20.9.08

ADHESIÓN PLATAFORMA JORGE GAGO CHAO

.... Adhesións

Pola súa banda, a xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño acordou na súa última reunión solicitar a súa entrada na Plataforma de apoio ao cabo Gago, co fin de mostrar a súa solidariedade con todos os afectados.
A citada entidade veciñal di respectar todos os acordos e comunicados de devandita plataforma reivindicativa en defensa da liberdade de expresión de Jorge Gago Chao, pois estimamos que as súas denuncias deben ser tomadas en consideración, por se houbera algún tipo de neglixencia.
Nesta liña, manifesta que o fatal accidente ocorrido na fragata Extremadura en decembro de 2005 en Ferrol debe ser investigado e aclarar se a morte dos mariñeiros Erik Noval Gómez e Francisco Javier Pérez Castrillón puideron ser evitadas.
A directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño indica, para rematar, que, en canto ás ordenanzas militares que derivan no encarceramento do cabo Gago, consideran que deben ser actualizadas e deben acatar o principio constitucional de todo cidadán de salvagardar a liberdade de expresión, sexa cal sexa a institución na que traballa.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: