
LETRAS GALEGAS-2009
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño , como ven sendo habitual, vai celebrar as LETRAS GALEGAS-2009 cunha lectura familiar e unha charla da filóloga AURORA VARELA .
Convidamos aos veciños/as a participar nunha LECTURA duns 5 minutos, en galego, no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, este Xoves, día 21 ás 6 h.da tarde,
A Xunta directiva vai agasallar cun lote de LIBROS aos participantes da LECTURA en galego, que será de entrada libre a toda a cidadanía.
A Filóloga AURORA VARELA, dará unha charla a partir das 7 da tarde, sobre a figura de RAMÓN PIÑEIRO, ademais de nos ilustrar do significado das Letras Galegas.
Ferrol a 19 de Maio de 2009.
A Presidenta - - - -O Secretario
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario