10.10.09

ACTOS CULTURAIS - C.C. CARVALHO CALERO.-



-CULTURA NOS BARRIOS-











- Comeza este sábado, 10 de outubro, no Centro Cultural CAVALHO CALERO, unha serie de actos culturais para estes meses.







- Concellaría de Cultura.-
- Concello de Ferrol.-


-----------------------------------------------------------------

Áncora presenta hoxe no Carvalho Calero

a un “suicida” profesional e solidario


Gustavo Pernas, no último dos ensaios antes da estrea de onte á tarde en Culleredo




M.J. RICO > FERROL
Gustavo Pernas e Ánxela G. Abalo inauguran hoxe ás sete da tarde, no Carvalho Calero, o programa “Cultura nos Barrios”, que alternará actuacións cada fin de semana no Inferniño e en Caranza.

-Fano con “Colgados”, unha peza novísima -estreárona onte en Culleredo-, cun orixinal plantexamento no que o protagonista ofrécese para descargar sobre os seus ombreiros as penalidades dos espectadores.
“En época de crise hai moito colgado e o noso é un colgado profesional, que se colga polos demais. El ten a experiencia, a profesionalidade e a técnica para non mancarse. Hai aí unha transferencia e os problemas desaparecen”, explica Ánxela G. Abalo, directora da producción. “É moi sensible, percibe tódalas preocupacións da xente: un que está no paro, un que está arruinado, o outro que lle puxo os cornos á muller... tódalas preocupacións dos que estamos aí no patio de butacas. Ademais reivindica que o seu é un servizo público”.

Gustavo Pernas defende durante máis dunha hora un texto do que tamén é autor. Un traballo actoral “durísimo”, aclara Abalo, que, dentro das claves da comedia, mantén a responsabilidade que caracteriza a Áncora nos seus vinte anos de existencia.
“Nas obras de Gustavo sempre hai un trasfondo moi forte, xa sexa crítico, xa sexa irónico, sempre hai varias lecturas. Tratamos de seguir mantendo ese claro compromiso coa sociedade en que vivimos”.

Os monólogos de “Colgados” seguen a ampla tradición teatral na que se incriben Darío Fo, El Brujo ou Pepe Rubianes.

Gustavo Pernas enfróntase ós espectadores en solitario. “O estar só ante o público é un desafío enorme para calquera actor”, explica Ánxela G. Abalo. “De todas formas, ‘Colgados’ busca o apoio do público continuamente, está interactuando con eles porque lles está contando as cousas que lle pasan”.

Ademais, “cando hai unha dirección desde fóra hai unha marcaxe moitísimo maior, hai un ollo que está controlando absolutamente todo o que fai o actor en escena e iso dá moita máis confianza porque dalgunha maneira o director establece as vías para que o actor vaia transitando”, comenta respecto do seu papel.

“Colgados” chega no vixésimo aniversario da compañía, que prepara, para 2010, “Concurso Levi”, unha montaxe teatral para varios actores

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: