10.7.11

FEIRÓN E APARCAMENTO INFERNIÑO.-






O Rosario esixe control municipal sobre

o Feirón do Inferniño .




Sábado, 09 de Xullo de 2011

A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño presentou onte no rexistro municipal do Concello dous escritos reclamando ao gobierno local que actúe ante a "ausencia de xestión" do mercadillo do Inferniño que se celebra os sábados e a que se cumpra a legalidade na concesión do aparcadoiro de Porta Nova.

A entidade veciñal invita aos concelleiros do novo goberno a "pasar revista" ao feirón co fin de observar directamente as deficiencias con que conta. Deste xeito, aluden ao caos que supón que os coches e furgóns invadan os accesos á praza, ás beirarrúas e ás terrazas de hostalería.

A A.Veciñal recorda que existe unha ordenanza reguladora de venda ambulante que establece que será o Concello o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas e autorizar postos de venda, ao mesmo tempo que se encarga de fixar as taxas para o exercicio da actividade en dominio público.

Neste sentido, apunta que se produciron avances como o rescate por parte do Concello no cobro destas taxas pero non existe unha xestión municipal en canto ao control da sanidade e consumo así como de seguridade, por falta de Policía Local.

Ante esta situación, a entidade O Rosario esixe que se cumpra a normativa en vigor, que se eliminen os vehículos no feirón, que se fiscalicen os ingresos cobrados pola AVV Ensanche A durante estes últimos 11 anos mediante memorias económicas, ingresos e gastos, que pertencen ao Concello e que se dispoña de funcionarios para estudar os temas de sanidade e consumo e unha patrulla da Policía Local para vixiar a zona.

Ademais destas peticións, a aociación veciñal tamén insta á intervención do novo goberno local para que se faga cumprir a resolución de abril de 2011 relativo ao aparcamento soterrado de Porta Nova, na que se require á firma Portanova Park SA que retrotraiga as tarifas aplicadas aos usuarios.

 A entidade denuncia que se continúan cobrando as tarifas "de forma abusiva", desoindo o requerimento do goberno local.

Tamén pide que  vele polo cumprimento da legalidade desta concesión pública e se abra, en todo caso, unha investigación por se houbese algún exceso baixo aperceibimento de "rescate da concesión".

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: