12.10.09

VALIDACIÓN CARTÓNS DOS SOCIOS/AS FERROL- BICI.-


Os socios do servizo de aluguer de bicicletas

de Ferrol terán que validar desde mañá os

seus cartóns redacción.


A mellora do software dos cartóns do servizo de aluguer de bicicletas do Concello de Ferrol obrigará aos socios deste programa a validar as mesmas, un trámite que poderán levar a cabo desde mañá mesmo na oficina central de Ferrol en bicicleta, situada na zona de Porta Nova, no Inferniño, na caseta na que antes se situaba a Oficina de Turismo de Ferrol.
O horario de apertura é de nove da mañá a unha da tarde, de luns a venres.
Segundo informouse desde o concello, a nova aplicación informática introducirá melloras no servizo, permitindo un maior control do aluguer, entre outros moitos aspectos.
Así, as máis de 5.000 persoas abonadas na actualidade a este programa terán que validar o seu cartón para poder seguir facendo uso dela.
Novos puntos.-
Tamén estes días, previsiblemente a mediados de semana, poranse en marcha os tres novos puntos do servizo de aluguer de bicicletas, que son os situados en Serantes -na contorna da Escola Universitaria Politécnica-, no Cantón de Molíns -nas inmediacións do palco da música- e na Malata.
Tres estacións que se sumarán ás outras catro xa existentes, as de Curuxeiras, Caranza, Esteiro e Ultramar.
En total, poranse a disposición dos veciños 180 bicicletas, das cales 150 son totalmente novas.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: