16.5.09

ORZAMENTOS- 2009

O goberno que lidera Vicente Irisarri saca
adiante os orzamentos máis inversores
da historia de Ferrol.
Venres, 15 de maio de 2009
Ferrol contará así cun presuposto municipal de 60,5 millóns de euros fronte aos 45,5 millóns do anterior exercicio 2008.
O edil Ramón Veloso agradece o respaldo da oposición para dotar á cidade dunha ferramenta imprescindible na crise actual.
O PP foi o único partido político que se opuxo á aprobación dos presupostos máis altos na historia da cidade naval

A intención do goberno local é votar e, sen perder un minuto, poñernos a traballar para convertir en realidade os proxectos que plasmamos no papel. Con esta frase o concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, pechaba a súa intervención na sesión plenaria na que se sometía a debate a aprobación inicial dos presupostos municipais para o ano 2009.
Uns orzamentos que contaban onte co amplo respaldo da corporación e a única posición contraria do Partido Popular, que se negou a dar un apoio que, ata o último minuto da sesión, lle solicitou Veloso.
Pola súa banda, Independientes por Ferrol (IF) se abstivo na votación, permitindo que as contas saíran cun dos maiores apoios na historia democrática de Ferrol, pese a que o actual goberno local está en minoría.
En total, as contas recibiron 15 dos 25 votos posibles, os que corresponden a PSOE, BNG e IU.
Nesta liña, Ramón Veloso agradecía as propostas introducidas polas formacións da oposición na súa procura de lograr un mellor orzamento para a cidade nun contexto de crise internacional xeralizada que o fai aínda máis necesario.
Ao respecto, o concelleiro calificaba os presupostos de posibles, realistas e inversores. Os máis altos da historia da cidade: 60,5 millóns fronte aos 45,5 millóns do exercicio 2008, e cunha porcentaxe de investimento moito máis elevada: máis de 10,8 millóns de euros. Pero, ¿que perseguen as contas? Tres obxectivos.
O primeiro, buscan o maior consenso posible no marco dunha crise financieira moi grave e nun momento no que o Concello non pode mirar para outro lado.
Segundo, apostan por un crecemento do gasto productivo e investimento, constituíndo un punto de inflexión para a consolidación destas orientacións económicas en orzamentos futuros.
E, tres, actuar sobre uns fundamentos económicos sólidos, nos que a política de endebedamento só se orienta ao investimento e existe unha corresponsabilidade fiscal clara.
Ao fío deste punto e co ánimo de aclarar algunhas dúbidas sembradas polo PP, Veloso lembrou que o endebedamento máximo se sitúa no 53% do orzamento, cando o límite está establecido no 110% e, o obxectivo marcado polo equipo de goberno, fixaba unha pinza de entre o 60 e o 70%. Así mesmo, os datos financieiros e de amortización se sitúan no 4,03%, con topes de entre o 6 e o 8%.
En definitiva, existen unhas necesidades de financiamento derivadas dun ambicioso plan de inversións no marco dunhas contas saneadas e cun nivel de endebedamento baixo.
Acto seguido, o voceiro do goberno municipal aseguraba que este Concello vai a investir para levantar esta cidade e estimular a economía.
A partir de ahí, desgranou, por áreas, os principais proxectos e destinos de inversión. Algúns dos que serán posibles grazas a estas novas contas son a recuperación do Torrente Ballester, do Antigo Hospicio, a conclusión da Casa Solidaria, a creación dun Parque de Seguridade Vial, a reforma do Ateneo, as obras en Sartaña, os accesos a San Felipe, a renovación e conservación de iluminación pública, a posta en servizo de novos parques infantís en colexios e outras zonas da cidade, o desenvolvemento do Plan Urban ou a recuperación do Muíño de Cartaxena.
Por áreas, debuxou algúns dos principais retos.
En Promoción Económica e Emprego sinalou o Plan Urban e plans de emprego como “Ferrol, punto de Emprego”, que cofinancia o Fondo Social Europeo; os convenios con hosteleiros e comerciantes para mellorar a competitividade e servizo destes sectores, ou o reforzo da colaboración cos autónomos, que considerou clave para o progreso da cidade.
En Turismo, a constitución da Empresa Municipal é o principal reto, así como a posta en marcha de novas campañas.
En Cultura, a consolidación de contenedores culturais como o Torrente Ballester e o Carvalho Calero, citas como a Feira do Libro, o deseño dunha programación de primeiro nivel e o reforzo de programas de conciliación da vida familiar e laboral, elevando os fondos de servizos como os comedores escolares.
En Benestar Social a atención a dependentes, cunha partida de dous millóns de euros para o servizo de axuda no fogar, será prioritaria. Como o é a dinamización da rede de infraestructuras sociais creada por este goberno municipal socialista (Casa da Muller, Edificio Social, Casa da Xuventude e, en meses, a Casa Solidaria), pero tamén a posta en marcha e reforzo de programas tamén iniciados polo goberno local, como o comedor social para pensionistas.
En Deportes, serán fundamentais as infraestructuras da Cabana e, en Participación Cidadá, o proceso de Administración electrónica.
En Tráfico e Seguridade se contempla unha importante partida para o sistema de control e regulación do tráfico.
En Medio Ambiente, serán o saneamento, as políticas de eficiencia enerxética e a limpeza viaria os principais obxectivos.
E, en Urbanismo, a atención se centrará en rematar definitivamente a praza de España, en impulsar decididamente o Plan Local de Humanización de Barrios, en reforzar a rehabilitación na Magdalena, e na praza de Armas.
Neste punto, destacou a creación de dous programas específicos como son a rehabilitación de Recimil e unha partida específica para a zona rural.
Así mesmo, en Persoal sinalou que as novas contas permitirán a creación de novas prazas na plantilla do Concello, de xeito que se cubran as necesidades xenerando emprego.
E, sen dúbida, destacou especialmente tamén os orzamentos participativos, nos que Ferrol será pioneira.
Partindo dunha experiencia de 350.000 euros e co obxectivo de chegar aos dous millóns de euros no 2010, serán os propios veciños e veciñas quenes decidan o destino dos fondos.
Para isto, primeiro fixarán o modo de participación, segundo os gastos elixibles, así como os límites ás cantidades e o sistema transitorio de participación para este 2009, no que xa está avanzado o exercicio. Cabe recordar que durante o anterior mandato, no que o PP ostentaba o goberno e dispoñía de maioría absoluta, só entraron en vigor dous orzamentos.
Así as cousas, Veloso insistiu en todo momento na máxima vontade do equipo de goberno de sacar adiante as contas e non deixalas quedar no papel, para o que pediu e ofreceu a máxima colaboración a todos os grupos da oposición.

Departamento.


Orzamento 2008
- Orzamento 2009
% de incremento
Alcaldía
2.279.251,72
2.711.990,00
18,9%

Concellería de Facenda, Promoción Económica e Emprego,
Modernización Administrativa e Promoción Turística

7.083.712,95
10.024.521,00
41,5%

Concellería de Cultura, Educación e Universidade

3.602.234,07
4.193.016,00
16,4 %

Concellería de Benestar, Solidariedade, Xuventude e Muller

3.309.583,73
4.007.134,00
21%

Concellería de Seguridade e Protección Civil,
Organización Interna e Persoal

12.028.306,38
14.406.151,00
19,7%

Concellería de Participación Cidadá e Deportes.

3.701.163,57
4.137.606,00
11,7%

Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda

3.234.244,62
9.035.472,00
179,3%

Concellería de Obras, Tráfico e Zona Rural

1.577.499,18
2.267.364,00
43,7%

Concellería de Medio Ambiente e Servizos

8.684.003,78
9.766.470,00

12,4%

ORZAMENTO TOTAL
45.500.000

60.549.724,00
33%

Ferrol.es


No hay comentarios: