29.5.12

Asociación -Comerciantes-



    Esta directiva da Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño e o Colectivo de COMERCIANTES do CENTRO COMERCIAL PORTA NOVA do barrio do Inferniño, mantivemos unha reunión este pasado Luns-21 ás 20,30 h no noso local, co obxecto de intercambiar información do proceso de RESCATE da concesión de FESUCO.

     Coincidimos en cualificar aos diferentes gobernos anteriores de abandono de funcións por non cumprir coa obriga de defender os intereses dos usurarios, consentindo acumular unha débeda de máis de 500.000 €. Lembramos que os comerciantes cesionarios pagaron puntualmente as súas cotas mensuais a concesionaria FESUCO polo que non se comprende esta DÉBEDA e resulta evidente a necesidade de realizar unha AUDITORÍA das actuacións de todos estes anos.

     Informar que os comerciantes pasan xa as súas cotizacións mensuais a través do concello e expresan seu malestar e rexeitamento aos xestores da Concesionaria FESUCO polo que esperan que abandonen a xestión destas instalacións comerciais mediante as accións e servizos xurídicos que marque o goberno municipal.

   Pedimos ao Alcalde e concelleiro de Facenda a máxima transparencia e información a esta entidade e colectivo de Comerciantes de Porta Nova sobre todas as actuacións, expedientes e procesos de RECATE no ámbito municipal e xudicial a través de informes avaliados polo SECRETARIO xeral do concello ou INTERVENTOR segundo proceda.

    Esperamos do concello que conte con nosa opinión e poder participar na toma de decisións e nos manteña sempre informados e consultados nas futuras actuacións de forma transparente como parte interesada e afectada.


Ferrol, a 22 de maio de 2012.


- A directiva.-


- SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-


No hay comentarios: