08

ADHESION A PLATAFORMA CABO GAGO CHAO

PLATAFORMA CABO GAGO CHAO

A Xunta directiva da Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, acordou na ultima reunión solicitar a súa entrada na PLATAFORMA CABO CAGO CHAO co fin de axudar e manifestar nosa solidariedade con todos os afectados .
Nosa asociación respecta todos os acordos e comunicados desta Plataforma reivindicativa na defensa da liberdade de expresión do Cabo 1º JORGE MIGUEL GAGO CHAO, pois estimamos que súas denuncias deben ser tomadas en consideración por se houbera algún tipo de neglixencia.
Pensamos que este fatal accidente ocorrido na Fragata “Extremadura” no Nadal do 2005 en Ferrol, debe ser investigado e aclarar se ás mortes dos mariñeiros Erik Noval Gómez e Francisco Javier Pérez Castrillón puideron ser evitadas.
En canto as Ordenanzas Militares que causan este exceso co encarceramento do Cabo Gago Chao, pensamos que deben ser actualizadas e acatar o principio constitucional de todo cidadán de salvagardar a LIBERDADE DE EXPRESIÓN, sexa cal sexa a institución na que traballa.



Ferrol a 18 de Setembro de 2008.



A Presidenta -O Secretario



Ana J. López Díaz -asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño

No hay comentarios: