21.10.09

EXPOSICIÓN - MANUEL AZAÑA E A II REPÚBLICA.-


O Carvalho Calero acolle unha mostra


sobre Manuel Azaña e a II República.


Onte pola tarde estaban rematando de montar a exposición


redacción > ferrol
O Centro Cultural Carvalho Calero acollerá desde hoxe e ata o vindeiro 6 de novembro a mostra didáctica “Manuel Azaña e a segunda República”, unha exposición itinerante que, da man da Asociación Cultural Manuel Azaña de León, está a percorrer toda a xeografía española. Proba delo é que ata hai dous días o material que agora se pode visitar en Ferrol exhíbiase en Tarifa.

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e o presidente da entidade leonesa, Joaquín Rodero, explicaron onte que se trata dunha mostra didáctica que pretende achegar á cidadanía o traballo do que fora o presidente da II República recuperando, deste xeito, a memoria histórica máis recente do país.
Neste senso Carbajales sinalou que “falar de Azaña é un acto de xustiza, é un personaxe ó que España lle debe moito”, afirmou. “A pesar delo todavía é un personaxe descoñecido aínda que os historiadores traballan moito sobre a súa figura”, sinalou. Ó fío disto, a concelleira explicou que desde a súa área estanse a organizar excursións culturais para que os colexios da cidade se acheguen polo centro do Inferniño para que os rapaces poidan visitar a mostra.

Pola súa banda o coordinador da exposición, Joaquín Rodero, explicou que esta conta co apoio do Ministerio da Presidencia a través de subvencións para a recuperación da memoria histórica.

O alcalde, Vicente Irisarri, será o encargado de inaugurar as oito da tarde a exposición “Manuel Azaña e a Segunda República”.
A mostra permanecerá no centro cultural Carvalho Calero ata o 6 de novembro.
Poderá visitarse de luns a venres en horario de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: