21.7.11

DEMANDAS FEIRÓN DO INFERNIÑO.-

A asociación O Rosario-Inferniño denuncia

a invasión das beirarrúas do barrio por coches .

Xoves, 21 de Xullo de 2011

A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño volveu a denunciar publicamente a invasión das beirarrúas da parte central do barrio por coches e furgonetas os días nos que se celebra o mercadillo.

A entidade recorda as súas reivindicacións de que a xestión do feirón baséase na ordenanza reguladora de venda ambulante de Ferrol e que establece que o Concello será o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas e autorizar os postos de venda ambulante na vía pública, á vez que debe fixar as taxas que terán que abonar polo exercicio da actividade en dominio público.

Por estas razóns, a entidade manifesta o seu descontento con que a día de hoxe "non existe unha xestión por parte desta institución no que se refire a sanidade e consumo, así como a falla de dotar dunha patrulla de policía co fin de preservar a súa seguridade".
 Tamén esixen o cumprimento da ordenanza municipal en canto á ausencia total de vehículos e furgóns durante o feirón, que ocupan habitualmente as zonas de paso peonil e as beirarrúas da contorna da feira.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: