CONVOCATORIA ASEMBLEA DE BARRIO-INFERNIÑO
A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario –Inferniño, comunica que ante o preocupante aumento de inseguridade cidadá en varios puntos concretos deste barrio do Inferniño, instamos aos responsables municipais a poñer fin a unha situación de crecente preocupación cidadá.
Este barrio do Inferniño foi sempre foi considerado un barrio tranquilo, de pacífica convivencia social e de traballadores. Mención aparte merece a Praza do Inferniño por ser un lugar de encontro da infancia, familias e maiores polo que esperamos dos responsables municipais a máxima dedicación e protección para este espazo público.
A veciñanza é coñecedora dos puntos conflitivos de lugares de trapicheos, atracos, roubos a hostalaría e pisos, ruídos nocturnos...etc, polo que pensamos existe unha xustificada preocupación social para que a cidadanía poda expresarse nunha asemblea aberta.
Lembramos tamén o artigo 33. 2 do RPC, onde indica da necesidade de elaborar un Regulamento INTERNO de Funcionamento polo que presentaremos un borrador para o seu debate ante esta Asemblea.
Por todo isto, esta Asociación Veciñal, insta ao concello e vice -presidentes de asemblea a CONVOCAR unha ASEMBLEA DE BARRIO do INFERNIÑO con caracter urxente para os vindeiros días co fin de tratar a SEGURIDADE CIDADÁ, así como o debate sobre un REGULAMENTO INTERNO de Funcionamento desta Asemblea de Barrio do Inferniño.
Ferrol, 23 de maio de 2012.
- A directiva.-
-SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-
--
No hay comentarios:
Publicar un comentario