30.5.12

Investimentos públicos do concello.-

O crédito para financiar os investimentos de

2012 pedirase a seis meses de final de ano.

Mércores, 30 de Maio de 2012 00:00 .

redacción > ferrol

O Concello de Ferrol recorrerá nas próximas semanas a unha nova operación de crédito por importe de 1,7 millóns de euros. O expediente para pechar o acordo presentouse onte no transcurso da Comisión de Economía, presidida polo concelleiro Alejandro Langtry. O goberno local acometerá con cargo a esa partida -e algúns fondos propios- a totalidade dos investimentos reais contempladas no orzamento de 2012.

No mencionado documento, aprobado polo equipo de Rei Varela e que tamén apoiou o portavoz de IF, Juan Fernández, contémplan actuacións para este ano por un importe de algo máis de tres millóns de euros. Desa partida, 1,7 financiaranse con cargo a ese novo crédito que se solicitará a seis meses do peche do exercicio.

As obras pendentes de executar nas instalacións do parque municipal Raíña Sofía recibirán unha partida duns 470.000 euros con cargo a este crédito. O goberno local decidiu licitar novamente o proxecto básico e de execución para mellorar a accesibilidade ás instalacións, rexeitando a proposta defendida polo equipo do exalcalde Vicente Irisarri. Entre as actuacións de maior relevancia incluídas na relación de obras a executar con cargo a este crédito de 1,7 millóns atópanse tamén a conexión da rúa Máximo Ramos con Miramar e Estrela, en Canido, dotada con 390.000 euros, e o proxecto de mellora da praza do Callao, con 322.000 euros.

Así mesmo, a mencionada operación permitirá ao Consistorio acometer o proxecto da Costa de Mella, onde o equipo de Rei Varela prevé investir 300.000 euros para habilitar un centro de interpretación histórica, nos locais baleiros. Esta obra contémplase dentro da iniciativa de Abrir Ferrol ao Mar. As obras da rúa Máximo Ramos -195.000 euros-; un carril bici -190.000-; o plan de humanización de barrios -300.000-; a adquisición de terreos do cemiterio -200.000- e as expropiacións pendentes de executar -300.000- levarán a maior parte do importe da nova operación crediticia.

Na relación de investimentos reais correspondentes ao presente exercicio contémplanse ademais outras actuacións, aínda que menos custosas que as anteriormente mencionadas. Entre elas figuran, tal como recóllese no orzamento municipal compras de equipamento informático, mobiliario, sistemas de detección de incendios, sinalización, o anteproxecto de urbanización da praza de Armas -70.000 euros- ; a rehabilitación do antigo Hospicio -30.000 euros-; o POS 2012 -algo máis de 53.000-; investimentos en iluminación, sistemas de microchips de mascotas e o parque de educación viaria, entre outras actuacións.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: