23.6.11

Concentración Edif. Xunta



MANIFESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO ENSINO PÚBLICO DE FERROLTERRA





  Diante das medidas tomadas pola Conmsellería de Educación e O. U. desde que o PP está no governo, e máis concretamente as últimas sobre a reestructuración da oferta educativa no Ensino Secundario e a F.P., xunto cos agrupamentos e a reducción de prazas en Ed. Infantil e Primaria, que afectan de xeito moi especial á nosa comarca, todos os colectivos afectados (persoal dos centros, alumnado, peis/nais, organizacións sindicais, etc.) que suscribimos este escrito queremos manifestar o seguinte:

O noso rexeitamento contra este tipo de decisións, tanto na forma, como no fondo, polas consecuencias que orixinan e que supoñen un grave deterioro do ensino público. Dase a coñecer esta proposta (a través da prensa), sen previo diálogo coas comunidades educativas afectadas nin nos organos legalmente establecidos para levar a cabo este tipo de negociacións ; tratando ao persoal docente e ao alumnado como meras mercadurías que se poden transportar dun lugar a outro, sen saber moi ben a onde, en que condicións e saltándose as propias regras da Consellería, tanto no que tén que ver coa reserva de prazas, como co Concurso de Traslados . Evidenciase pois que o único obxectivo claro destas medidas é facer unha profunda recorvensión sen dar tempo á contestación social, polas datas nas que se comunica.


Non aceptaremos máis ataques contra o Ensino Público nin medidas que supoñan unha drástica reducción da oferta educativa e dos recursos humanos, coa eliminación dun importante número de unidades, postos de traballo e prazas escolares, incremento das rateos e masificación das aulas ; mentres se manteñan os concertos aos centros privados, incluso en ensinanzas non obrigatorias.



    POR TODO ISTO RECLAMAMOS A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN :


         A inmediata retirada do borrador do Decreto de creación dos CIFP e de modificación de determinadas ensinanzas nos centros educativos e que se abra durante o vindeiro curso un período de consultas, debate e negociación cos colectivos afectados e os/as representantes lexitimados para facelo na Mesa Sectorial de Ensino non Universitario, adecuando a Rede de Centros e a oferta educativa ás necesidades reais da nosa comarca.

         O mantenemento da oferta educativa no ensino público cos medios e recursos necesarios , como única vía de garantir a igualdade de oportunidades.

O cumplimento do acordo de agrupamentos asinado por esa consellaría en xullo do 2009 e que polo tanto non se permita agruar alumnado que sobrepase as ratios ali establecidas.

Unha explicación , por escrito, de cales son os motivos e o obxectivo desta reforma feita con tanta premura a finais de curso, e non de xeito progresivo e negociada.

Os colectivos aquí representados levaremos a cabo todo tipo de medidas e mobilizacións, ata que sexan atendidas as nosas demandas , chegando á posibilidade, se fose necesario , de dar inicio ao próximo curso.

As Organizacións sindicais CIG-ENSINO , C.C.O.O. , FETE-UGT , STEGA , a Federación de ANPAS de Ferrolterra, a ASOCIACIÓN VECIÑAL O Rosario-Inferniño , CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMARCA.

Ferrol, a 22 de Xuño de 2011.


No hay comentarios: