21.5.09

GAP - ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS URBANOS.-

San Pablo, Santa Mariña e San Xoán

terán orzamentos participativos


Reunión das entidades veciñais onte no Concello


JORGE MEIS REDACCIÓN > FERROL

O eixo formado por San Pablo, Santa Mariña e San Xoán será a zona urbana na que se porá en práctica os primeiros orzamentos participativos do Concello de Ferrol. O Grupo de Análise e Propostas do Regulamento de Participación Cidadá (GAP), integrado maioritariamente por entidades veciñais, decantouse onte por estes tres barrios para que bote a andar este ano esta experiencia piloto, que na zona rural arrincará nas parroquias de Doniños e San Xurxo.
A selección realizouse co consenso das catorce asociacións que asistiron á reunión.
Os criterios nos que se basearon para elixir estes barrios do extrarradio urbano no que se trata dunha zona na que apenas hai actuacións previstas dentro do Fondo Estatal de Investimento Local e na que non foron moi prolíferas os investimentos municipais nos últimos tempos.
Unha vez elixida a zona urbana e rural na que se investirán os 350.000 euros previstos para orzamentos participativos nas contas deste ano, o seguinte paso será a convocatoria de reunións de traballo para que sexan os propios veciños os que acheguen ideas para gastar este diñeiro.
Unha comisión, formada por membros do GAP e outras entidades que se somen ao proceso, determinará despois a viabilidade das mesmas.
É un proceso longo, polo que ata o último trimestre do ano non se podran levar a cabo os primeiros proxectos, segundo as previsións do Concello.
Ademais, en 2010, cando os orzamentos participativos chegarán aos dous millóns de euros, a experiencia estenderase a outros barrios.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: