20.9.08

COMEZA PROGRAMA "INFERNIÑO CIRCUS"


O Centro Cultural Carvalho Calero dá este sábado a benvida aos máis pequenos co inicio do programa "Inferniño Circus"

Venres, 19 de setembro de 2008

O espectáculo, destinado a nenos e nenas de entre 2 a 6 anos acompañados dos pais ou titores, ten restrinxido o aforo.

O teatro infantil cobra corpo este sábado, a partir das 19.00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero da man do espectáculo Katarsis, que pon en escena a compañía Pacama e que ten como destinatarios a nenas e nenos de entre 2 e 6 anos acompañados polos pais ou titores.

Baixo o ciclo “Inferniño Circus”, unha das tres programacións –xunto a Jazz Caranza e Músicas Migratorias- que compoñen as actividades deseñadas pola Concellería de Cultura para os barrios da cidade, os máis pequenos da familia están chamados a unha función na que a interactuación con actores e familias é a peza indispensable dunha escenografía non verbal e na que dous amigos descobren un mundo de aventuras no seu cuarto que lles distrae do sono.

A lúa e as estrelas son o marco deste espazo tan divertido e acolledor en que apetece tanto xogar como descansar.

A función ten limitado o acceso por motivos tanto de seguridade como de escenificación.

O espectáculo é totalmente gratuíto.

Concellaría de Cultura.-

No hay comentarios: