8.10.09

AS. VECIÑAL O ROSARIO-INFERNIÑO, DENUNCIA ESTADO ABANDONO APARCAMENTO.-

O Concello esixirá á empresa melloras

no parking do Inferniño.

o soto alagado no aparcadoiro
J. Meis REDACCIÓN > FERROL





O concelleiro de Patrimonio, Ramón Veloso, anunciou unha próxima reunión coa nova empresa concesionaria do aparcadoiro do centro comercial Porta Nova, no Inferniño, para abordar as melloras a acometer nestas instalacións.



Agora funcionan como un garaxe e o que queremos é que sexa un verdadeiro parking, asegurou o concelleiro.
Veloso respondía así ás críticas polo calamitoso estado de abandono en que se atopa o equipamento, que onte reiterou a Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño e que foron corroboradas polos traballadores do parking.

Entre as irregularidades denunciadas destacan que as barreiras de entrada están permanentemente abertas desde fai dez anos, as máquinas expendedoras de tickets están avariadas, carece de instalacións de control de tempo por fracción homologadas, a iluminación é insuficiente porque non se repón as luces fundidas, inundacións, vehículos abandonados ocupando prazas ou deficitaria limpeza das instalacións.

O parking non cumpre ningunha normativa nen está homologado, sentenciou o secretario da entidade veciñal, Xosé Mel Sanxoán.
Ante esta situación, xa denunciada ante a Xunta, a entidade veciñal O Rosario esixe ao Concello que actúe como propietario último da infraestrutura, e se é necesario que rescate a concesión por incumprimentos graves, indicou o representante dos veciños.

Plan de actuación.-

O responsable de Patrimonio pediu tempo para que se poidan acometer os investimentos ás que se comprometeu a concesionaria tras regularizar o Concello a xestión deste aparcadoiro.

Neste sentido, recordou que Gepersa realizara unha cesión ilegal da xestión do mesmo a Porta Nova Park, e aínda que en xuño o pleno normalizou esta anomalía encargando o servizo a esta segunda empresa, non foi ata fai un mes cando o Concello comunicoullo oficialmente.

A demora debeuse a que foi necesario un novo informe de intervención. Veloso sinalou que xa mantivo unha primeira reunión satisfactoria coa nova adxudicataria, que se comprometeu a presentar un plan de actuacións que se detallará en próximos encontros, explicou.
O goberno demostrou recuperando o aparcadoiro do mercado que non consentirá incumprimentos, pero non é este caso, apuntou o responsable de Patrimonio, que instou a veciños e traballadores a arrimar o ombreiro e a non pór a venda antes que a ferida.

Problemas laborais .-

Pero ademais das deficiencias de mantemento, outra fronte aberta é a situación en que se atopan os catro empregados que atenden esta infraestrutura.
Un deles está sen asegurar, non se cumpren os horarios e só un, o de maior antigüidade, cobra as horas extras, non se respecta o convenio e ademais teñen que realizar labores de administración, vixilancia e limpeza, a pesar de que a empresa non lles facilita os medios necesarios para levalas a cabo.

Así mesmo, a instalación carece de teléfono e pode quedar nos próximos días sen luz eléctrica por falta de pagamentos.

Unha retahíla de irregularidades que xa lle valeu á concesionaria un aviso de sanción por parte de Inspección de Traballo que ascende a 14.000 euros.
Non hai garantía algunha nen para os traballadores nen para vos usuarios, afirmou o secretario da Asociación Veciñal O Rosario, que enmarcou a situación na deterioración que tamén cre evidente no centro comercial, con numerosos locais baleiros.


Diario de Ferrol.-

----------------------------------------------------------------


Veciños do Inferniño piden a intervención

do Concello no aparcadoiro de Porta Nova.



Denuncian a «deixadez» do concesionario

na prestación do servizo.

A directiva da asociación veciñal O Rosario, unha das dúas entidades do Ensanche, compareceron onte publicamente para esixir ao Concello que realice unha inspección nas instalacións do aparcadoiro de Porta Nova ao denunciar a «deixadez» do concesionario na prestación do servizo.

Hai meses xa que remitiron ao Concello e á Xunta informes fotográficos nos que testemuñaban un claro abandono das instalacións. Onte, explicou o secretario da entidade, Xosé M.Sanxoán, déronse novos acontecementos que fan pensar aos veciños que o Concello debería intervir: «É un dous traballadores ou que fai de xestor, e tiñan unha carta que dicía que se non pagaban a luz lla cortaban», sentenza. E prosegue o seu relato con que o traballador chamou ao empresario e este díxolle que «tirase da caixa rexistradora».
En definitiva, «o empresario se desentende» da xestión, explica Sanxoán, « tamén ten o teléfono cortado».

Pero non é o único problema que denuncian respecto dese estacionamento. Tamén se refiren a problemas de limpeza, entre outros.

E por todo isto, sinala, «imos iniciar unha campaña de denuncia e pediremos a palabra no pleno» para manifestar as súas protestas.

Centro comercial.

Outro das frontes abertas polos veciños da entidade O Rosario está sobre ese aparcadoiro. Tamén solicitan a inspección das autoridades municipais na situación do centro comercial Porta Nova. Sanxoán denuncia o «abandono» desas instalacións que, alega, «non cumpren as expectativas» polas que foron construídas.

Tamén sinala que están incumprindo o acordo de cesión, «pois o sentido de construír ese centro nun espazo público era ceder un local para facer unha escola pública(Gardaría )». Unha instalación que nunca se chegou a pór en marcha.

Para rematar, os veciños do Rosario critican tamén que o Carvalho Calero «non ten unha programación cultural estable para todo ou ano».

Sanxoán pide á concellaría delegada da área que teña en conta ese complexo no deseño de actividades. «Con moi poucos cartos se podería ter unha programación con actividades infantís culturais de teatro, monicreques...»

La Voz de Galicia.-

1 comentario:

puerto1959 dijo...

Lo del centro comercial es de pelicula,el servicio de vigilancia hace lo que quiere, un ejemplo, Gadis cierra a las 21,30, pues algún "licenciado vigilante" para no perder tiempo cierra ascensores y puertas al parking a las 21,25; ¿como bajo la compra con el carro al coche? ¿Es que el "señor gestor" no vigila esto? o solo se dedica a pasear su "carpeta" bajo el brazo?