13.10.09

DENUNCIA DOS TRABALLADORES APARCAMENTO DO INFERNIÑO.-



Traballadores do parking do Inferniño


denuncian a súa situación .


Os empregados denuncian o estado das instalacións

J. Meis
Os catro traballadores que prestan servizo no aparcadoiro do centro comercial Porta Nova, no Inferniño, pediron ao Concello que tome medidas urxentes para obrigar á nova concesionaria do servizo, por unha banda, a realizar as melloras oportunas para pór as instalacións nas condicións adecuadas e, por outra, a regularizar a situación laboral dos operarios.
Co apoio da CIG, estes empregados demandan que se a adxudicataria non realiza as obras que é imprescindible acometer -como se recordará, a Asociación de Vecinos O Rosario denunciou fai uns días a precariedade do parking- sexa o propio Concello o que as execute e traspase despois o custo á empresa.

No estritamente laboral, os traballadores denuncian que un deles está sen asegurar, que realizan quendas de doce horas, que non perciben as de carácter extraordinario e que non se cumpre o convenio nin sequera no relacionado co salario base.
A modo de exemplo da situación en que se atopan apuntan que ata se viron obrigados a pagar do seu propio peto a unha empregada de limpeza para que os aseos atópense en boas condicións.

Todas estas demandas trasladáronas o pasado mes de novembro á CIG e en decembro presentáronse dúas denuncias ante a Inspección de Traballo por incumprimento do convenio e da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Antes do cambio de titularidade reuníronse xa co responsable municipal de Patrimonio, Ramón Veloso, ao que esixiron que se solucionasen tanto as deficiencias do aparcadoiro como a situación dos traballadores.
O concelleiro comprometeuse a facelo despois do verán, pero de momento non se produciron novidades.

Diario de Ferrol.-


1 comentario:

Anónimo dijo...

Lo que tienen es que restablecer las señales de trafico que había a la entrada del parking ya que aúnque los bordillos están pintados de amarillo aparca todo el mundo y lo peor es que al no haber ninguna señal de prohibio girar a la derecha algún dia va mos a tener un disgusto.Saludos