14.5.12

LETRAS GALEGAS-2012

 LETRAS GALEGAS-2012

Valentín Paz Andrade




A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, CONVIDA á cidadanía a participar nunha LECTURA EN GALEGO este vindeiro MÉRCORES-16 a partir das 6, 30 h da tarde no PALCO DA MÚSICA da PRAZA DO INFERNIÑO e poder escoitar a actuación do grupo musical TERRA MEIGA.

Como ben sendo habitual, esta asociacón quere render homenaxe aos persoeiros e intelectuais galegos que cada ano nomea a RAG e que como é sabido corresponde este ano a VALENTÍN PAZ ANDRADE.

Lembramos que este ano celebrase o 50º aniversario das LETRAS GALEGAS onde a Academia  Galega conmemora esta data de partida na edición da obra "CANTARES GALLEGOS" dese ano 1963 , ano de referencia e primeira homenaxeada a nosa escritora e autora "ROSALÍA DE CASTRO".

Esta asociación porá a disposición da cidadanía lectura en galego de varios autores galeguistas e animando a participar nesta tarde musical e literaria na Praza do Inferniño.



Saúdos.-
A directiva.-

No hay comentarios: