10.7.11

FEIRÓN INFERNIÑO- INVITACIÓN GOBERNO MUNICIPAL





DEMANDAS FEIRÓN INFERNIÑO


A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, CONVIDAMOS  aos CONCELLEIROS/AS do Goberno Municipal a "visitar" e "pasar revista " a este Feirón do Inferniño este vindeiro SÁBADO, 9 de Xullo-11 pola mañá, co fin de observar, in situ as deficiencias e algún caos que producida ante a AUSENCIA DE XESTIÓN.

Comprobarán o caos de coches e fungóns invadindo os accesos a Praza do Inferniño e as beirarrúas da zona e terrazas co conseguinte  malestar deste sector da hostalería.

Queremos manifestar que nosas continuadas reivindicacións, en canto a  XESTION  deste Feirón do Inferniño están inspiradas na normativa e Ordenanza reguladora de venda ambulante no concello de Ferrol, aprobada polo Pleno do Concello de Ferrol o día 25 de xaneiro de 2001, e publicado no DOP de data 1 de Marzo de 2001.

Dita normativa establece que o Concello de Ferrol será o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas,  autorizar os postos de venda ambulante  na vía pública e correspondéndolle o Concello de Ferrol o exercicio de todas estas competencias, así mesmo fixará as TAXAS que terán que aboar polo exercicio da actividade en Dominio Público.

Será o concello quen controle as persoas autorizadas a realizar a  venda ambulante previa Alta de Seguridade Social, estar ao día nas obrigas fiscais ou Facenda Pública, Póliza de responsabilidade civil, cumprimento nos requisitos sanitarios, rexistro de comerciantes ambulantes do Concello de Ferrol e a definitiva AUTORIZACIÓN MUNICIPAL.

Os feirantes exporán en lugar público e visible unha TARXETA que conterá a foto e identidade do Titular, modalidade de comercio ambulante e tipo de venda autorizada, selo do negociado de Sanidade e Consumo.

Feitas todas estas observacións, pensamos que se realizaron certos avances importantes como foi o RESCATE por parte do concello no COBRAMENTO das taxas deste feirón do Inferniño.

Tamén expresamos o noso descontento afirmando que a día de hoxe NON EXISTE UNHA XESTIÓN POR PARTE DESTA INSTITUCIÓN no que se refire ao control da SANIDADE E CONSUMO así como a falla de dotar dunha PATRULLA DE POLICÍA co fin de preservar a súa SEGURIDADE.

 Por todo isto:

1 .- Esiximos o cumprimento da normativa e Ordenanza en vigor en canto a XESTIÓN e CONTROL do Feirón.

2 .- A ausencia total de vehículos e furgóns durante o Feirón.

3 .- Investigar e fiscalizar os ingresos cobrados pola A.VV. Ensanche A durante estes últimos 11 anos mediante a comprobación e presentación de memorias económicas, ingresos e gastos. Estes ingresos pertencen ao Concello de Ferrol.

4 .- Os CARTEIS informativos deben conter publicidade do Concello de Ferrol, cesando os carteis e publicidade do Ensanche A.

5.- Funcionarios do concello en temas de SANIDADE e CONSUMO.

6 .- Patrulla de Policía Municipal.


Ferrol,  a 7 de Xullo de 2011



          A Presidenta                       O Secretario


 Ana J. LÓPEZ DÍAZ      Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

No hay comentarios: