21.5.09

LETRAS GALEGAS - 2009



LETRAS GALEGAS - 2009


Salón de Actos

Centro Cultural
Municipal

CARVALHO CALERO







A nosa Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, convida a toda a cidadanía a participar nunha LECTURA EN GALEGO, co fin de celebrar as Letras Galegas- 2009.







Participaron varios representantes sociais de diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas da cidade.

Noso compañeiro X. Miguel López da Asociación Veciñal "Fontelonga", fixo gala de súa inconfundible reivindicación a prol do idioma galego coa lectura dunhas estrofas de dous ilustres escritores; Celso Emilio Ferreiro e Manuel María...






As raparigas nos leron varias hostorias e lendas galegas.

Houba unha grande participación infantil, o cal nos comprace saber que cada ano aumente a presenza dos nenos/as nestes acontecementos culturais.





Expresamos nosa satisfacción pola lectura da mocidade e todas as idades.



Nosa compañeira Pilar Venancio, Mapi, da Asociación Veciñal de Caranza, sorprendeunos gratamente realizando unha lectura galega de calidade.

.



AURORA VARELA, veciña deste barrio e socia de nosa asociación, disertou sobre a figura de Ramón Piñeiro, homenaxeado este ano 2009.

Varios veciños/as e alumnas acudiron ao salón de actos para escoitar a súa Profe de galego, Aurora-

Repartimos varios libros entre os presentes e participantes que nos remitiron das institucións.






Rematou este acto superando con creces as nosas previsións de asistencia polo que emplazamos e convidamos a toda a veciñanza a participar nas Letras Galegas do ano 2010.

Desexamos que para as vindeiras letras-2010 sexan para o profesor ferrolán Ricardo CARVALHO CALERO.



A Xunta directiva.-

These pictures were sent with Picasa, from Google.
Try it out here: http://picasa.google.com/

No hay comentarios: