19.1.11

EXPOSICION CARVALHO CALERO NO CENTRO CULTURAL INFERNIÑO

Carvalho Calero regresa a Ferrol cunha

exposición que ilumina o seu legado.



A esperada exposición sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero pode verse desde onte no centro cultural que leva o nome do intelectual no Inferniño.
Ante un numeroso público con presenza de políticos, profesores e xente da cultura e da vida social de Ferrol, a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales destacou o traballo realizado nesta mostra bibliográfica e persoal do escritor, e anunciou dúas novas publicacións sobre Carvalho, unha coas ponencias do congreso celebrado en decembro e outro cos artigos do escritor publicados na prensa galega.

Así mesmo, Carbajales agradeceu as facilidades na elaboración desta mostra prestadas polo Parlamento Galego, TVG e a familia. Precisamente foi unha filla de Carvalho Calero, Margarida, quen agradeceu o cariño e o traballo feito na elaboración da mostra. Pola súa banda, o alcalde Vicente Irisarri, manifestou estar “contento cando Ferrol responde ante os seus mellores veciños” e tras celebrar “como se merece o centenario de Carvalho e mercar a súa casa natal o próximo obxectivo é axudar a que se repare unha inxustiza e ao noso veciño se lle adiquen as Letras Galegas”.

Dixitalización .-

 A mostra inaugurada onte permanecerá aberta un mínimo de quince días e conta cun importante contido persoal e profesional que vai desde fotografías, libros, documentos varios ou escritos sobre diferentes etapas da vida do escritor e profesor ferrolán, así como plumas, un bastón, un reloxo de pulseira, chisqueiros, placas de homenaxe, o seu birrete así como a medalla como membro numerario da Real Academia Galega entre outros obxectos persoais.

O material bibliográfico presente nesta mostra sobre Carvalho dixitalizarase coa intención de convertelo posteriormente nunha serie de paneis que, como propiedade do Concello, poderán visitar centros educativos ou institucións que queiran afondar na traxectoria do intelectual.
 
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: