15.7.11



A asociación "O Rosario-Inferniño" recorda ao executivo

local as deficiencias na praza do barrio .


Venres, 15 de Xullo de 2011.-
A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, quere lembrar ao novo goberno local unha serie de deficiencias que observa nesta zona da cidade co fin de que os próximos orzamentos municipais poidan incluír as partidas necesarias para facerlles fronte.

En concreto, a entidade refírese ao mal estado de conservación da praza do Inferniño e apunta, presentando ademais un completo dossier fotográfico, entre outras deficiencias, o estado do palco da música, os servizos públicos con pintadas, o peche de pedra con arestas que poden ocasionar danos, algunhas placas con exceso de cemento, falta de papeleiras na contorna para facilitar a limpeza ou acumulación de augas estancadas ao redor da fonte.

A mellora destes servizos convertería a praza do Inferniño nun lugar máis agradable, sobre todo tendo en conta que se trata dun lugar moi frecuentado diariamente, en especial por nenos.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: