29.5.12

Xuntanza Alcalde- Previos


A AVV de Esteiro acollerá o día 1 unha reunión

para abordar as obras da praza de España .

Martes, 29 de Maio de 2012.
redacción > ferrol


O colectivo de entidades sociais en Defensa dos Espazos Públicos de Ferrol anunciou a celebración dunha próxima reunión, este venres, no local da Asociación Veciñal de Esteiro. A convocatoria fixouse para as sete da tarde e na mesma, os asistentes tratarán de perfilar os puntos da reunión que manterán co alcalde da cidade, José Manuel Rei, o próximo día 8 na casa do Concello ferrolán.

O colectivo anunciou novamente a súa oposición ao plan anunciado polo goberno local para acometer unhas obras na praza de España, destinando un investimento de 700.000 euros aos traballos proxectados. O pasado mes de marzo, un centenar de persoas secundaron o chamamento dalgunhas entidades de veciños e sociais da cidade para concentrarse na propia praza para mostrar o seu rexeitamento a ese novo investimento na zona. A arquitecta e paisaxista Isabel Aguirre entregará o próximo mes de xullo o proxecto final da intervención a executar.

"Estamos en contra de calquera actuación na superficie da Praza de España, a cal damos por rematada, agás a parte soterrada", aseguran as entidades agrupadas para defender os espazos públicos da cidade. Así mesmo, estas instan aos mandatarios municipais a "cumprir o acordo para os locais de superficie, destinándoos a fins sociais, como un Foro Social, charlas, exposicións, etc."..

Diario de Ferrol.-


 

No hay comentarios: